Menuda xornada pasada por auga esta do ecuador do mes de xaneiro. Pero así e todo todos os partidos se disputaron e houbo moitos choques de interese. Así que despois de botar un recordo no mítico Campo do Carreiro.
Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que o XSC non pasaba do empate a 0 ante o Dubra, outro da zona alta. Quedan os xalleiros a 5 da promoción, e a 4 do propio Dubra. Pola súa parte, o Dumbría nada conseguía da súa visita a Arzúa e queda en zona morna.
A atención da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra centrábase no derbi costeiro norte-sur, no que non se plasmaron, para nada, as diferencias da táboa. I é que o pechacancelas, Esteirana, visitaba o imbatido campo do Sofán, e malia que non puido sacar nada positivo, si que demostrou poder pelexar ata co líder caendo por un gol de Raúl no último minuto.
O que non pode manter o ritmo dos de arriba parece ser o Baio, que caía en casa ante o Villestro (con moi mala sorte, iso si, despois dun gol no min.94) e deixa escapar as primeiras posicións, quedando a 11 do Sofán e a 7 do propio Villestro. Ademais, o Malpica conseguía unha incómoda pero valiosa vitoria ante o Piloño que lle permite cazar a un Soneira que pasou de vendabal a ser levado polo vento do Sigüeiro. Pechaba a xornada o Corme, cunha nova derrota na casa que o deixa ao fío dos postos de descenso.
O partidazo da xornada disputábase na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O Cunchido acollía o choque entre o Outes, 2º, e o líder, o imponente San Lorenzo, e o cadro de Manu Roque, despois dun partido tremendamente igualado, sacaron unha vitoria que vale ouro e que os deixa a só 2 do liderato.
Por detrás, o Castriz non fallou ante un Cee que non acaba de atoparse a si mesmo. O que non mantén o ritmo é o Zas, que caía en Lombáns ante un xa necesitado Carnota, que volve pegar o estirón pola parte baixa. Igual que o Ponteceso, que tiña un duelo directo co Porteño e escapa da zona baixa. E tres cuartos do mesmo para o Camariñas, que goleaba ao Cabana, ao que deixa moi preto dun Montelouro que parece que xa pode competir con calquera. Tamén competiu ben o Camelle en Vimianzo, pero Baíñas sacou unha nova vitoria.
E finalmente, gracias á destreza da alma máter de QPCDeportes, ideamos un sistema para manter o pulso en www.futboldacosta.com da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira neste inicio da terceira volta. Ademais, con novidades. O Ameixenda non fallou nun partido tremendamente complicado ante o Nantón e aproveita que o Cerqueda descansa para recuperar o liderato. Baixa un pistón o Corcubión, que caía na casa ante un Muxía que con 21 puntos se mete defintivamente na pelexa pola Promoción, quedando a un só punto dos cabaneses. O Castrelo intenta meterse tamén nesa pelexa pero queda a 7 puntos despois de empatar ante un Lira que viña con moita forza. Por último, o Coristanco suma a súa segunda vitoria ante un mellorado pechacancelas, Laxe.
Segunda fase nos Xuvenís
Son Os Miúdos os primeiros líderes da Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, despois de endosarlle un set ao Porteño. O Camariñas vencía en Santa Comba a todo xalleiro e confirma que vai a por todo despois de quedar flamante campión do Norte, e pelexará co Dumbría. que vencía ao Cabana nas Redondas, polas dúas prazas que dan acceso á seguinte fase.
Estreaban tamén a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, con 6 partidos apretados pero ningún empate. Non ten mala pinta esta única volta, cos equipos mesturados do Norte e do Sur, que pode ser moi igualada. O único problema é que só quedarán fóra 3 equipos de 13 en competición.
De base
Vitoria importante para respirar moi tranquilos do Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. Os que non puideron facer nada foron os cadetes do XSC ante o 2º da Liga Galega, e os infantís do Dumbría nada menos que no Mundo do Fútbol de Abegondo.
Xa nas Ligas Locais, Corme e Cabana (a cabanesa ante As Baleas, 5º) manteñen, a base de vitorias, o pulso no alto da táboa da 1ª Cadete, unha vez que Ponteceso e Cee, 3º e 4º respectivamente, asinaban un empate.
Máis diferencia hai na 1ª Infantil, onde as goleadas dos Fisterra, XSC, Os Miúdos e Cabana demostran o seu poderío.
E nos máis peques, o Outes non frea en ambas categorías, co Cee A preto nos Alevíns e o Fisterra empatado nos Benx.
Aprétanse os Veteranos
Aprétase o alto da táboa da 1ª División dos Veteranos. O líder, o Hosgran, caían ante o Bértoa, tropezo que aproveita o Coristanco, que vencía ao Laxe, para colocarse a 2 puntos, empatado cun San Román que sufría pero vencía en Zas. O Dumbría métese de novo na pelexa tras gañar en Castriz.
Na 2ª División, o Agualada non levanta o pedal, o Erbecedo e o Porteño intentan manter o ritmo mantendo unha loita pola segunda praza, da que parece que se alonxa o San Isidro-Razo despois de non pasar do empate ante o Cerqueda.
Así que aí van os máis de 75 resultados da fin de semana:
| Xallas StComba | 0-0 | Dubra |
| Arzúa | 3-0 | Dumbría |
| Malpica | 1-0 | Piloño |
| Sigüeiro | 4-0 | Soneira |
| Corme | 0-2 | Amio |
| Baio | 1-2 | Villestro |
| Sofán | 3-2 | Esteirana |
| Camariñas | 5-0 | Cabana |
| Mazaricos | 3-2 | Seaia |
| Baíñas | 3-2 | Camelle |
| Volantes | 1-1 | Fisterra |
| Carnota | 2-1 | Zas |
| Ponteceso | 5-2 | Porteño |
| Buño | 1-1 | Montelouro |
| Castriz | 5-1 | Cee |
| Outes | 1-0 | San Lorenzo |
| Corcubión | 1-2 | Muxía |
| Laxe | 1-2 | Coristanco |
| Castrelo | 1-1 | Lira |
| Ameixenda | 1-0 | Nantón |
| Porteño | 1-6 | Os Miudos |
| Xallas StComba | 1-2 | Camariñas |
| Cabana | 0-2 | Dumbría |
| Esteirana | 3-1 | Outes |
| Cee | 2-3 | Corcubión |
| Fisterra | 4-2 | Castriz |
| Malpica | 2-1 | Zas |
| Coristanco | 3-0 | Ponteceso |
| Baio | 0-1 | Corme |
| Os Miudos | 4-3 | Sofán |
| Fisterra | 1-2 | Baio |
| Corme | 9-2 | Coristanco |
| Cee | 1-1 | Ponteceso |
| Cabana | 3-1 | As Baleas |
| Esteirana | 3-0- | Outes |
| Coristanco | 1-0 | Ponteceso |
| Xallas StComba | 9-1 | Esteirana |
| Zas | 0-7 | Fisterra |
| Vimianzo | 0-3 | Outes |
| Sofán | 3-5 | Cabana |
| Os Miudos | 9-1 | Corme |
| Dumbría B | 4-3 | Sofán |
| Lira | 0-12 | Outes A |
| Esteirana A | 1-3 | Dumbría |
| Esteirana B | 0-7 | Fisterra |
| As Baleas | 7-1 | Cee B |
| Os Miúdos A | 0-11 | Cee A |
| Os Miúdos B | 2-8 | XSC A |
| Lira | 0-18 | Outes |
| Esteirana | 0-1 | Dumbría |
| As Baleas | 4-3 | Cee B |
| Os Miúdos A | 25-0 | Cee A |
| Os Miúdos B | 1-13 | XSC A |
| XSC B | 0-12 | Fisterra |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 17
| Sp. Zas | 1-2 | San Román |
| Baio | 2-1 | Cabana |
| Bértoa | 1-0 | Hosgran |
| Castriz | 0-2 | Dumbría |
| Coristanco | 3-2 | Laxe |
| Ponteceso | 1-3 | At. Milagrosa |
| San Lorenzo | 2-1 | Soneira |
- Descansa Xuv. Bergantiños.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 17
| Vimianzo | 1-3 | Corcoesto |
| Dep. Carballo | 5-0 | Camariñas |
| Erbecedo | 7-0 | Sofán |
| San Isidro-Razo | 0-0 | Cerqueda |
| Buño | 3-2 | Poniente |
| Agualada | 5-2 | Malpica |
| Porteño | 5-2 | Nantón |
Novas relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).