Os cadetes do Volei Dumbría despiden o ano como líderes da Liga Galega


O pasado sábado 21 o Volei Dumbría desprazábase a A Coruña para enfrontarse o Calasancias en 4 categorías da Liga Galega.
O equipo cadete masculino do Volei Dumbría gañaba 1-3 ó segundo clasificado con parciais de 14-25, 25-21, 22-25 e 23-25. Tras un 1º set moi cómodo o adestrador dumbriés aproveitou para facer cambios e dar minutos a todos os seus xogadores e por en práctica novas posicións para cumplimentar a formación dos xovenes deportistas dumbrieses. A pesar do axustado dos outros sets, o partido estivo en todo momento controlado e de esta maneira finalizan a primeira volta como líderes invitos da Liga Galega.
O equipo xuvenil masculino do Volei Dumbría vencía por un contundente 0-3 con parciais de 19-25, 13-25 e 23-25, nun partido sen moita historia en donde o xoven equipo dumbriés cumpría os pronósticos e sumaba unha nova victoria. Este equipo formado maoiritariamente por cadetes e tan so 4 xuvenís, finaliza esta primeira volta na 4ª praza que da a clasificación para a fase final do Campionato Galego.
Os infantís do Manuela Rial vencían por 0-3 con parciais de 17-25, 21-25 e 23-25. Nun ano que supostamente era de transición, xa excepto 2 xogadores os demáis son o primeiro ano que participan, finalizan esta 1ª volta como 2º clasificados sen coñecer a derrota na pista, xa que o único partido que non gañou foi por non contar co número suficiente de xogadores.
Así pois os 3 equipos de categoría masculina estarían clasificados para xogar as fases finais das súas respectivas Ligas Galegas.
Por último o equipo infantil femenino do Manuela Rial perdía por un axustado 3-2 con parciais de 25-18, 20-25, 25-19, 24-26 e 15-9. Nun partido moi igualado no xogo as diferencias viñan marcadas polo acerto dende os 9 metros, o que permitiu o equipo herculino gañar o 5º e decisivo set gracias o seu potente saque, e a un erro inicial no mesmo, do equipo costeiro. Desta maneira finalizan 6ª esta 1ª volta onde o equipo foi de menos a máis, posición que esperan mellorar o remate da Liga.
A competición reanudarase o vindeiro 11 de xaneiro de 2014.
Nadal cas Seleccións Galegas
6 xogadores da comarca están convocados para formar parte das xornadas de tecnificación que leva a cabo a Federación Galega de Voleibol, o vindeiro día 3 de xaneiro.
Os cadetes do Volei Dumbría; Manuel Marcote, David Redonda, Gabriel Trillo, Marco Lado e Juan Bautista Marcote se desprazarán a San Sadurniño para entrenar con la Selección Gallega Cadete Masculina.
Pola súa parte Unai Larrañaga do Manuela Rial fará o propio en Lugo coa Selección Galega Infantil masculina.
Novas relacionadas
- Os líderes puideron cos equipos do Volei Dumbría.
- O Volei Xiria estrea web cando remata a xeira das infantís do Dumbría.
- O Volei Dumbría mantén a xeira e celebra a convocatoria de 13 xogadores á Selección Galega.
- Tres de catro para o Volei Dumbría.
- 6 de 6 para o Volei Dumbría.
- Pleno de vitorias para o Volei costeiro.
- As infantís do Manuela Rial xa saben o que é gañar.
- As infantís do Volei Dumbría atáscanse ao final.
- Unha vitoria e unha derrota na primeira viaxe do curso para o Volei Dumbría.
- O novo pavillón deu sorte aos equipos do Volei Dumbría no debut nas Ligas Galegas.
- O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón.
- A bitácora da semana (CCXXVIII): O blog do Voleibol Dumbría.
- Dumbría xa é potencia en Volei Praia.
- 5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid.
- Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España.