Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os cadetes do Volei Dumbría métense nos Campionatos galegos

Os cadetes do Volei Dumbría métense nos Campionatos galegos

O equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría acadou a clasificación para a Fase Final do Campionato Galego, que disputan os 4 mellores equipos de Galicia. Para iso tivo que sobrepoñerse á lesión de dous xogadores titulares durante a semana e vencer a Boiro por 3-1 (18-25, 25-15, 25-17, 25-19) nun sufrido choque.
Comezaron o partido os dumbrieses con moitos erros, que foron aproveitados polos de Boiro para adiantarse no marcador. Pero a partir dese momento e liderados por un inmenso Javier Domínguez (segundo pola dereita na fila de arriba) no ataque, a superioridade foi manifesta e lograron acadar o triunfo e a clasificación.

Podemos ver na foto, os mozos que xogaron polo cadro costeiro: Javier Domínguez, Juan Carballo, Alejandro, Manuel Marcote, Xavier Soto, Jose Manuel Abuelo, Jose Miguel Caamaño, Jose Manuel Bermudez e Unai Larrañaga.

Pola súa banda, as chicas perderon ante Liceo 0-3 tanto en cadetes coma en infantis:

  • Infantil femenino: Manuela Rial - Liceo 0-3 (14-25, 18-25, 18-25)
  • Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Liceo 0-3 (14-25, 17-25, 19-25)

Novas relacionadas

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios