mércores. 30.04.2025
El tiempo

Previa da xornada no #Futboldacosta

Previa da xornada no #Futboldacosta
Imaxe-do-Corcubion-Porteno

Tiña que comezar esta fin de semana a 3ª, pero a baixa do Soneira B deixa a competición con 12 equipos e a Federación decidiu renovar o calendario, para evitar que descansen 2 equipos cada fin de semana. Así, xa temos o novo calendario da 3ª Autonómica en www.futboldacosta.com. Unha 3ª que arrincará a semana do 26 de outubro.
Por certo, que debido á retirada fóra de prazo, a Federación impón unha sanción ao clube conforme non poderá participar na categoría na campaña 2014/2015.

Imos facendo a previa.

Sancións

Ata que os partes non sexan máis completos non faremos a actualización das sancións dos xoves. Mentres, imos traendo as poucas sancións que se van atopando nesta previa da xornada.

Sancionados 1ª Autonómica

  • José M. Espasandín (Ponteceso.

Sancionados 2ª Autonómica

  • Alan Insua Redonda (Corcubión).
  • José María Senra Romero (Corcubión).
  • Sergio Varela (Porteño).
  • Ángel Díez (Camelle).
  • José María Rodríguez Rama (San Lorenzo).

Os partidos da xornada

E comezamos a análise da previa desta xornada da última fin de semana de setembro pola Preferente, onde os nosos terán partidos complicados pero que poden servir para seguir sumando. Temos que facer parada obrigatoria na 1ª Autonómica, pois temos dous derbis costeiros. En Camariñas teremos un apaixoante Camariñas-Baio, mentres que no Pinguel o Ponteceso, xa necesitado de puntos, recibe a unha Esteirana que leva un bo comezo de campaña. Estaremos atentos aos dous campos.

Na 2ª Autonómica, hai un par de partidos que parecen máis igualados que o resto. Equipos dos que se espera que estean arriba. Falamos do Outes-Sofán, entre un equipo da Serra que está sorprendendo a todos co seu gran estado de forma, ante un Sofán este ano moi mellorado. E o Castriz-Corme, que pechará a xornada e que servirá para medir as forzas de dous candidatos a todo.

Nos Xuvenís, polo Sur, o Dumbría pode seguir imbatido se supera a un Mazaricos que non coñece a vitoria. Mentres, polo Norte o líder Corme terá unha boa proba de lume en Baio, mentres o Ponteceso-Camariñas prevese tremendamente igualado.

Xa na División de Honra Cadete, o Dumbría quere manterse no alto da táboa pero terá que visitar o campo do Arosa. Ademais, na Liga Galega Infantil toca derbi, entre o Bergantiños e un Dumbría que aínda non sumou. O que tamén necesita gañar é o XSC que leva un duro comezo de tempada con choques moi complicados. Esta xornada os de Santi Casal terán que visitar nada menos que o campo do Racing de Ferrol.

Duelo por todo o alto nos Infantís, pois o Cee, líder con 3 vitorias en 3 partidos, recibe aos Miúdos, que están na 2ª posición con 7 puntos.

E pechan a xornada os Veteranos,

Preferente, xornada 6

Gal. Mugardos 29/09 - 17:00 Bergantiños
Castro 29/09 - 17:00 Xallas StComba
Dubra 29/09 - 17:00 Dumbría
Soneira 29/09 - 18:00 Chantada

1ª Autonómica, xornada 4

Camariñas 29/09 - 17:00 Baio
Malpica 29/09 - 17:00 Lamela
Ponteceso 29/09 - 17:00 Esteirana

2ª Autonómica, xornada 4

Camelle 28/09 - 17:00 Corcubión
Carnota 29/09 - 17:00 Buño
Outes 29/09 - 17:00 Sofán
Volantes 29/09 - 17:00 Fisterra
Porteño 29/09 - 17:00 Cabana
Mazaricos 29/09 - 17:00 Muros
Zas 29/09 - 17:00 San Lorenzo
Indep. Carballo 29/09 - 17:00 Cee
Castriz 29/09 - 18:00 Corme

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 5

Outes 28/09 - 11:30 Fisterra
Mazaricos 28/09 - 12:30 Dumbría
Lira 28/09 - 17:00 Cee
Soneira 28/09 - 18:00 Muros
  • Descansan Esteirana e XSC.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 5

Coristanco 28/09 - 17:00 Laxe
Baio 28/09 - 17:00 Corme
Ponteceso 28/09 - 17:00 Camariñas
Porteño 28/09 - 17:00 Muxía
Castriz 28/09 - 18:30 Cabana
  • Descansa Malpica.

División de Honra Cadete, xornada 3

Arosa 28/09 - 12:00 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 3

Racing Ferrol 28/09 - 11:30 Xallas StComba
Bergantiños 28/09 - 16:30 Dumbría

Liga Infantil, xornada 4

Sofán 27/09 - 18:30 Coristanco
Muxía 28/09 - 11:00 Baio
E.M.F. Vimianzo 28/09 - 18:15 Ponteceso
Fisterra 29/09 - 10:30 Esteirana
Os Miudos 29/09 - 10:30 Cee
Cabana 29/09 - 10:30 Corme

Ligas de Veteranos, xornada 3

1ª División

Camariñas 29/09 - 10:00 Xv. Bergantiños
San Lorenzo 29/09 - 11:00 Nantón
Baio 29/09 - 11:00 Ponteceso
Laxe 29/09 - 11:00 Soneira
Castriz 29/09 - 11:00 Zas
Dumbría 29/09 - 11:00 Cabana
Muros 29/09 - 11:00 Coristanco
Bértoa 29/09 - 12:00 San Román

2ª División

Buño 29/09 - 10:00 Dep. Carballo
Corcoesto 29/09 - 11:00 Vimianzo
Agualada 29/09 - 11:00 Camelle
Corme 29/09 - 11:00 Sofán
Leiloio 29/09 - 11:00 At. Milagrosa
Cerqueda 29/09 - 12:00 Poniente
Porteño 29/09 - 12:00 Malpica
  • Descansa Erbecedo.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios