Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Xornada de vitorias e despedidas para o balonmán costeiro

Xornada de vitorias e despedidas para o balonmán costeiro
O carballes Pablo ficha polo Frigorificos do Morrazo da liga ASOBAL

O Bm. Camariñas sumaba unha nova vitoria e ascende á 5ª praza aproveitando a derrota do Seis do Nadal, estando empatado con 18 puntos co 4º, o Rasoeiro. En todo caso, os 3 de arriba xa sacan 5 e 6 puntos aos conserveiros.

Disputouse ademais a vixésima xornada da liga de 1ª Estatal na que o Calvo Xiria se desprazou a Bueu, e na que o conxunto carballés fíxose cos dous puntos en xogo, o que fai que se manteña na segunda praza da táboa clasificatoria.
O que non se pode esquecer é a carga emocional que tiña esta xornada para os verdibrancos, xa que supuxo a despedida de Pablo coma xogador do Calvo Xiria, toda vez que a partires deste luns estará a disposición do Frigoríficos do Morrazo da liga ASOBAL ate final de tempada. Escolas Balonmán Xiria deséxalle o mellor nesta nova andaina.

En categoría feminina, partido moi completo das espartanas de Camariñas que se levan 2 puntos importantisimos ante o Sar. E o fixeron cunha grandisima actuacion de Karen na portería que fixo o seu mellor partido de toda a temporada. I é que de seguir con este xogo, poden optar a algo gordo na liga, pois aínda está todo por decidir.
Ao tempo, non se deixou sorprender o Goldie Xiria tamén na 1ª Galega, e acadou unha nova vitoria diante do Balonmán Ferrolterra.

1ª División Autonómica, xornada 15

  • Resultado: Bm. Camariñas – C.D. Conxo (26-24)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (4), Fary (6), Diego Alonso (1), Eusebio (1), Jaime, Ángel, Borja (9), Fabio, Xabi (1), Catalán (3), Damián, Antelo (1).

Moi bo partido o que se viu na tarde do sábado no Areal. Dous equipos que moveron moi ben o balón e mantiveron o suspense ata o final, gañando o equipo local, pois os de Camariñas quizais fixesen máis meritos que os santiagueses.

Excelente partido o que realizou o central camariñán Fary, cunha capacidade de desbordamiento impresionante que volveu tola á defensa visitante. Cabo destacar tamén a capacidade goleadora de Borja e do eterno Alan.
O Conxo, deu unha impresión excelente, todo o contrario ao que poderiamos imaxinar mirando a clasificación.
Destacar a Ismael Sobrino, Mariño e Diego.

1ª División Estatal, xornada 20

  • Resultado: SERVIAUTO BUEU ATL - CALVO XIRIA (23-31).
  • Calvo Xiria 31 (15+16): Iago [p], Ramón (4), Rubén (2) , Sergio (7), Chimpo (7), Brais (3), Zas (1)- equipo inicial- Naya [p], Zúpez [p], Pablo (3) , Gonzalo (1), Calvete, Martín (2), Javi (1).
  • Marcador: 1-2, 4-3, 6-9, 8-11, 10-12, 13-15 (descanso); 14-19, 14-22, 17-24, 18-28, 20-29, 23-31.
  • Colexiados: Ana Correa Araújo e Soraya Abelenda do colexio galego. Excluíron por parte local a Andrés (10´), José (30´ e 36´) e Alejandro (47´e 51´) mentres que polo bando visitante sancionaron a Sergio (17´e 41´), Gonzalo (22´), Zas (23´) e Brais (44´).

Houbo partido mentres o Calvo Xiria non puxo a súa defensa ao nivel que nos ten acostumados. E iso non foi ate o segundo tempo. Os primeiros trinta minutos foron igualados debido en gran parte á relaxación defensiva carballesa que permitiu que os xogadores locais xogasen cómodos e acadasen lanzamentos dende os seis metros. As axudas tardías provocaron que o Bueu tivese sete lanzamentos de 7 metros ao seu favor nese período. So as paradas de Iago e as aportacións individuais ofensivas permitiron que ao descanso o conxunto carballés marchase cun +2 que deixaba todo o traballo por facer.

Mais o paso polos vestiarios transformou ao Calvo Xiria que en dez minutos acadou un parcial favorable de 1-7 que deixaba visto para sentencia o partido. A partir dese intre uns e outros deixaron pasar os minutos agardando o asubío final.

Agora o Calvo Xiria ten unha semana de descanso coincidindo co Antroido, e non será ate o 8 de marzo que teña o seu seguinte partido, no Vila de Noia, ante o Lavadores de Vigo.

1ª División Galega Feminina, xornada 20

  • Resultado: Bm. Camariñas - Sar (23-19)
  • Parcial ao descanso: 12-6.
  • BM. CAMARIÑAS: Karen (p), Mónica (3), Sara (11), Alicia (1), Maria Oanes (1), Karina, Aida (5). Tamén xogaron: Cris Sande, Cris Barreiro (1), Tina (1), Raquel, Vero, Cris Caamaño e Nerea.

Saíron as de Camariñas con gañas de demostrarlles ás de Redondela que o da primeira volta só foi un mal partido e que están para competir con calquera, defensas moi xuntas e con moita intesidade que facían inútiles os ataques das visitantes. Ataques rápidos que serviron para chegar o descanso con un marcador claro de 12-6.
Segunda parte coa misma actitude en defensa e que se atragantou o ataque só ó final cando as do Sar recurtaron ata o resultado final de 23-19.

Partido da semana que vén contra o Ferrolterra que sempre se lle atraganta ás espartanas, pero con esta actitude todo pode cambiar.

1ª División Galega Feminina, xornada 20

  • Resultado: GOLDIE XIRIA - BM FERROLTERRA (23-19)
  • Parcial ao descanso: (10-11)
  • GOLDIE XIRIA 23 (10): Sara e Brenda (p), María , Lucía , Juana 5, Adriana, Cris 4, Jessica 3 (equipo inicial) Raquel 5, Marta 6, Tamara , Zeltia, Sandra e Manón.
  • Marcador cada 5 minutos: /2-3/ /3-5/ /5-6/ /6-8/ /8-9/ /10-11/ /13-12/ /16-14/ /18-14/ /19-15/ /21-17/ /23-19/

Non empezaron ben as cousas para as carballesas que foron a remolque toda a primeira metade, acusadas pola precipitación nas xogadas de ataque onde querían resolver pronto o encontro, perdoando diante da portería rival, o que se trasmitia con dúbidas na defensa. De todos os xeitos as diferenzas sempre oscilaron entre un e dous goles e o Xiria sempre estivo no partido.

Tornou a defensa o Goldie na segunda metade, trocando de ese 5:1 presionante a un 6:0 que arropaba máis a súa portería e ía asentando o que a larga sería un novo trunfo para estas xogadoras que claramente cada día van a máis. Boa segunda metade no ataque do Xiria onde destacaron, a reaparecida logo da sua lesión, Marta e a xuvenil Raquel que non perdonaron diante da portería rival.

A vindeira fin de semana toca viaxar, será a Tui, e o Goldie viaxará, como non, coa intención de seguir a sua racha de vitorias nesta Primeira Autonómica.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios