Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Cerqueda toma o relevo do Ameixenda

3ª Autonómica: O Cerqueda toma o relevo do Ameixenda
Ameixenda-Lira A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Cambio de líder na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira cando remata a 2ª das 4 voltas desta estrana Liga. Parecía imbatible o cadro ceense pero unha xeira de 4 partidos sen gañar, e un Cerqueda que suma 5 vitorias seguidas, lle arrebata o liderato. Un só punto de diferencia entre ambos, co Corcubión, que descansaba, a 3 do liderato e a 2 do segundo posto de ascenso directo.

Por detrás, a loita pola promoción segue bonita. O Lira, que daba conta do mesmo Ameixenda, suma 25 puntos, a 8 do Cerqueda, co Coristanco e Nantón empatados con 22, que completan o grupo. O Muxía aínda ten opcións claras de meterse con 18, e o Castrelo, con 14, tamén. O Laxe, segue pechando a clasificación sen visos de mellora e con moita falta de efectivos.


Ameixenda - Lira (1-2)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge (Demetrio, min.46), Javichu (Álex, min.46), Samuel, Iván Pequeño, David (Bichiño, min.65), Jesús, Camacho, Miro, Cristian e Mario (Borja, min.70).
  • LIRA: Peipo, Eloy, Paky, Pelos, Adrián Porto, Germán, Miky, Iago, Manu, Oli, Pata, Javi Carnota e Aitor.
  • Goles: 0-1, min.1: Eloy a centro de Oli; 0-2, min.75: Oli tras unha gran carreira dende o medio campo; 1-2, min.95: Jesús de penalti.
Lira coas camisolas de apoio a Adan

Partido intenso e emocionante vivido no Sampaio de Refoxos entre o Ameixenda e o Lira. Chegaba o Lira con moitas baixas para este partido e só con 13 xogadores (no banco só había un xogador de campo e o porteiro suplente). Os de Manolín non chegaba sobrados, e ademias nunha dinámica negativa, sumando o sábado o seu cuarto partido sen gañar e perdendo o liderato.

Saía o Lira moi ben posicionado no campo e con moita intensidade, presionando ao rival no medio do campo. Así no minuto 2, despois dunha recuperación no medio do campo e dunha boa combinación de pases, Olí centraba un balón ao segundo pau que remataría Eloy para facer o 0-1. Ao chegar o gol tan rápido, o Lira meteuse atrás dándolle a bola ao Ameixenda, deixándoo xogar no seu medio campo e, aproveitando as contras, puido marcar un par de goles máis de Iago e Oli antes de chegar ao descanso con 0-1 no marcador.

Na segunda metade, máis do mesmo, un Ameixenda tocando e tocando, ante un Lira ben colocado en defensa e saindo ás contras, avisaría con dous disparos de Manuel lambendo o pau. Sería Olí no minuto 76 quen nunha carreira desde o medio do campo e collendo polas costas á defensa, batiría a Riolo para por o 0-2 no marcador.
Xa no tempo de desconto no minuto 93, e cun Lira fundido fisicamente, Jesús marcou un penalti por unha man dentro da área, rematando o encontro co resultado definitivo de 1-2.

Cristian intenta marcar no Ameixenda-Lira

Laxe - Muxia (1-4)

  • LAXE: Anxo, Bras, Jacinto, Suárez, Aarón; Miguel (Gora, min.46), Borja, Iván, Samuel, Carlos e Zurich.
  • MUXÍA: José Antonio, Currás (Antonio, min.75), Pataca, Juan, Gerardo, Javi, Conguito, Martín (Santi Papi, min.70), Iván, Alxires (Man, min.80) e Jonathan.
  • Goles: 0-1, min.20: Jonathan; 0-2, min.30: Javi de cabeza; 0-3, min.50: Martín nunha boa xogada; 0-4, min.70: Jonathan; 1-4, min.85: Zurich marca un golazo de falta pola escuadra dende 35 metros.
  • Lesión: Samuel cun esguince de xeonllo.
  • Expulsión: O laxense Borja.

Segue este Laxe con problemas, e chegaba ao partido con 11 xustos (Gora chegaba mediada a primeira metade) e con Nacho no banco, acabando o partido con 9 pola lesión de Samuel e a expulsión Borja. Adiantábase xa o cadro de Suso no minuto 20 por medio de Jonathan, e con Javi de cabeza, aproveitando erros defensivos locais, e a partir de aí disfrutaron dun partido tranquilo dominado polos roxiños.


Cerqueda - Nantón (3-2)

Cerqudea e Nanton saltan ao campo de Xavina-Foto-UD
  • CERQUEDA: Ángel, Pailos, Atu, Dani, Javi Pazos, Xabi (Luchi, min.36) (Dani Añón, min.86), Sergio (Uru, min.65), Lorenzo, Dani Seaia (Javi, min.70), Darío e Martín.
  • NANTÓN: Guillermo, Dani Costa (Patelele, min.74), Carlos, Vidal, Eloy, David (Raúl, min.72), Fabio, Lareu, Luís, Martín e Iván.
  • Goles: 1-0, min.38: Darío; 1-1, min.39: Iván; 2-1, min.44: Darío; 3-1, min.48: Martín; 3-2, min.75: Luís de penalti.
  • Expulsión: Vidal do do Nantón e o local Martín por unha pequena tangana.

Partido de baixa calidade, cun Cerqueda demasiado tensionado pante a posibilidade de poñerse lider, polo que empezou nervioso e fallando moitos pases fáciles. O Nanton fixo as primeiras ocasions de perigro, pero o Cerqueda, coa entrada de Luchi, ía tomando o peso do partido, facendo dano coa súa velocidade por banda e combinando ben os seus centrocampistas aínda que sen crear ocasións claras de gol; e cun Nantón facendo moito perigo coas súas salidas á contra, onde Luis tivo dúas boas ocasións para poder adiantarse.

Pero sería o Cerqueda quen abriría o marcador cun bo gol de Darío, quen despois dun pase entre liñas se planta só diante de Guille superandoo de tiro cruzado. A reposta do Nantón foi inmediata, xa que na seguinte xogada, sería Iván quen se planta só diante do meta local colandolle o balón por entre as pernas e conseguindo así o empate. Tan só 5 minutos despois e xusto antes do descanso, Darío faría o segundo para o Cerqueda, desta volta de penalti provocado por el mesmo.

Nos primeiros minutos da segunda metade faría o 3-1 o Cerqueda por medio de Martín, despois dun regalo dun defensa do Nantón, quen non está acertado á hora de dar o pase despois dun saque de banda, entregandolle o balón a Darío quen gana liña de fondo e ponlle o balón en liña de gol ó dianteiro local, quen con fortuna envía o balón ó fondo da rede despois de que en primeira instancia lograse deter Guille. Recurtaba distancias no marcador Luís no minuto 77 de penalti, despois dunhas mans claras dun defensa local. O Nantón non foi quen de manter a calma nin facer o gol para conseguir o empate, aínda que dispuxo das súas ocasións ó final do partido, e sobretodo unha que a defensa local saca en liña de gol despois dun saque de esquina.


Castrelo - Coristanco (2-3)

  • CASTRELO: David Buxantes, Raúl, Darío, Berdoias, Marcos, Roi (Felix, min.60), Edre (Pichón, min.75), Luís, Capote, Stiven (Lucho, min.75 ), Isra (Suso, min.65).
  • CORISTANCO: Nacho, Jose (Suso, min.75), Sergio, Mato, Facal, Gonzalo, Toni, Pazos, Lagoa, Moreno (Iván, min.70) e Bértoa (Joaquín, min.75).
  • Goles. 0-1, min.16: Lagoa a centro de Facal; 1-1, min.21: Roi de penalti; 2-1, min.42: Isra; 2-2, min.63: Lagoa; 2-3, min.73: Facal.

Partido de poder a poder entre un Castrelo que xa pode competir con calquera, e un Coristanco que volvía gañar tras 8 partidos sen facelo. Empezou o equipo de Roland moito máis enchufado o partido, con fútbol combinativo movendo o balón de lado a lado e creando ocasións claras que non entraban, e o cadro de Da Silva daba facilidades en defensa. Sen embargo, era o Coristanco o que se metía por diante na súa primeira chegada. Tardou pouco en empatar o Castrelo, e o fixo no seu primeiro penalti da temporada (algo dubidoso) que transformaba Roi. Antes do descanso, o Castrelo veuse arriba, co mando e facendo o segundo tanto por medio de Isra e con outras 3 ocasións para ampliar a renda. Pero falta gol no cadro vimiancés.

Na segunda saíu algo mellor o Coristanco, que en dúas contras dáballe a volta ao marcador, e o Castrelo baixou os brazos antes de tempo. A partir de aí foi un partido de ida e volta pero sen ocasions claras. Unha vitoria fundamental dos de Da Silva, cun papel dos xuvenís moi importante. que están destacando co equipo e axudando nesta difícil etapa.


Crónicas da 3ª Autonómica

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios