Porriño deixou tocado aos equipos de balonmán camariñáns
Mala xornada por Camariñas e relativamente por Carballo, a desta fin de semana no balonmán costeiro. Foi inxusta a primeira derrota do Bm. Camariñas, na súa visita a Porriño. Unha derrota que lle permite ao propio Porriño escapar no alto da táboa, e deixar aos camariñáns a 3 puntos.
Mentres, o Calvo Xiria colleitaba un empate que deixa aos carballeses na 5ª praza, a 4 puntos do líder. As que si gañaban eran as carballesas do Goldie Xiria.
Pero o Bm. Encaixe completaba a mala fin de semana palilleira con outra derrota en Porriño.
O vindeiro sábado celebrarase en Camariñas a festa de presentación de todos os equipos do Conservas Boya cos horarios que se indican ao final.
1ª Autonónomica, xornada 8
- Resultado: Bm. Porriño - Balonmán Camariñas (27-26)
- BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Alan (3), Fary (9), Eusebio, Checho, Quin (2), Damián, Fabio, Catalán, Héctor, Perón (8), Antelo (4) e Xabi.
A primeira derrota desta tempada foi en casa do ider, nun partido raro e excesivamente duro por parte da defensa local, á que os árbitros lle permiteron case todo, de feito tres xogadores do Camariñas tivéronse que retirar lesionados. Unha pena de partido onde o Conservas Aboiar foi sempre por diante no marcador con vantaxes de ata 6 goles, logo de facer un primeiro tempo espectacular.
No segundo tempo as cousas foron doutro xeito, os árbitros, a agresiva defensa local, e o cansazo fixeron mela nos camariñanos, que fallaron ataques moi claros permitindo que se achegase un rival, que nunca deu o partido por perdido, para tras unha inxusta decisión arbitral expulsar ao centro do conxunto conservero a dous minutos do final, o que permitiu aos locais adiantarse no marcador por primeira vez no partido, o que lles valeu unha inmerecida vitoria.
1ª Estatal, xornada 10
- Resultado: Luceros - Calvo Xiria (32-32)
- CALVO XIRIA 32 (15+17): Martín Gómez [p], Sergio Facal (1), Brais Puñal, Martín Alfeirán (8), Javier Rodríguez (3), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (5), Gonzalo Pombo (6), Rubén Anes, Iván Campos (1), Ramón Suárez-Pumariega (2), Carlos A. Lema (4).
1ª División Galega Feminina, xornada 7
- Resultado: Bm Porriño - Bm. Encaixe (21-19).
- BM. CAMARIÑAS: Miriam, Laura (1), Cris Barreiro (2), Sara (8), Aida (5), Cristina Caamaño, María (1) (E.I.), Verónica (1), Nerea (1), Cristina Sande, Isabel e Laura Ccastro.
As camariñanas viaxaban con dúas baixas importantes: Karina e a gardaredes Sara por motivos personais. O encontro presentábase a favor do equipo local que están un posto por encima na clasificación. Durante os minutos iniciais o Encaixe foi quen de manter a compostura en defensa ainda que diversos erros foron aproveitados polas locais. En ataque as palilleiras atopaban ocasións claras de gol que non convertían debido as númerosas intervencións da guardameta rival poñéndose as locais cunha diferencia importante no minuto 20 cun 12-4 chegando o descanso cun 14-6.
Na segunda parte a tónica foi outra xa que as do Encaixe convertían eses lanzamentos claros en gol chegando a acortar a diferencia no marcador. Pero o Balonmán Porriño, aproveitando as acción individuais das súas xogadoras, foi quen de quedarse cos dous puntos na casa e deixando un marcador final nun 21-19.
1ª División Galega Feminina, xornada 7
- Resultado: Balonmán Ferrolterra - Goldie Xiria (19-24) / (11-12)
- GOLDIE XIRIA: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 4 , Tamara Pombo 1, Jessica Posse 3, Sara Pombo 5, Cristina Gende 2, Raquel Gómez , Adriana Gómez 1, Patricia García, Marta Regueira 5, Zeltia Landeira 1, Natalia Solis 2, Ángela Pena e Sheila Ferreiro.
Máis información
Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.Novas relacionadas
- O Bm. Camariñas prepara con vitorias o asalto ao liderato.
- As camariñás puideron coas carballesas no derbi do balonmán costeiro.
- Bm: Preparando o derbi feminino.
- Os equipos do Bm. Camariñas seguen medrando.
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria seguen firmes.
- O BM Encaixe celebra con vitoria unha doble convocatoria coa Selección Galega
- Doble vitoria para os camariñáns e doble derrota para os carballeses na xornada de balonmán.
- Camariñas e Carballo comezaron a sentir a emoción do balonmán.
- Os dous equipos do Bm Camariñas arrincan unha nova tempada coa canteira como base.
- A familia Xiria recibe unha Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Españoña de Balonmán.
- O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Balonmán Xiria e Balonmán Camariñas.