Última xornada antes do parón de Semana Santa para o Fútbol da Costa, se ben esas datas servirán para poñer en orde, a base de partidos aprazados no seu día, as diferentes competicións.
Reunión en Baio
Aproveitando a celebración do sorteo da Copa Xuvenil da Costa emprázase aos clubs da bisbarra da Costa da Morte ao acto de entrega de Balóns a todos os clubs desta demarcación grazas ao patrocinio asinado coa empresa MOVISTAR e JOMA.
O devandito acto terá lugar o luns día 14 ás 20:00 horas no Auditórium del Pabellón Polideportivo situ en Baio (Zas).
As eliminatorias arrincarán esta Semana Santa.
Parte de sancións
Chega o parte cun dato tremendo, a sanción de 13 partidos ao camariñan Roy Carril por agresión.
O parte trae ademais varios detalles: Por un lado, a rebaixa da sanción de Lerma, meta do Sofán, de 4 a 2 partidos, polo que xa poderá xogar esta fin de semana tras cumplir sanción ante Cee e San Lorenzo. Por outro, o xogador do San Lorenzo Adrián Fraga non queda apercibido de sanción por acumulación de amonestacións por erro de contabilidade. E ademais, o Volantes recibe unha multa de 60€ por “incidentes do público de carácter leve.”
Preferente
Aperc. Pref.:
- Baba Fall (Soneira).
- César Megarejo (XSC).
1ª Autonómica
- Abel García (Ponteceso).
- Roy Carril (Camariñas - 13 partidos).
- David Lema (Camariñas).
Aperc. 1ª:
- Andrés Garrido (Malpica).
- Diego Pérez (Ponteceso).
- Martín Tajes (Camariñas).
2ª Autonómica
- Carlos Santos (Porteño).
- Juan Mayo (Volantes).
- Carlos Leis (Cee).
- Gabriel Suárez (Sofán).
- Fabio Freire (Muros).
- José M Suárez (Cabana).
- José M Varela (Cabana).
- Sebas Cortejoso (Corcubión).
Aperc. 2ª:
- Ángel Carballo (Camelle).
- Diego Cespón (Cee).
- Brais Barreiro (Sofán).
- Juan Rey (Muros).
3ª Autonómica
- Mateo Caamaño (Ameixenda).
- Alberto Trillo (Ameixenda).
- José M Verdía (Cerqueda).
- Mario García (Baíñas).
- Ricardo Lista (Seaia).
Aperc. 3ª:
- César Pais (Montelouro).
- Braulio Vecino (Baíñas).
- Santi Papi (Muxía).
- Javier Rey (Muxía).
- Miguel Rodriguez (Seaia).
- Javier García (Seaia).
A Previa
E coma sempre, empezamos o repaso á crónica pola Preferente, onde os nosos apuran as súas opcións. Por arriba, o Dumbría non pode fallar ante o Carral para seguir loitando pola 4ª praza, e facerlle de paso un favor aos de abaixo, onde o Soneira, xa case sen opcións, recibe ao Estudiantil, e o XSC, que si ten que remar sen parada para escapar dos arrastres ante o rival máis directo, O Val, que o aventaxa en 4 puntos e pode ser a gran finalísima para os de Rubén Coméndez.
1ª Autonómica, Camariñas e Ponteceso poden dicir adeus á categoría se perden e gañan os Lamela, Amio (contra o propio Ponteceso) ou Sigüeiro. A atención por abaixo céntrase na Esteirana, que ten a 3 puntos os posibles arrastres e non pode deixar de sumar en Padrón.
Impresionante, por arriba e por abaixo, está a Liga da Costa. Cun partidazo ademais clave, como é a visita do líder, o Corme, a Ara Solis, ante un Fisterra que chega con 4 vitorias seguidas, polas 19 xornadas sen perder dos cormeláns. Terán un ollo posto, pero non poden fallar, o Sofán, que recibe ao Muros unha semana antes do gran partido no Cairo entre ambos, e o Zas, que visita ao Porteño no que pode ser o seu último tren para loitar pola Liga e pola Promoción.
E cando quedan só 4 partidos, a zona baixa tamén ferve, cun Corcubión cun pé en 3ª, que apura as súas últimas opcións en Cabana; un Muros en apuros visitando nada menos que ao Sofán, e partidos difíciles para Castriz en Buño, Camelle ante o Mazaricos, e San Lorenzo en Carnota.
E comeza a Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, con dúas eliminatorias tremendamente igualadas. O Seaia recibe a un Coristanco que lle venceu nos dous partidos de Liga, mentres que o Ameixenda comeza na casa ante un Lira que tamén lle venceu tanto na ida e na volta, e mesmo ao que non foi quen de marcarlle nos dous partidos. Queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
O que tamén temos que apuntar é a carta que o Concello de Vimianzo lle enviou á directiva do Baíñas felicitando ao cadro que preside Juan Silva polo ascenso.
En Xuvenís están para acabar, só coa última praza de acceso aos Oitavos da Copa da Costa entre Muxía e Mazaricos, o que venza en Arliña se mete, se ben o empate lle vale aos amarelos. E xa pensando nese sorteo que terá lugar o luns.
Xa analizamos como están as Ligas Base esta semana, co primeiro campión. Esta semana continúan en liza, con especial interese nas semifinais da I Copa da Costa Infantil.
E nos Veteranos, xa co Coristanco campión, apenas queda por confirmar o segundo posto de ascenso á 1ª.
Carral | 12/04 - 18:00 | Dumbría |
O Val | 12/04 - 18:00 | Xallas StComba |
Soneira | 13/04 - 17:00 | Estudiantil |
Cordeiro | 13/04 - 17:00 | Malpica |
Camariñas | 13/04 - 17:00 | Puebla |
Flavia | 13/04 - 17:00 | Esteirana |
Baio | 13/04 - 17:00 | Villestro |
Amio | 13/04 - 18:00 | Ponteceso |
Cabana | 12/04 - 16:30 | Corcubión |
Camelle | 12/04 - 17:00 | Mazaricos |
Buño | 13/04 - 17:00 | Castriz |
Porteño | 13/04 - 17:00 | Zas |
Outes | 13/04 - 17:00 | Cee |
Carnota | 13/04 - 17:00 | San Lorenzo |
Sofán | 13/04 - 17:00 | Muros |
Fisterra | 13/04 - 17:00 | Corme |
13/04 - 17:00 | Seaia - Coristanco | — |
13/04 - 17:30 | Ameixenda - Lira | — |
Malpica | 12/04 - 17:00 | Esteirana |
Corme | 12/04 - 17:00 | Xallas StComba |
Dumbría | 12/04 - 17:00 | Cabana |
Muxía | 13/04 - 16:30 | Mazaricos |
Outes | 12/04 - 17:00 | Cee |
Lira | 12/04 - 17:00 | Fisterra |
Dumbría | 12/04 - 11:30 | Montañeros |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 9
Dumbría | 13/04 - 11:30 | Xuv. Oroso |
Boiro | 12/04 - 11:00 | XSC |
Outes | 12/04 - 10:00 | Cee |
Corcubión | 12/04 - 10:30 | Zas |
As Baleas | 12/04 - 16:00 | Fisterra |
Coristanco | 12/04 - 16:30 | Cabana |
Muxía | 12/04 - 17:00 | Esteirana |
Baio | 13/04 - 10:30 | XSC |
13/04- 10:30 | Muxía - Fisterra | - |
13/04- 10:30 | Esteirana - Cee | - |
13/04- 10:30 | Sofán - Os Miúdos | - |
13/04- 10:30 | Cabana - Corme | - |
Sofán | 12/04 - 11:00 | As Baleas |
Corcubión | 12/04 - 13:00 | Baio |
Coristanco | 12/04 - 19:30 | Vimianzo |
Muxía | 13/04 - 19:30 | Corme |
XSC B | 12/04 - 11:00 | Dumbría |
XSC A | 12/04 - 11:00 | Os Miúdos A |
Fisterra | 12/04 - 13:00 | Os Miúdos B |
Outes | 12/04 - 13:00 | Lira |
Zas | 12/04 - 17:30 | Esteirana |
Sofán | 12/04 - 12:00 | As Baleas A |
Ponteceso | 12/04 - 16:30 | Baio |
Coristanco | 12/04 - 18:30 | E.M.F. Vimianzo |
Cabana | 12/04 - 19:00 | As Baleas B |
Muxía | 13/04 - 18:30 | Corme |
Cee | 12/04 - 11:00 | Esteirana B |
XSC B | 12/04 - 12:00 | Dumbría |
XSC A | 12/04 - 12:00 | Os Miúdos A |
Fisterra | 12/04 - 12:00 | Os Miúdos B |
Outes | 12/04 - 12:00 | Lira |
Zas | 12/04 - 16:30 | Esteirana A |
Cee B | 12/04 - 12:00 | Baio |
Outes | 14/04 - 11:00 | Esteirana |
Fisterra | 12/04 - 11:00 | Dumbría |
Cee A | 10/04 - 18:15 | Corcubión |
Soneira | 13/04 - 10:00 | Cabana |
San Lorenzo | 13/04 - 10:00 | Bértoa |
Zas | 13/04 - 11:00 | Muros |
San Román | 13/04 - 11:00 | Coristanco |
Xv. Bergantiños | 13/04 - 11:00 | Dumbría |
Ponteceso | 13/04 - 11:00 | Castriz |
Nantón | 13/04 - 11:00 | Laxe |
Baio | 13/04 - 12:00 | Camariñas Vet |
Buño | 13/04 - 10:00 | Agualada |
Malpica | 13/04 - 11:00 | Leiloio |
Camelle | 13/04 - 11:00 | At. Milagrosa |
Vimianzo | 13/04 - 11:00 | Erbecedo |
Poniente | 13/04 - 11:00 | Porteño |
Cerqueda | 13/04 - 12:00 | Corcoesto |
- Descansan Sofán e Dep. Carballo.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).