Luns. 09.09.2024
El tiempo

Outes e Corcubión acollerán sendos campamentos futboleiros de verán para os peques

Outes e Corcubión acollerán sendos campamentos futboleiros de verán para os peques

Remataron as Ligas, estamos en plena tempada de torneos de verán como os que se desenvolveron en Fontenla, en Zas e mais en Sofán. E coa Copa da Costa F8 de telón de fondo, os clubs xa empezan a armar os seus campamentos.

Xa coñecimos o Campus de Fisterra e hoxe toca irmos a Corcubión e Outes.

Campus en Corcubión

III Campamento das Escolas de Futbol Base de Corcubion 2015

A Escola de Futbol Base de Corcubión vai facer o seu 3º campamento de verán. Durará todo o mes de xuño, en horarios de 11:00h a 13:00h os luns, mércores e venres, e enfocado a nenos nados entre 2003 e 2011. Todo, no Novo Cubaleiro.

Xa te podes inscribir por 30€ (socios da UD, 25€), nos teléfonos: 670 450 406 e 617 17 82 97.


II Campus de Fútbol Concello de Outes

Campus Concello de Outes

Xa está aberto o prazo de inscrición para o II Campus Concello de Outes. De luns a veres e en horario de mañá, o Cunchido acollerá do 29 de xuño ata o 10 de xullo, este campus pensando para rapaces de 7 a 15 anos. Manu Roque será o director dun campus que conta con adestradores de Nivel 3, e mesmo adestradores específicos para porteiros da Escola Nordés.

Apúntante no Concello de Outes antes do día 28 de xuño, e recibirás ademais de regalo unha equipación completa.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios