Xuvenil Norte: O Malpica case que sentencia a liga e o Ponteceso queda momentaneamente fóra
Volveu a Liga Xuvenil, con tan só 3 partidos por diante para acabar a Liga. Pero a loita mantense dura, sobre todo por meterse entre os 4 primeiros de cada grupo que xogarán a segunda liguiña, na que os 2 mellores equipos irán á Fase de Ascenso á Liga Galega. Os que non se clasifiquen xa saben que xogarán unha, algo sosa, Copa Xuvenil.
Apuntamos que a Federación xa confirmou que os xogadores pasan limpos de tarxetas para a seguinte fase.
O Malpica xa ten asegurado un posto entre os 4 primeiros, pero é o único dos de arriba que pode relaxarse, malia que de seguro non sudecerá así e os malpicáns van querer refrendar o seu podería co título de campión. Un triunfo que ten de cara tralo empate do Dumbría B ante o Cabana, que lle deixa o campionato na man aos seus rivais de ría.
O que queda fóra momentaneamente dos postos de arriba é o Ponteceso, que non podía superar a pegada do líder a pesar de tratalo cara a cara. Os de Mato quedan a 2 puntos do Baio, que empataba co Camariñas no partidazo da semana. Un empate que si lle vale ao Camariñas, que queda 3º con 6 puntos sobre o Ponteceso.
Camariñas - Baio (2-2)
- CAMARIÑAS: Álvaro, Martín, Diango, Manuel, Santi; Caamaño (Saviola, min.55), Gatusso, José Carlos (Carliños, min.70), Nené, Nazo e Yuyo.
- BAIO: Guillermo, Maikel, Iago, David, Pablo, Fachal, Rafa, Lucas, Bieito, Valentín, Martín.
- Goles: 1-0, min.25: José Carlos; 1-1, min.65: Valentín; 2-1, min.70: Diango; 2-2, min.80: Gatusso, en propia meta.
Enfrontábanse terceiro e cuarto tras o parón navideño no Hermanas Patiño e o choque foi tan igualado como se podía prever. O Baio tentaba saír co balón xogado en todo momento e ao comezo do choque foi dono e señor, ata que mediada a primeira metade, tras unha boa xogada do Yuyo, anotaba José Carlos ao estar moi rápido e aproveitar o rexeite do porteiro baiés Guillermo, moi ben durante toda a tarde. O gol fixo espertar ao conxunto camariñán que viu como Yuyo fallaba un man a man, e máis tarde Caamaño, cun espectacular tiro lonxano, e a continuación José Carlos se estrelaban contra o pau.
Tralo tempo de descanso, máis do mesmo. O Baio tiña o balón e chegaba con perigo, e o Camariñas contaba á contra tamén facía dano. Foi moi protestado un penalti por parte dos locais debido a mans dun defensor do Baio, pero o colexiado non apreciou a acción e pouco despois empatarían os blanquiazuis tras un fantástico pase ao oco dun inspirado Bieito. Diango volvería a poñer por diante aos seus pouco despois tras a saída dun córner e cando parecía que os locais se quedaría cos tres puntos, unha falta dende o medio do campo sen aparente perigo provocou un malentendido entre Gatusso e o porteiro local e o balón acabou dentro da portería, para satisfacción do Baio.
Os dous conxuntos teñen cada vez máis cerca o pase a seguinte liga e polo visto ata o momento parece que poden ter un papel máis que relevante se continúan nesta liña de xogo e resultados.
Dumbría B - Cabana (3-3)
- DUMBRÍA B: Brais, Yeray, Denís, Toja, Isma, Adrián (Iago, min.65), Jesús, Rodrigo, Picallo, Mario (Yerai, min.65).
- CABANA: Sergio, Valiña, Alex (Pazos), Mato, Dani, Pablo, Aless, Moreno, Rubén (Eliseo), Iván e Stefa.
- Goles: por bando local Jesús (2) e Picallo; e Moreno (2) e Eliseo por bando cabanés.
Empatiño que deixa o título nas mans do Malpica. E iso que o Dumbría B de Ángel López Canosa comezaba forte e a primeira parte remataba con 3-1, cun claro control local. Pero tralo descando, as lesións de Denís e Mario e a entrada dos cadetes Iago e Yerai mermaron as forzas dos dumbrieses permitindo que o Cabana se viñese arriba. Moreno e Eliseo abandeiraron a remontada e o partido rematou nunhas táboas, xustas visto o visto na primeira e na segunda metade.
Laxe - Zas (0-8)
- LAXE: Anxo, Diego, Mosqueira, Nucho, Rellán, Djamel, Carril, Adrián Suárez, Adri Lema, Manu, Dani (Adelantado, min.46).
- ZAS: Tívoli (Miki, min.46), Josito, Quintáns, Gonchi, Esteban, Kevin, Ismael (Tomás, min.65), Oscar, Víctor, Iago, Pastor (Pablo, min.60 (David, min.70)).
- Goles: Pastor (3), Víctor (2), Iago, Kevin, Josito.
- Lesión: o zaense Pablo.
Pouco se lle puido pedir ao Laxe de Toni, que pelexa o que pode con só 12 xogadores. O Zas, agora con Manolo Corredoira á fronte, acompañado por César, demostrou o seu poderío e seguro que vai ir pola Copa. Dende o comezo xa dominou o choque, e xa aos 20 minutos asinaba o 1-0. Os laxenses protestaron que o segundo tanto puido ser en posible fóra de xogo, pero partido marchou 3-0 ao descanso xa sentenciado. Pastor e Tívoli puideron marcar algún tanto máis.
Coristanco - Muxía (8-1)
- CORISTANCO: Nacho, Pichel, Martínez, Corral, Cristian, Naya (Iván), Damián, Adrián (Martín), Rubén, Magovi, Gonzalo.
- Goles: Gonzalo (4), Magovi (2), Damián e Pichel por bando local. Pesi por bando muxián.
- Expulsión: o adestrador coristanqués Lorenzo sen apenas abrir a boca.
Saíu algo tenso o Coristanco á Rocheira ao principio e mesmo comezou perdendo. Pero de contado se puxo o mono o Coristanco que empatou e conseguíu poñerse 2-1 ao descanso. Na segunda o cadro local fíxose co partido e entenciou de contado, con 4 tantos de Gonzalo e 2 de Magovi.
Malpica - Ponteceso (3-0)
- MALPICA: Jesús; (Ángel, min.87), Javier, Jorge, Pereira, Pepis, Joro, (Miguel Ángel, min.70), Juny, Quintas, (Luísma, min.55), Martín Uruguaio, (Víctor Novo, min.63), Adra, (Martín Maradona, min.73), Eme.
- PONTECESO: Xurxo; Lorenzo, (Yago, min.46), Collazo, Cotelo, Guille, Puente, (Eloy, min.67), Valle, Borja, Jorge, (Mendi, min.83), Recarey, Fabián, (Yousef, min.70).
- Goles: 1-0, min.7: Jorge de cabeza a centro de Juny. 2-0, min.44: Eme, en falta directa dende uns 48 metros. 3-0, min.52: M. Uruguaio remata un pase atrás de Adra.
Non descansa este potente Malpica. Esta semana tiña un serio compromiso ante un dos que loitan polas 4 prazas de arriba pero a pegada dos locais foi demasiado para os novos xogadores pontecesáns. Así e todo, os de Mato puxeron as cousas moi, pero que moi complicadas aos locais. De feito, o peso do partido levouno o cadro visitante ante uns xogadores locais que se cadra non durmiran demasiado tralas festas de San Xulián...
O Ponteceso movía o balón con moito criterio e chegaba con relativo perigo, pero se carecendo do que mellor fai o Malpica, o remate a gol. Ademais, os visitantes protestaron un par de accións arbitrais que puideron sen claves, como un penalti na área malpicán co 1-0 no marcador.
E aquí vos deixamos con este vídeo do primeiro gol do partido, que nos cede Jorge Parge a través do noso Tuenti.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Máis apretada se cabe a parte de arriba.
- 2ª Autonómica: As cousas continúan como acabou o 2011.
- Preferente: Sorpresa en Fontenla para abrir o ano.
- 1ª Autonómica: O Cee recupera o ton e o Ponteceso desaparece.
- Resultados do fútbol da Costa na primeira fin de semana do 2012.
Máis novas
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- O poder dos Miúdos.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Jorge Domínguez, Roco, Pablo Conde, De la Sierra, blog do Malpica de Luís E. Porto.
- Vídeo de Jorge Parga.