Arrinca unha xornada completísima do Fútbol costeiro, con moitas cousas en xogo e grandes case que finais, e ademais, moito sol. Antes da Previa xa puidemos facer un repaso aos Pichichis, e tamén recordamos que o luns hai Reunión para perfilar as Copas Cadete e Infantil e que Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo, a titulación necesaria para adestrar no fútbol base a partir da temporada que vén.
E comezamos xa a análise da Previa pola Preferente - Senra Sport. Despois da boa xornada pasada, os equipos costeiros terán, de novo, rivais parellos para seguir escadando posicóns no medio da táboa. O Dumbría visita ao Chantada, ao que ten a 3 puntos. Mentres, o XSC recibe ao Arzúa, 8º na táboa con só 3 puntos máis que os xalleiros.
Doble derbi na 1ª
A xornada vén marcada polo doble derbi da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Corme-Sofán e Baio-Malpica centrarán a atención e o carrusel da tarde dominical. No Cairo o Corme necesita seguir sumando para esquecer os perigos do descenso, mentres a SD quere certificar a súa reacción para seguir loitando polo título tras un mes de páxara. Mentres, no Pratas Reinoso, enfróntanse dous equipos moi parellos, cun Baio sempre un paso por encimana clasificación.
Ademais, nova finalísima para a Esteirana. Visita o pechacancelas ao penúltimo da táboa, o Silleda, que chega co 6 puntos máis que os blaugranas, que se queren pelexar pola permanencia terán sumar os 3 puntos si ou si.
E por último, o Soneira quere dar a de cal ante o Amio e facer, de paso un favor aos seus veciños esteiráns.
Cos 4 de arriba en apenas 2 puntos chega unha nova xornada na que ningún pode tropezar. Zas, Outes Castriz e San Lorenzo enfróntanse a Porteño, Camariñas, Fisterra e Montelouro, coa necesidade de gañar e mirando polo retrovisor esperando algún desmán dos rivais directos.
Fermoso será o choque entre Baíñas e Mazaricos, e intenso o derbi sureño Volantes-Carnota.
Por abaixo, choque entre Seaia e Cabana perfílase como unha final, tendo en conta que, a día de hoxe, esa 3ª praza por abaixo que ocupa o cadro malpicán sería de desceso polo arrastre da Esteirana.
Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira os dous de arriba, Cerqueda e Ameixenda terán choques para certificar que queren asegurar a súa praza de ascenso directo recibindo a Lira e Coristanco, respectivamente, dous que pelexan pola Promoción pero que poderían apretar aos de arriba. Mentres, Muxía e Corcubión esperan que os Lira e Coristanco tropecen cos de arriba, pero coa necesidade de sumar nas súas visitas a Castrelo e Laxe.
A morte nos Xuvenís
Vital será estaa antepenúltima xornada da Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. O Dumbría pode certiicar o seu pase se vence a uns Miúdos que se xogan a 2ª praza co XSC, Camariñas e Cabana. Precisamente xalleiros e cabaneses determinarán o futuro da pelexa, sendo o último tren para o cadro cabanés; e o Camariñas non pode fallar ante un Porteño que vén moi tocado nas últimas xornadas.
As Ligas Autonómicas, con sorte dispar
Con diferentes necesidades afrontan os equipos costeiros esta xornada nas Ligas Autonómicas. O Dumbría cadete visita A Malata, noutro dos premios do ano e sen a imperiosa necesidade de sumar. Os que si necesitan son os XSC da Liga Galega Cadete e o Dumbría da Infantil, que necesitan puntos “comarea” para saír da zona de perigo, se ben os xalleiros o teñen algo máis fácil.
Finalísimas na base
Contabamos esta semana que Corme e XSC a un paso dos títulos de Cadetes e Infantís cando chegamos á penúltima xornada, e xa pensando na Copa. E a cousa pode quedar perfilada esta semana, pois en 1ª Cadete, válelle o empate ao Corme ante o Cee para cantar o alirón, unha vez que certificou o pase á Fase de Ascenso. Pero a pelexa pola 2ª praza estará bregada porque o propio Cee está a 1 só punto dun Cabana que se enfronta ao Fisterra, 4º xa con menos opcións. Dous partidazos no cumio.
Mentres, en 1ª Infantil, descansa o líder, o XSC e o Fisterra, se vence ao Outes, pode quedarse a 2 puntos de cara a unha última xornada fraticida, pensando no título e na única praza que dá acceso á Fase.
Ademais, continúan, ao completo, as Ligas de F8.
Nova proba para os Veteranos
Despois de que o Coristanco, actual campión, tomase o relevo do San Román á fronte da 1ª, a xornada prevese quente, con 6 equipos en apenas 5 puntos. O cadro verde recibe ao Zas, mentres o partido da xornada será o Soneira-San Román. O cadro vimiancés non está tan fino como nos últimos anos pero seguro que se crece nestas vicisitudes. Ademais, MIlagrosa, Hosgran, Dumbría e San Lorenzo non poden tropezar para seguir o rirmo.
En 2ª, teremos choques importantes. O líder recibe a un San Isidro-Razo que foi de máis a menos na Liga, mentres o Erbecedo pode dar un paso adiante para asegurar o ascenso se vence o Porteño, 4º a 8 puntos, co Corcoesto, que descansa, polo medio.
Chantada | 07/03 - 18:00 | Dumbría |
Xallas StComba | 08/03 - 17:00 | Arzúa |
Amio | 08/03 - 16:30 | Soneira |
Silleda | 08/03 - 16:30 | Esteirana |
Corme | 08/03 - 16:45 | Sofán |
Baio | 08/03 - 17:00 | Malpica |
Fisterra | 07/03 - 17:00 | Castriz |
Seaia | 08/03 - 16:30 | Cabana |
Porteño | 08/03 - 16:30 | Zas |
Camelle | 08/03 - 16:30 | Cee |
San Lorenzo | 08/03 - 16:30 | Montelouro |
Volantes | 08/03 - 17:00 | Carnota |
Outes | 08/03 - 17:00 | Camariñas |
Baíñas | 08/03 - 17:00 | Mazaricos |
Ponteceso | 08/03 - 17:00 | Buño |
Castrelo | 07/03 - 16:30 | Muxía |
Laxe | 07/03 - 16:30 | Corcubión |
Ameixenda | 07/03 - 17:30 | Coristanco |
Cerqueda | 08/03 - 17:00 | Lira |
Camariñas | 07/03 - 16:30 | Porteño |
Dumbría | 07/03 - 17:00 | Os Miudos |
Cabana | 07/03 - 18:00 | Xallas StComba |
Cee | 07/03 - 15:30 | Malpica |
Castriz | 07/03 - 16:30 | Baio |
Outes | 07/03 - 16:30 | Muxía |
Esteirana | 07/03 - 16:30 | Coristanco |
Corcubión | 07/03 - 17:00 | Corme |
Ponteceso | 07/03 - 18:00 | Zas |
Racing Ferrol | 08/03 - 11:30 | Dumbría |
Montañeros | 08/03 - 12:00 | Xallas StComba |
Dumbría | 07/03 - 11:00 | Orillamar |
Os Miudos | 07/03 - 10:00 | Esteirana |
Muxía | 07/03 - 10:30 | Outes |
Corme | 07/03 - 10:30 | Cee |
As Baleas | 07/03 - 13:00 | Ponteceso |
Cabana | 07/03 - 16:00 | Fisterra |
Sofán | 07/03 - 16:30 | Baio |
Ponteceso | 07/03 - 16:00 | Cabana |
Os Miudos | 07/03 - 16:30 | Vimianzo |
Corme | 07/03 - 17:00 | Esteirana |
Fisterra | 08/03 - 10:30 | Outes |
Zas | 08/03 - 11:00 | Sofán |
Coristanco | 08/03 - 12:00 | Cee |
Corme | 06/03 - 18:45 | Vimianzo |
Cabana | 06/03 - 19:15 | Coristanco |
Zas | 07/03 - 11:00 | Muxía |
Cee B | 0-0 | Dumbría |
As Baleas | 07/03 - 10:30 | Esteirana B |
Cee A | 07/03 - 11:00 | Outes A |
XSC A | 07/03 - 12:00 | Dumbría B |
Os Miúdos A | 07/03 - 13:00 | Esteirana A |
Os Miúdos B | 07/03 - 16:00 | Lira |
Sofán | 07/03 - 17:30 | Fisterra |
Cee B | 2-1 | Dumbría |
As Baleas | 07/03 - 11:30 | XSC B |
Cee | 07/03 - 12:00 | Outes |
Os Miúdos B | 07/03 - 12:00 | Lira |
Sofán | 07/03 - 16:30 | Fisterra |
Os Miúdos A | 07/03 - 17:00 | Esteirana |
Milagrosa | 08/03 - 09:30 | Cabana |
Soneira | 08/03 - 10:00 | San Román |
Coristanco | 08/03 - 11:00 | Zas |
Laxe | 08/03 - 11:00 | Dumbría |
San Lorenzo | 08/03 - 11:00 | Baio |
Ponteceso | 08/03 - 11:00 | Bértoa |
Xv. Bergantiños | 08/03 - 11:00 | Castriz |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 24
Poniente | 08/03 - 09:30 | Cerqueda |
Malpica | 08/03 - 11:00 | Sofán |
Nantón | 08/03 - 11:00 | Camariñas |
Leiloio | 08/03 - 11:00 | Dep. Carballo |
Porteño | 08/03 - 11:00 | Erbecedo |
Agualada | 08/03 - 11:00 | San Isidro-Razo |
Buño | 08/03 - 11:00 | Vimianzo |
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).