Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Un Camariñas campión e os cadros da seguinte fase listos

Xuvenís: Un Camariñas campión e os cadros da seguinte fase listos
Camarinas campion Xuvenil

Deixou a xornada esta fermosa imaxe do Camariñas campión da Liga Xuvenil Norte. Un gran Camariñas, que pecha un comezo de temporada espectacular, e que xogará a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, acompañado do Cabana e do veciño Porteño, do lado norte.

Polo lado Sur a cousa aínda tiña interese, para decidir quen se metía xunto a Dumbría, campión xa hai varias xornadas, e XSC. Dous equipos muradáns para un posto. Os Miúdos non podían fallar en Arliña e malia que sufriron, e moito, sacaron a vitoria e se meten na Liguilla. Queda fóra a Esteirana a pesar do seu gran comezo de temporada.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega

Así queda a primeira xornada da Liguilla, que xa tendes completo en www.futboldacosta.com:

Liguilla Previa a Fase de Ascenso a Ligva Galega Xuvenil 2015

Un só grupo na Copa da Costa

A novidade deste curso é que só haberá un grupo na Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, 13 equipos (pode que algún se retire antes de que comece a competición esta fin de semana) a unha soa volta, dos que se clasificarán 10, que se meterán en Oitavos, cos 6 da Liguilla dos campións, para comezar a partido único o sábado 4 de abril, de Semana Santa.
O calendario xa está completo en www.futboldacosta.com:

Liguilla Copa da Costa Xuvenil 2015

Un Gran pichichi

Brais Chicote e Sergi co pichichi camarinan Javi

Impresionante o camariñán Javi Bicho, que acaba a primeira fase con 35 goles en 17 partidos, máis de 2 goles do partido… Aí é nada.

Por detrás na táboa de goleadores queda Juan de Dora, que non xogou estes últimos partidos por ir co equipo de Preferente, queda con 25 goles, con vantaxe sobre o xogador do Ponteceso Eloy (20), o laxense Adrián Lema (17), os esteiráns Juan (16) e Pablo Rama (13), ademais dos xalleiros Sergio e Anxo con 12.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 18


Corcubión - Outes (1-1)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Chava, Isma, Marcos, Goche, Mario, Germán, Maikel, Álvaro e Steven. Tamén xogaron: Joselu, David e Tito.
  • OUTES: Curu, Fran, César, Brión, Simón; Adrián, Saúl, Xurxo, Fabio, Álvaro e Borja.
  • Goles: 1-0, min.21: Goche; 1-1, min.84: Álvaro.

Partido sen moita historia, cunha primeira parte foi igualada, na que Goche adiantou aos de Senra. Os da Serra, onte dirixidos por Tomé, que ademais de coidar aos prebenxamíns, volvía cos xuvenís (algo que nos alegra moito), ían meténdose no partido pero Xurxo fallaba unha pena máxima.

Non sentenciaron os corcubioneses e Álvaro facía o empate no treito final.


Castriz - Esteirana (1-6)

  • CASTRIZ: Víctor, Richar, Luís, Cristian, Mika, Rony, Balsa, Adán, Joni, Elías, Álex e Redondo. Tamén xogaron: Varillas, Javi, Calvo, Cambón e Álex.
  • ESTEIRANA: Xacobe, Tiko (Antonio, min.76), Rafa, Tobío, Borja, Damián (David, min.65), Brais, Edu (Jaime, min.55), Manu, Juan e Fabio.
  • Goles: 0-1, min.8: Juan; 0-2, min.38: Tobío; 0-3, min.41: Juan; 0-4, min.48: Juan; 1-4, min.65: Balsa; 1-5, min.66: Manu; 1-6, min.78: Fabio.

Partido moi malo do Castriz, con moitos claros erros en defensa ante unha gran Esteirana que soubo aproveitalos, pero á que non lle chegou a vitoria para meterse na seguinte fase.


Muxía - Os Miudos (4-5)

  • MUXÍA: Roi, Jorge, Rubén, Paulo, Andrés, Diego, Marco, Tomás, Castreje, Ander e Víctor Alcaina.
  • OS MIÚDOS: Ángel, Eloy, Samuel, Álvaro, Juanche; Miguel, Tajes, Jorge, Hugo, Martínez e Saúl. Tamén: Xandre, Xabier, Anxo, Álex e Lice.
  • Goles: 0-1, min.17: Martínez; 0-2, min.18: Saúl; 1-2, min.19: Castreje; 1-3, min.21: Martínez; 1-4, min.26: Jorge; 2-4, min.57: Marco; 2-3, min.57: Víctor Alcaina; 4-4, min.780: Castreje; 4-5, min.85: Lice de penalto.

Partido estrano en Arliña entre un Muxía sen nada en xogo, con 11 xustos e o porteiro cadete de primeiro ano, e uns Miúdos que se xogaban todo. Así e todo, pasounas canutas o cadro muradán e iso que marchaban 1-4 ao descanso, tras unha gran primeira metade e tras 4 goles case seguidos dos muradáns que case sentencian o choque.

Pero o Muxía deuno todo e conseguía empatar a 4 goles a 10 minutos do final, e só contra o final, e de penalti, Os Miúdos confirmaba a súa presencia co tanto de Lice, e xa co Muxía volcado, o cadete Xabi, que deu alegría arriba aos visitantes.


Fisterra - Cee (4-1)

  • FISTERRA: Aarón, Iago, Breixo, Senra, Juanfran, Andrés (Iván), Gabi, Álex, Gabi Golpes, Asier e Gonzalo (Dani).
  • CEE: Pablo, Maikel, Iván, Pablo Trillo (Chema), Borja, Castillo, Tivi, Hugo (Brais), Xoán (Marco), Isma, Álex e Alexis (Yago).
  • Goles: 0-1, min.18: Isma; 1-1, min.18: Andrés; 2-1, min.24: Álex; 3-1, min.30: Álex; 4-1, min.86: Asier.

Partido moi tranquilo a pesar de ser un dos derbis máis intensos da bisbarra, e que o Cee se adiantaba pronto. Pero non pasaba nin un minuto e os fisterráns empataban e en apenas 10 minutos prantaban un 3-1 que case pechaba o partido. Despois dunha sosa segunda metade, con dominio alterno, de quero e non podo, Asier puña a puntiña.


Dumbria - XSC (2-2)

DUmbria-XSC Xuvenis-Foto-Santi Diaz
  • DUMBRÍA: Bruno, Portu, Jose Miguel, Canario, Cabana, Lucas, Andrés, Cacha, Charly, Maikel e Pablo. Tamén xogaron: Abuelo, Samuel, Isma e Mauro.
  • XSC: Coke, Pérez (Isma, min.65), Xoel, Carlos, Rubén (Dani, min.60), Fabián, Tefy (Parri, min.73), Adrián, Barbeira, Anxo e Chiki (Torres, min.75).
  • Goles: 1-0, min.5: Maikel; 2-0, min.10: Charly; 1-2, min.44: en propia meta; 2-2, min.52: Adrián lanza unha falta que entra tras rebotar nun defensa.
  • Expulsión: o xalleiro Anxo (min.65).
Dumbria -XSC de Xuvenis-Foto-Santi Diaz

Os dous conxuntos chegaban cos deberes feitos e só se trataba dun partido bonito para rematar ben o campeonato, posto que tanto locais coma visitantes xa conseguiran asegurar a súa clasificación para a "liguiña" de ascenso que se sorteaba este luns ás 20 horas no Auditorio do Pavillón Polideportivo de Baio.
Dous equipos que chegaban clasificados e que tomaban o partido como unha toma de contacto con repecto a liguilla. O Dumbría moitas baixas, como Juan de Dora, Roberto, Jano, Yeray e Roberto (os 5 convocados co equipo de preferente) e os lesionados Edu, Luís, Paulo e Josiño.

Comezou o Dumbria dominando e chegando claro a nosa área nos mellores 30 minutos case que da temporada. E marcou pronto dous tantos, o que obrigou a Rubén Forján a subir liñas, facéndose algo máis co control do balón e chegando, como na primeiro gol en propia meta tras unha boa xogada pola banda esquerda.

A segunda metade empezou como finalizou a primeira. cun Dumbría un pouco estático en ataque, e con algo de sorte, de novo, empataba o cadro xalleiro. Pero pronto quedaba con 10, e o Dumbría volveu coller o balón, combinando e intentando crear perigo coma nun tiro de Pablo Pardiñas ao pau. O XSC á contra tamén chegou coa rapidez de Barbeira e Adrián, pero o marcador non se movería.

Os dous conxuntos volverán a enfrontarse na segunda fase do campionato!


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 18


Malpica - Zas (3-6)

Malpica xuvenil ante o Zas-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Miguel; Brais Álvarez, Gende, Álvaro (Manuel, min.75), Sebas, Cristian Villar, © Eloy, Adrián, Sergio, Xulián e Carlos (Arcay, min.69).
Zas Xuvenil ante o Malpica-Foto-Luis POrto
  • ZAS: Ferreiro; Rubén (Brais, min.77), Carlos, Lodi (Andrés, min.58), Darío, Ternande (Álvaro, min.49), Adrián, Manu, Andy, Samuel (Dani Mato, min.58) e Juan.
  • Goles: 0-1, min.7: Andy; 1-1, min.44: Cristian Villar de tiro raso; 2-1, min.48: Eloy tras unha gran xogada de Sergio; 2-2, min.56: en propia; 2-3, min.64: Dani Mato aproveita unha liorta na área; 2-4, min.71: Andrés tras un regalo do meta Miguel; 2-5, min.83: Dani Mato; 3-5, min.85: Arcay; 3-6, min.88: Andrés.
  • Lesións: mancados por problemas musculares, o visitante Ternande, (m. 49) e os locais Álvaro, m. 75 e Eloy (min.80), que deixaba aos malpicáns con 9 sobre o campo.
  • Expulsións: o malpicán Gende no min.68.
Zas-Malpica xuv-Foto-Alejandro Mel

Bo partido en Pedra Queimada entre un Malpica que deu unha boa imaxe a pesar da derrota e que non mereceu perder. Os malpicáns fixeron unha gran primeira metade, e mesmo se colocaban por diante nos primeiros compases da segunda, despois de numerosas chegadas á meta zaense. Pero unha “pájara” aos 10 minutos da segunda, e a expulsión e as lesións fixeron mella no cadro de Fernando Varela que acabou sucumbindo con 9 sobre o campo.

Zas-Malpica xuv-Foto-Alejandro Mel

Cabana - Coristanco (1-2)

  • CABANA: Vázquez, Kevin (Javi, min.60), Grille, Aurelio, Reigía, Mateo (David Muíño, min.77), Álex (Álex Fraga, min.75), Laik (Martín, min.80), Redondo, Cristian e Pablo (Ferreiro, min.60).
  • CORISTANCO: Alberto, Iván, Suso (Navarro, min.46), Varela, Javier, Jorge (Brandón, min.65), Sergio, Cristian (Joni, min.46), Rubén, Joaquín e Gabriel (Anido, min.65).
  • Goles: 0-1, min.37: Cristian de penalti; 1-1, min.59: Cristian; 1-2, min.90: Brandón de penalti de novo.

Partido moi disputado nas redondas donde un Coristanco moi metido en todo o momento no partido consegueu levarse os 3 puntos en xogo a base de poñer moita intensidade no encontro.

Por certo, que Lorenzo deixou o Coristanco e o sábado xa tomou o relevo Carlos Zurdo.


Baio - Laxe (3-3)

  • BAIO: Jose Manuel, Rai, Javier, Paco, Alfonso, Alberto, Estefan, Miguel, Jose Antonio, Gómez e Fariña. Tamén xogaron: Ayoub, Moreira e Pablito.
  • LAXE: Diego, Nico, Sergio Soesto, Galgo, Djamel, Elías (Martín, min.70), Ferri, Adri, Mouri, Santi e Uxío (Borja, min.46).
  • Goles: 1-0, min.35: José Antonio; 1-1, min.42: Adri tras un gran pase de Santi; 1-2, min.55: Adri; 2-2, min.65: Miguel; 3-2, min.75: Paco; 3-3, min.85: Ari.

Partido de alternativas sen un dominador claro. Empezou mellor o equipo visitante, querendo e dominando o balón, pero sen moita profundidade. Foise asentando o Baio pouco a pouco. Adiantarianse estes por medio de Jose Antonio pero pouco lle durou a alegría aos de Julio xa que o equipo de Toni empataria antes do descanso, por medio de Adri, que foi o protagonista visitante.

Á volta do descanso, entraron mellor os locais e cambiando os papeis. Adiantáronse os laxenses. Volveuse o partido nun ida e volta no que o Baio. Primeiro igualou por medio de Miguel e despois remontou con gol de Paco. No último empurron empatou o Laxe cun novo tanto de Adri, deixando un resultado que fixo xusticia os méritos dos dous


Corme - Porteño (4-2)

Imaxe do Corme-Porteno-Foto-Fin Lema
  • CORME: Fran, Rubén (César, min.78), Cristian, David, Ángel, Isma (Truli, min.67), Eloy, Kike, Bruno (Manu Porteiro, min.70), Samu (Eloy, min.59) e Manu (Isaac, min.67).
  • PORTEÑO: Oli, Dani, Gonzalo (José Manuel, min.60), Bruno, Aarón, Antonio (Xoel, min.46), Josiño, Rodry, Mario, Maikel (Robi, min.46) e Matías (Borja, min.46).
  • Goles: 1-1, min.22: Kike; 1-1, min.32: Mario de penalti; 2-1, min.55: Kike; 2-2, min.58: Borja de falta directa; 3-2, min.65: Manu; 4-2, min.73: Isaac marca un golazo.
  • Expulsión: o cormelán David no min.69.
Banquino do Corme-Porteno-Foto-Fin Lema

Tiña sentenciado o pase o Porteño, e menos mal, porque chegaba, de novo, sen porteiro o equipo de Ordóñez, e sufríu ante un gran Corme que se queda sen liguilla a pesar do seu gran fútbol. O partido foi máis igualado do que reflicte o marcador final, se ben o Corme sempre foi por diante pero o Porteño soubo empatar ata en dúas ocasións.

Na segunda, os cormeláns aproveitaron mellor as ocasións e sentenciaron o partido.

Gol-do-Corme-Xuvenil-ante-o-Porteno-Fotos-Fin-Lema

Ponteceso - Camariñas (1-4)

  • PONTECESO: Dani Villar, Adrián Pose, Mourelle, Regueiro, Ismael, Sergio, Ismail, Esteban, Eloy Álvarez, Diego Ferreiro e Iván. Tamén: Rubén, Marcos, Pedro, Javi Busto e Álex.
  • CAMARIÑAS: José Luís, Juan, Pose, Miguel, Sergi (Facundo, min.68), Adrián (Pifo, min.70), Álvaro (Cuki, min.46), David, Espi, Chikote (Felipe, min.65) e Javi (Brais, min.75).
  • Gol: 0-1, min.14: Javi; 0-2, min.16: Javi; 1-2, min.64: Esteban; 1-3, min.65: Sergi; 1-4, min.77: Javi.

Campión queda o Camariñas tras superar este partido, que preocupaba aos de Javi Baña pero que pronto Javi, para non variar, solventaba con dous tantos en 15 minutos. O Ponteceso chegaba con baixas, mesmo sen porteiro, e apenas puido aguantar as embestidas viistantes.

Na segunda metade chegouse a poñer o equipo de Curro 1-2, pero o Camariñas volvía meter a marcha e no seguinte minuto sentenciaron e puideron disfrutar da festa no Pinguel, e despois durante a noite na vila do Encaixe.

Parabéns á toda a familia camariñá!


Crónicas dos Xuvenís

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios