Venres. 26.04.2024
El tiempo

Previa da completa xornada do Fútbol costeiro

Previa da completa xornada do Fútbol costeiro
Imaxe do Baio-Malpica da semana pasdaa-Foto_Santi Soneira

E nova fin de semana de Fútbol da Costa por todos os costados. Con títulos en xogo, unha vez que rematan as Ligas comarcais Preferente - Senra Sport, na que os nosos irregulares equipos queren gañar para confirmar que non van ter que mirar cara abaixo o que resta de temporada.

Novo derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Corme, tras tras vencer ao Sofán, visita Pedra Queimada, estando aínda algo máis necesitado que o Malpica, pero ao que pode atrapar na táboa. Por detrás, a Esteurana terá unha nova finalísima ante a visita do Bertamiráns B, i é que a estas alturas, para saír do pozo, cada partido é un mundo e nada se pode escapar da Salina.
Pola zona media alta, o Sofán non pode fallar ante o Piloño no Carral; o Baio viista a un dos de abaixo, o Agolada, e pode facerlle un favor a Corme e Esteirana, e o Soneira, a ver se dá a de cal nun dos partidos dos que dan o mellor, ante o líder.

Non poden fallar os 4 de arriba, como a pasada xornada, na 2ª Autonómica - ES Bazarra, onde a atención se centra nun Cabana-Porteño fundamental para ambos. I é que ollando aos posibles arrastres, ata o 4º por abaixo non se pode despistar.

Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e co Cerqueda máis destacado que nunca, teremos un Nantón-Cerqueda e un Lira-Ameixenda máis que interesantes.

Penúltima xornada en Xuvenís

Está que ferve a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Con 5 equipos en 3 puntos pelexando pola 2ª praza que dá acceso á Fase, esta xornada pode ser decisiva. O Camariñas teno de cara pero se perde cos Miúdos en Muros todo cambiaría. O XSC ten a difícil tarea de visitar o Conco, pero é o cadro xalleiro o único que conseguíu vencer esta campaña aos dumbrieses. Ademais, o Cabana ten que vencer na Grixa se quere manter aspiracións ata o último día.

Un título en xogo

Xa ca 1ª Cadete completamente decidida, toca mirar cara a 1ª Infantil. Xóganse XSC e Fisterra todo o sábado pola tarde. Os de Rupper visitan a un Vimianzo en zona baixa e só lles vale gañar para asegurar o título. Mentres o Fisterra só pode gañar e esperar que falle o XSC para aspirar ao título e á única praza que dá acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega.

Veteranos

Nos Veteranos co paso aberto feito a pasada xornada ao San Román, o líder terá un choque complicado ante o San Lorenzo, 5º a só 5 puntos. Atento estará o Coristanco a calquera tropezo pero terá que vencer en Castriz. O Milagrosa e o Hosgran protagonizarán outro partidazo, 3º e 4º buscando manterse na pelexa por todo.

Ademais, en 2ª División, choque no cumio, entre Agualada e Erbecedo. O Erbecedo, 2º a 4 puntos pero cun partido menos, pode apretar o título ata o máximo.


Preferente - Senra Sport, xornada 28

Sp. Sada15/03 - 17:00Xallas StComba
Dumbría15/03 - 17:00Estudiantil

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 27

Sofán15/03 - 16:30Piloño
Soneira15/03 - 16:30Villestro
Esteirana15/03 - 17:00Bertamiráns B
Agolada15/03 - 17:00Baio
Malpica15/03 - 17:00Corme

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 27

Montelouro15/03 - 16:30Fisterra
Buño15/03 - 17:00Seaia
Cabana15/03 - 17:00Porteño
Zas15/03 - 17:00Camelle
Cee15/03 - 17:00San Lorenzo
Castriz15/03 - 17:00Volantes
Carnota15/03 - 17:00Outes
Camariñas15/03 - 17:00Baíñas
Mazaricos15/03 - 17:00Ponteceso

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 27

Lira14/03 - 17:00Ameixenda
Muxía15/03 - 16:30Laxe
Nantón15/03 - 17:00Cerqueda
Coristanco15/03 - 17:30 Castrelo
  • Descansa Corcubión.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9

Os Miudos14/03 - 16:30Camariñas
Dumbría14/03 - 17:00Xallas StComba
Porteño14/03 - 17:00Cabana

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 10

Baio14/03 - 16:30Ponteceso
Muxía14/03 - 16:30Castriz
Corme14/03 - 16:30Outes
Malpica14/03 - 16:30Corcubión
Fisterra 14/03 - 16:30Esteirana
Coristanco14/03 - 17:30 Cee
  • Descansa Zas.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 27

Dumbría14/03 - 11:30 Víctoria

Liga Galega Cadete, xornada 27

Xallas StComba15/03 - 11:30 Imperator

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 5

Bergantiños15/03 - 12:00Dumbría

1ª Cadete, xornada 26

Fisterra14/03 - 10:30Corme
Outes14/03 - 10:30Coristanco
Ponteceso14/03 - 16:00Sofán
Cee14/03 - 18:15 Muxía
Baio15/03 - 10:45 Os Miudos
Esteirana15/03 - 11:00Cabana
  • Descansa As Baleas.

1ª Infantil, xornada 26

Vimianzo14/03 - 16:00Xallas StComba
Esteirana14/03 - 16:00Fisterra
Sofán14/03 - 16:30Os Miudos
Cee14/03 - 16:30Zas
Cabana14/03 - 16:30Coristanco
Outes15/03 - 10:30Ponteceso
  • Descansa Corme.

F8 Alevín Costa Norte, xornada 3

Baio13/03 - 19:00Cabana
Coristanco13/03 - 19:15Zas
Vimianzo13/03 - 19:15Muxía
  • Descansa Corme.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 18

Esteirana B 6-5 Os Miúdos A
Esteirana A 11-0 Os Miúdos B
Dumbría13/03 - 19:00Fisterra
Dumbría B14/03 - 10:00Cee A
As Baleas14/03 - 10:30Sofán
Lira14/03 - 11:00XSC A
Outes A15/03 - 13:00 Cee B

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 18

Esteirana 7-1 Os Miúdos B
Dumbría13/03 - 18:00Fisterra
XSC B14/03 - 11:00Os Miúdos A
As Baleas14/03 - 11:30 Sofán
Lira14/03 - 12:00XSC A
Outes15/03 - 12:00Cee B

1ª División, xornada 25

San Román15/03 - 09:30 San Lorenzo
Bértoa15/03 - 09:30 Xv. Bergantiños
Zas15/03 - 11:00Laxe
Hosgran15/03 - 11:00At. Milagrosa
Cabana15/03 - 11:00Soneira
Castriz15/03 - 11:00Coristanco
Baio15/03 - 11:15 Ponteceso
  • Descansa Dumbría.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 25

Dep. Carballo15/03 - 09:15 Porteño
Sofán15/03 - 10:30Nantón
Vimianzo15/03 - 11:00Poniente
Cerqueda15/03 - 11:00Malpica
Corcoesto15/03 - 11:00Leiloio
Erbecedo15/03 - 11:00Agualada
San Isidro-Razo15/03 - 11:00Buño
  • Descansa Camariñas SDV.

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios