Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Os Sénior e os Cadetes manteñen o ritmo do Volei Dumbría

Os Sénior e os Cadetes manteñen o ritmo do Volei Dumbría
Nova vitoria dos Senior do Volei Dumbria

Dúas vitorias e 3 derrotas foi o balance da familia do Volei Dumbría esta pasada fin de semana. Pero as vitorias traen bo sabor de boca, a dos Sénior, no 5º set, e a dos Cadete.

Senior 2ª

  • Resutado: Voleibol Dumbría - Pontevedra 3-2 (23-25, 25-12, 25-18, 17-25, 15-13).

Vitoria in extremis no Conco do equipo Séniors nun partido axustado que se decidio no tie-break do quinto set. O partido empezou cun dominio dos pontevedreses e con moitos erros non forzados dos locais que decantaron este primer set para os e fóra. Despertaron os dumbrieses no segundo e no terceiro set e ganaron con claridade. Reaccionaron os de Pontevedra no cuarto set e adiantaronse no quinto, e cando parecía que escapaban os puntos unha reacción sobre todo no bloque e na defensa permitiron a vitoria local.

Cadete masculino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Naron 3-0 (25-16, 25-21, 25-6).

Vitoria clara dos cadetes que aproveito o adestrador local para dar xogo os menos habituais e repartir minutos.

Cadete femenino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Liceo 1-3 (10-25, 25-18, 7-25, 14-25)

Conseguiron as locais arañar un set ante un forte equipo que sempre pode vir ben para os desempates.

Infantil femenino

  • Resultado: Manuela Rial - Liceo 0-3 (1-25, 6-25, 1-25)

Derrota clara das infantís ante o potente equipo coruñes líder claro do campionato.

Infantil femenino

Manuela Rial - Pontevedra 0-3 (20-25, 8-25, 19-25)

Melloraron de actitude o equipo local ante o equipo pontevedres e apretaron para poder conseguir algún set aínda que non o conseguiron.

Vindeira xornada

Esta fin de semana viaxan a San Sadurniño os cadetes e os xuvenís.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios