Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Xornada de vitorias e esperanza para o balonmán costeiro

Xornada de vitorias e esperanza para o balonmán costeiro

Intenso partido no Areal, cunha vitoria moi traballada do Bm Camariñas ante o Pontedeume. Unha vitoria técnica, pois os locais xestionaron os tempos mortos no momento xusto 72 goles son moitos goles para un partido de balonmano, nun choque no que as defensas esquecéronse do seu labor e o partido se decidíu en ataque con goles cada 45 segundos.
Queda 6º o Bm. Camariñas, máis preto da zona de arriba que da de abaixo. O próximo partido será contra o líder, o Artai Poio, e alí demostrará o Camariñas se é capaz de asaltar o pelotón de cabeza, ou se mantén na metade da táboa.

Ademais, o Calvo sumaba 2 puntazos na 1ª Estatal, mentres que en categoría feminina, partido moi serio de todas as xogadoras do Camariñas no que non deron ningunha posibilidade ás do Lalín a meterse no encontro. Seguen as camariñáns na procura da final soñada.
Mentres, en Ourense, táboas no marcador entre o Goldie Xiria e o Pabellón Ourense, ao igual que sucedera no partido da primeira volta que os enfrentou.

1ª División Autonómica, xornada 13

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Pontedeume (37-35)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (4), Fary (8), Diego Alonso (1), Eusebio (3), Jaime, Checho, Borja (11), Fabio, Catalán (6), Perón, Damián (1), Antelo (3).

O Conservas Boya figura entre os equipos máximos realizadores do campionato, así como, un dos máis goleados. Mereceu gañar o Camariñas, xa que se soubo impoñer a un equipo ben organizado, que enseguida viu as carencias locais, impoñéndose no marcador da primeira metade. Aos poucos os locais fóronse facendo co partido a base de xogo e xogadores xa que anotaron practicamento todos os xogadores que saíron, mentres que os visitantes basearon o seu xogo en 3 moi bos xogadores.

1ª División Estatal, xornada 18

  • Resultado: BM PABELLÓN OURENSE - CALVO XIRIA (26-33).
  • Calvo Xiria 33 (20+13): Iago [p], Ramón (1), Rubén (3) , Sergio (3), Chimpo (1), Javi (2), Manuel (3) - equipo inicial- Naya [p], Pablo (10) , Gonzalo (1), Zas (3), Calvete (5), Martín (1).
  • Colexiados: Lucas Crespo Gómez e Pablo Álvarez Vázquez do colexio galego. Excluíron por parte locla a Varela (15´), Campos (37´), Noguerol (48´), Mari (52´) mentres que polo bando visitante sancionaron a Sergio Ramón (12´e 39´).
  • Marcador: 0-4, 3-6, 5-10, 6-15, 8-19, 11-20 (descanso); 14-21, 16-22, 19-24, 21-27, 22-31, 26-33.
Acadou dous puntos o Calvo Xiria na súa visita ao colista da categoría. O partido non tivo emoción e deixou ben de manifesto a diferenza que actualmente hai entre os dous equipos. A defensa carballesa fixo uns bos vinte minutos e apoiados nas recuperacións de balón e nas paradas de Iago foi ampliando a diferenza ao seu favor no marcador. Tanto foi así que nese intre de partido o electrónico sinalaba unha vantaxe de +9 para os carballeses. Foi o que durou o partido, xa que os carballeses decidiron gardar forzas para o que queda de liga, iso si, sen por en perigo a vitoria. O segundo tempo foi un trámite para todos, incluídos os colexiados, deixando pasar os minutos pensando xa na seguinte xornada. Logo de dúas xornadas lonxe do Vila de Noia o Calvo Xiria xoga este sábado ás 18:00 horas na súa casa ante Granitos Ibéricos, un equipo que a pesar da posición que ocupa xa puxo en moitos apuros aos carballeses na primeira volta.

1ª División Galega Feminina, xornada 18

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Bm. Lalín (22-15) ( 13-7)
  • Balonmán Camariñas: Karen (p), Mónica 4), Laura 5), Aida 2), Sara 5), Tina 1), Maria Oanes. Tamén xogaron: Alicia, Vero, Nerea, Cris Sande 2), Cris Caamaño 2),Raquel e Karina (1).

Primeira parte moi boa en defensa, con unha gran Karen na portería que serviu para realizar moitos contrataques e goles fáciles gracias as transicións rápidas. O resultado xa o decia todo o finalizar a primeira parte (13-7). Na segunda seguiron a defender con moita intensidade e a conservar o resultado ata o pitido final.

Moi bo traballo de cara as dúas semanas mais complicadas que lles queda ó equipo xa que esta semana visita a Caselas, 6ª clasificado a tan só 4 puntos das nosas e para semana recibe a Sar, 3º clasificado.

1ª División Galega Feminina, xornada 18

Comentarios