Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Outes apreta e o Montelouro respira

2ª Autonómica: O Outes apreta e o Montelouro respira
Dani celebra o primeiro gol do Montelouro ante o Castriz-Foto-Edu Olveira Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Primeira xornada desta intensa 2ª Autonómica - ES Bazarra. Non fallou o San Lorenzo ante a visita doutros dos candidatos, o Volantes. Tivo que suar o líder ante a defensa laranxa, pero sacou tres puntos que o afianzan arriba. Iso si, o Outes vén ca marcha posta, con 6 vitorias e 1 empate nos últimos 7 partidos. Aínda está, iso si, a 5 do liderato.

Por detrás, moi pegados, os Zas e Castriz, que caía na sorpresa da semana en Montelouro. Ollo co Fisterra que leva 5 vitorias e 1 empate nos últimos 6 partidos, e recobra as súas opcións, como o propio Volantes, Buño ou Mazaricos.

Por abaixo, o Montelouro foron os protagonistas da xornada. Sumaron a súa segunda vitoria seguida dende que chegou Marcelo ao banco. Con 12 puntos, achéganse así os muradáns aos Ponteceso, Carnota e Camariñas, que con 16 puntos marcan o grupo da salvación. Así e todo, parece que ata o Seaia, con 20 puntos, nin Porteño con 18 despois de 10 partidos sen gañar, nin Cabana con 17, poden respirar tranquilos. Máis lonxe queda o Camelle, afundido con 7 puntos.


Camelle - Outes (0-4)

  • CAMELLE: Anxo, Sikario del Amor, Valiña, Arnosi, Dido, Tajes, Rodri, Tedín, Mario, Ricardo, Adrián Pasantes e Jesús. Tamén: Felipe, Jimmi, Brais, Currás, e Álvaro.
  • OUTES: Gato, Borja, Rafa (Chúa), Róber Amoedo, Saúl, David (Chía), Martín, Piki (Babu), Mario, Yago (Martín Iago) e Jura (Elías).
  • Goles: 1-0, min.33: Mario a porta baleira tras unha boa xogada de Yago; 2-0, min.48: Elías aproveita un centro chut de Mario; 3-0, min.56: Piki culmina unha boa xogada da dianteira visitante pola escuadra; 4-0, min.83: Mario de vaselina.

Leva o Outes unha xeira de partidos impresionantes. O sábado foron caendo os goles no Rodeiro despois de varias ocasións que creaban os de Manu Roque ante un Camelle que nada podía facer, e no que o mellor foi o porteiro. Mario marcaba o primeiro á media hora, e non foi ata o comezo da segunda metade cando sentenciaba Elías tras un centro chut de Mario.


Seaia - Ponteceso (0-0)

  • SEAIA: Jesús, Adrián, Vistas, Avelino (Lesi, min.46), Dimaga, Eme (Manuel, min.60), Miguel, Felipe (Damián, min.65), Nando, Camilo (Richard, min.70) e Tato.
  • PONTECESO: Brais, Javi Peón (Ismael, min.60), Moscoso, Diego Collazo, Dani Valle, Mendieta, Alberto Recarey, Dieguito, Ismail, Martín Puente e Eloy.
  • Lesión: Javi Peón con problemas musculares.

Partido de pouco fútbol pois había demasiado en xogo e ninguén quería arriscar. Comezou o Ponteceso algo máis forte, pero ambos dependían demasiado da calidade dos seus referentes, pero onte non estiveron finos nin uns nin outros. O Seaia buscaba nas contras a Camilo e ao seu xogador-entrenador Tato, mentres os de Barca centraban as xogadas en Recarey e Puente, sempre moi vixiados por unha gran defensa local.

Houbo un par de xogadas que puideron cambiar o sino do partido, pedíndose un penalti en cada área pero o colexiado tampouco se quixo complicar e non sinalou ningún. Ademais, polo bando viistante, un tiro de Martín Puente na primeira parte a cepa do poste que atalla ben o meta local e dúas chegadas de Eloy na segunda, nun Ponteceso onde a canteira está funcionando moi ben.


Montelouro - Castriz (3-0)

Mateo remata un corner no Montelouro-Castriz-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Fernando, Isma (Pepe, min.80), Teo, César, Abel, Gelo, Dani Deza, Riki (Edu, min.60), David (Benja, min.85) e Pesco.
  • CASTRIZ: Nolas, Álex, Alberto, David Velo, Agra, Félix, Uruguaio, Cili, Luís, Martín Gemelo e Bolón. Tamén xogaron: Balsa, Luís, Ronaldo e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.25: Dani Deza cun golazo dende fóra da área; 2-0, min.44: Pesco; 3-0, min.70: Edu.
Bo ambiente na Agra da Filgueira-Foto-Xose Sendon Marcelo leva 2 de 2 co Montelouro-Foto-Xose Sendon Unha das sorpresas da xornadas deuse na Agra da Figueira, pois un dos de arriba visitaba a un dos de abaixo. Apretou ao principio o Castriz, que contaba con sacar os tres puntos e levou 3 goles, pois non se adaptaba ben nin ao campo nin aos míticos “mikasa”, e o Montelouro foise facendo co mando do choque. Dani Deza, un deses xogadores doutra categoría, adiantaba aos locais no ecuador da primeira. E Pesco, recén chegado, tivo dúas boas ocasións contra o porteiro, e marcou xa case no descanso un gol que fixo moito danos aos xalleiros.

Na segunda con gañas de baixar o balón os locais e cos Dani e Pesco moi destacados, fixeron unha boa segunda metade que completou Edu co terceiro tanto.

O Pesco volve o Monte Louro na imaxe ante Alex-Foto-Edu Olveira Asi marchaban Castriz e Montelouro aos vestiarios-Foto-Xose Sendon

Zas - Camariñas (5-2)

Zas-Camarinas
  • ZAS: Anxo (Tívoli, min.82), Martín (Oli, min.55), Pereiro (Fabián, min.67), Isma, Vecino, Pablo, Peke (Manu, min.60), Abel, Álex, Dani (Samu, min.63) e Josito.
  • CAMARIÑAS: Pablo, Martín Kanga, Piti, Pereira, Martín (Brais, min.46), Isma, Denís (Saviola, min.46), Sergi (Javi, min.46), Darío, Yuyo e Sule.
  • Goles: 1-0, min.8: Dani a pase de Peke; 2-0, min.20: Abel nunha xogada individual; 2-1, min.25: Sule; 3-1, min.35: Abel a pase de Dani; 4-1, min.45: Josito a pase de Abel; 4-2, min.76: Yuyo; 5-2, min.82: Samu a pase de Abel.
Zas-Camarinas-Foto-Paula Rodriguez

Levou o Zas unha nova vitoria ante un frouxo partido do Camariñas, ao que lle pasou factura a resaca do título dos xuvenís. Primeira parte brillante do cadro de Iván Cancela, meténdose pronto por diante e ampliando a renda despois de que os de Gerpe recurtasen. O partido case estaba decidido ao descanso, co 4-1 que asinaba Josito.

A segunda foi máis monótona, cun Camariñas máis entonado que apretou as torcas aos zaenses pero non conseguiron recurtar.

Boas novas no deportivo para os zaenses pero malas no demais, pois Anxo ten que marchar por motivos laborais (outro emigrante a sumar nas listaxes), e ademais Samuel tivo que ir ao Hospital a facer unha resonancia, por problemas na cabeza e nun xeonllo tras unha forte entrada. Afortunadamente na cabeza non hai nada, e no xeonllo ten unha luxación e terá que facer máis probas.

O Zas envialle unha aperta a Anxo

Porteño - Baiñas (3-3)

Porteno-Bainas-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Bonano, Oli (Pejo, min.46), Gabi, Manuel, Caamaño (Rodri, min.75), Doyle, Roi, Cristian, Meu Lar (Marcos, min.50), Wii (Cachi, min.60) e Jose.
  • BAÍÑAS: David, Marcos, Martín, Samuel, Rodri, Vilas, Mario, Eloy, Cris, Jaime e Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.20: Cristian de falta; 1-1, min.30: Javi Suárez ; 1-2, min.60: Mario; 2-2, min.63: Cachi a pase de Jorge; 2-5, min.65: Mario; 3-3, min.88: Cristian de cabeza.

Chegaba moi xusto o Baíñas á Grixa, cos 11 case xustos, antes as lesións dos Luís, Esteban, Braulio, Iván, Llanero, Tasky… Ademais, onte de místerno banco do Baíñas fixo Chambón trala marcha de Mario de José, pero a vindeira semana será Pablo Mallón, o ex do Sofán que toma o mando do cadro vimiancés.

Foi un partido onde os ataques lle gañaron as defensas. O Baíñas dominaba máis o balón, pero Porteño tiña máis ocasións, e estiveron máis intensos, pero a calidade arriba dos vimianceses foi importante.

O partido foi estrano pero vivido, con alternativas no marcador. Adiantábanse os locais, pero Javio Suárez empataba, No ecuador da segunda comezou un carrusel no que o Baíñas se adiantaba por dúas veces. Pero o Baíñas non deu o partido por perdido e nos últimos minutos Cristian aproveitaba un balón colgado e facía a igualada.


San Lorenzo - Volantes (1-0)

  • SAN LORENZO: Diego, Rubén, Adrián Varela, Rudy, Pablo Novo; Adrián Fraga, Álex Figueiras, Álex Taibo (Cachizo, min.55), Javi Puñal (Anxo, min.85); Carlitos (Fuentefría, min.80) e Juni (Joaquín, min.65).
  • VOLANTES: Rubén, Brea (Maikel), Juan, Mayu, Javi (Edu), Mingos (Ivi), Picho, Miguel, Espi, Óscar (Parde) e Piti.
  • Goles: 1-0, min.50: Rudy de cabeza a unha falta frontal dende o medio do campo.
  • Lesión: polos locais, o míster Pablo Gómez e o meta suplente Puyol e ao delegado visitante, todos dende o banco.

Partido bonito de ver para o espectador, sobre todo no primeiro tempo, sen moitas ocasións pero cun xogo bonito por parte dos 2 equipos. Ao tempo foi un partido duro, romo, que se trabou de mais na segunda metade. O Volantes prantexou o partido dende atrás, buscando balóns ás costas da defensa a Piti e Espi. O San Lorenzo intentouno por medio de Juni, Joaquín, un man a man de Anxo pero non había espazos na férrea defensa dos de Felipe.

O único tanto do partido chegou ao comezo da segunda metade nunha falta frontal botada dende o medio campo que Rudi cabeceou a gol, collendo mal situado a Rubén. O Volantes intentouno pero non chegaban ocasións claras, se ben a incertidume estivo presente ata o final. A arbitraxe, desastrosa para os dous.


Fisterra - Buño (1-0)

Comentarios