Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Soneira é un vendabal

1ª Autonómica: O Soneira é un vendabal
Soneira foi un vendabal ante o Agolada-Foto-Oscar Basalo

Xornada dispar para os equipos costeiros na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra neste comezo da 2ª volta. Por un lado, tropezo do líder en Bertamiráns, pero o cadro sofanista mantén o liderato con 29 puntos, e 4 puntos de renda sobre o Villestro. Na liña negativa tamén anotamos ao Malpica, que caía ante o Unión; ao Corme, que non podía co Piloño; e á Esteirana, que necesitaba gañar ante un rival directo no derbi da ría, pero que só quedaba co empate.

Pola contra, o equipo de moda da categoría é o Soneira, que suma 5 vitorias consecutivas e que onte era un vendabal ante un tocado Agolada. Os de Manolito, con 28 puntos, achéganse a un Baio que recuperaba os folgos cunha seria vitoria na saída a Amio.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Bertamiráns B - Sofán (4-1)

Sofan en Bertamirans-Foto-SD
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Marcos Pensado (Santi, min.59), Rubén, Félix, Míchel (Pablo Martínez, min.46), Maneiro, Martín (Raul, min.46), Iván Rojo, Bertín (Luís, min.59) e Brais.
  • Goles: 1-0, min.5: de córner; 2-0, min.30: de falta pola escuadra; 3-0, min.43; 3-1, min.57: Brais tras un córner; 4-1, min.81.

Non fixo de líder o Sofán ante o filial do Bertamiráns. Os locais, tremendamente intensos, foron superiores na primeira metade, facendo moito dano a balón parado, e non permitindo que o Sofán tirase a gol.

Xa co choque decidido, o Sofán saíu na segunda metade moito mellor, cun gol anulado a Félix, o tanto de Brais e un par de accións de Raúl e Iván Rojo que non serviron para recurtar. Foi o Bertamiráns o que completaba a goleada, que non evita que o Sofán siga de líder destacado.

Cómpre dicir que o Bertamiráns B é, xunto co Soneira, o equipo máis en forma da categoría, con 5 vitorias seguidas.


Amio - Baio (0-4)

  • BAIO: Dani (Manuel, min.66), Jose, Yago (Porto, min.46), Mario, Ramón, Nórber (Martín, min.56), Brais, Bieito, Rubio (Alberto, min.64), Saleta e Christian (Silvariño, min.75).
  • Goles: 0-1, min.9: Brais; 0-2, min.15: Nórber; 0-3, min.56: Saleta; 0-4, min.66: Alberto de penalti.

Fantástico partido deste Baio que retoma a senda da vitoria tras 3 derrotas consecutivas. Os de Félix saíron con todo e o partido se puña de cara con dous tantos en 15 minutos. Controlou como quixo o choque o cadro baiés ante un Amio que o intentou pero non puido facer dano en ningún momento. No comezo da segunda, de novo un gran arranque dos baises, servía para sentenciar o choque con outros dous goles.

Aquí queda o vídeo de Santi Soneira cos goles:


Piloño - Corme (3-1)

Lucas no Pilono-Corme-Foto-Fin Lema
  • CORME: Javi, Dani, Joshua (Toniño, min.18), Pandi, Adolfo, Alejandro, Brais (Antonio, min.83), Sergio, Diego (Jose, min.36), Alejo e Lucas.
  • Goles: 1-0, min.18; 1-1, min.28: Alejo anota un golazo; 2-1, min.35; 3-1, min.52.
  • Lesión: Joshua por unha caída sen graves consecuencias.

Non foi bo partido dun Corme algo despistado, que non estivo ao cen por cen metido no partido. Os de Lentejo suman asía a súa terceira derrota consecutiva, despois das dúas vitorias que parecían que servían para recuperar o camiño da vitoria.

O Piloño soubo aproveitar a debilidade cormelá e se metía por diante pronto, pero Alejo, cun golazo demostrando que quere liderar este equipo, empataba. Pouco lle duraba a alegría á parroquia azulona, pois 7 minutos despois o Piloño se metía de novo por diante, e á volta do descanso anotaba o terceiro que acabana coas aspiracións cormelás.

Brais no Pilono-Corme-Foto-Fin Lema

Unión - Malpica (2-1)

  • MALPICA: Abraham; Adrián, Diego, Pablo Díaz (Petís, min.80), Alemán, Baba, Fernando Varela, Cheo, Cololo, Joel Pereiro e Martín Mara (Rodrigo, min.66).
  • Goles: 1-0, min.36: de córner; 2-0, min.65: de córner; 2-1, min.71: Rodrigo aproveita un barullo na área local.
Malpica ante o Union-Foto-Luis Porto

Non sacou nada o Malpica da súa visita ao Unión nun partido que parecía abocado ao empate sen goles. Os dous equipos tiñan demasiado respecto, que se rompía só a balón parado, cun córner ao fío do descanso co que os locais abrían o marcador.

O Malpica saíu con todo na segunda, pero noutro córner o Unión ampliaba a renda. Estreábase con gol Rodrigo, con picardía tras un barullo na área, pero non servía o seu tanto para que o cadro de Baña conseguise a igualada.


Soneira - Agolada (6-0)

Soneira-Agolada
  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Fran de Urroa, Mouzo, Alberto, Nazo, Sandelo, Richi, Basti, Javito e Brais Triñanes. Tamén xogaron: Maikel, Jose, De la Sierra e Martín.
  • Goles: 1-0, min.4: Nazo dende a frontal; 2-0, min.24: Basti aproveita un rexeite do porteiro a tiro de Nazo; 3-0, min.51: Brais Triñanes a centro de Javi; 4-0, min.67: Javito de tiro axustado; 5-0, min.85: Figueroa de tiro dende fóra da área; 6-0, min.87: Richi remata unha gran xogada de De la Sierra.
  • Expulsión: un xogador visitante (min.60).
Soneira e Agolada en Vimianzo-Foto-Oscar 5ª vitoria dun Soneira que foi un vendabal ante un rival veterano e lento, que chegou xusto de efectivos e aguantou a primeira metade. Pero unha lesión deixábaos con 10 na segunda, e unha expulsión, contra o final, con 9, permitindo que o Soneira lles pasase por enriba, cunha goleada que puido ser de escándalo.

Xa Basti avisaba no primeiro minuto, demostrando que o Soneira saía ben prantado e presionando moi arriba, como nos últimos partidos. Tivo moitas ocasións para marcar na primeria metade, despois do gol inicial de Nazo, por medio de Richi, Fran ou Basti, que marraba outra boa xogada de Figueroa entrando dende o lateral dereito. Basti facía o segundo e Javito e Richi fallaban unha boa ocasión. Chegaríase ao decanso cun marcador claro pero curto, visto o visto.

Na segunda, máis do mesmo ata completar o set e o partido.


Esteirana - Lesende (1-1)

  • ESTEIRANA: Fabio, Tobío (Adrián, min.55), Serrano, Rafa, Saúl, Álex (Juan, min.75), Uru (Adrián Louro, min.65), Alberto (Kike, min.46), Martín (Pabliño, min.75), Cajulo e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.2: Róber Pladur aproveita un lío entre porteiro e defensa balón nun bombeado na área; 1-1, min.30: Disparo desde a frontal que toca no poste e o rexeite cáelle ao dianteiro que a empurra.
  • Expulsión: un xogador do Lesende no 85’.

Tiña moitas baixas a Esteirana neste derbi da ría de Muros e Noia na 1ª Autonómica, con masiva afluencia de público, uns 250 espectadores nas gradas de A Salina.. Encontro que se antoxaba crucial para ambos equipos, pois isto podería clarexar ou xuntar algo máis a zona por salvar a categoría.
No deportivo, comezou golpeando o equipo local, que xa moi cedo se poñía por diante nunha acción pícara de Rober ao molestar nun balón aéreo e aproveitarse do rexeite para convertir. Isto daba alas a un equipo baixo de confianza pero que non lograba transformar en bo xogo, tampouco o Lesende mostraba nada e os continuos balón longos non definían o dominador do partido. Nunha chegada tras roubo, un forte disparo e o rexeite do pau poñía o empate mediada a primeira. Cinco minutos despois tiñan os locais a oportunidade de marcar nun penalti que Róber envía ao longueiro. Así se poñía fin aos primeiros 45 minutos.

Moita alternativa na segunda con claras ocasións para ambos bandos que non movían o marcador. Dispuxo o Lesende de un man a man, un disparo franco e unha falta ao pau, e a Esteirana tamén de outras dùas de Cajulo nun ida e volta constante que denotaba un encontro sen dono e a necesidade de gañar de ámbolos dous, aínda que por diferentes obxectivos. Defendéronse ben os visitantes cun home nenos ante o apretón final dos de Esteiro.

Crónicas da 1ª

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colaboran Oscar Basalo, Isma, Wash Calvo, Santi Soneira, Luís Porto e SD Sofán.

Comentarios