Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría

Preferente: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría
O XSC celebra o golazo de Ruben ante o Riveira-Foto-Santi Diaz Xornada 19 da Preferente - Senra Sport e os equipos costeiros tiveron sorte dispar. O XSC sumaba unha boa vitoria dando conta da gran pólvora coa que conta cos reforzos de inverno, e supera xa na táboa a un Dumbría no que a aposta pola canteira está a ser unha realidade.

Xallas StComba - Atl. Riveira (5-2)

  • XSC: Vicente, Rubén Forján (Cristian, min.87), Oscarín, Rubio, Aarón, Jota, Marcos, Joshi (Alberto Vía, min.60), Kevin, Pablo Baña e Choco (Pablo Muíño, min.80).
  • Goles: 1-0, min.40: Joshi; 1-1, min.42; 2-1, min.44: Rubio; 3-1, min.69: Pablo Baña cun bo tiro desde fóra da área; 3-2, min.71; 4-2, min.78: Rubén Forján cun golazo; 5-2, min.87: Pablo Muíño.
XSC-Riveira Bo partido do cadro xalleiro que servíu para festexar o debut de Alberto Vía Rápida ca camisola bicolor. O soneirán estreábase e parece que se vai entender con outro que volve tras unha longa lesión, un Doro que ía convocado pero non forzaba vendo o marcador, e que tamén vai ser fundamental para que o equipo se meta na zona de arriba. Ademais, a pesar da marcha de Julián Couto ao Laracha, o equipo parece ben armado ca fichaxe de Vicente. Alberto Via Rapida na sua estrea coa camiseta do Xallas Santa Comba-Foto-Santi Diaz Se ben o equipo necesita unha solidez defensiva algo maior, parece que arriba vai ter moita pólvora. Despois dunha boa primeira vitoria, os xalleiros marcaban a 5 para o remate, pero de seguido empataba o cadro da Barbanza. Rubio deixaba o partido de cara para os locais cun gol ao fío do descanso. Na segunda volvía marcar o XSC pero un minuto despois o Riveira recurtaba e manténdose no partido. Pero Rubén Forján, a 15 para o final, cun golazo, sentenciaba, e Pablo Muíño puña a guinda. Pablo Muino mete o cuarto para o XSC-FOto-Santi Diaz

Residencia - Dumbría (1-1)

  • DUMBRÍA: Iván, Jose, David (Roberto, min.62), Jano, Pablo Conde, Bryan, Alcaina (Juan de Dora, min.62), Jesús, Diego Cespón, Marcote (Yeray, min.75) e Adrián Makaay.
  • Goles: 0-1, min.20: Marcote; 1-1, min.57.
Non pasou do empate o Dumbría na visita ao Residencia, pero así e todo as impresións son moi boas porque parece que a clara aposta pola canteira está dando os seus froitos, pois dos 15 convocados para esta 18ª xornada, 12, pasaron polos xuvenís dumbrieses. Onte eran 5 actuais xuvenís na convocatoria, o fisterrán Marcote, que marcou o gol, e o carnotán Jano titulares, con Roberto, que xa xogara e os debutantes o liracho Yeray e o loureán Juan de Dora de suplentes. O equipo aguantou ben as acometidas dos locais, pero a falta de experiencia fixo algo de mella nos costeiros, que aínda así trouxeron un bo punto ante un gran equipo. Metíanse por diante os visitantes na primeira metade e controlaron ben o partido. Pero o Residencia saíu forte na segunda e conseguíu empatar. A única mala nova da semana, a dimisión de Diego Lobelos para manterse con Canosa á fronte do equipo. O fisterrán seguirá á fronte, con Óscar Leis, dos xuvenís.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios