Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Un campión, un clasificado e unha loita por dúas prazas

Xuvenil Sur: Un campión, un clasificado e unha loita por dúas prazas

A piques de rematar estas tremendamente curtas Ligas Xuvenís. Un formato o destas ligas que non convence a ninguén e que fai prantexar a máis dun equipo se prefire quedar 4º e meterse na seguinte fase polo ascenso á Liga Galega, ou quedar 5º e ir á Copa. I é que privar aos mellores equipos da categoría de xogar a Copa da Costa é un castigo máis que un premio.
A isto hai que engadirlle dos 8 equipos que se clasifiquen para a vindeira rolda (unha liguiña con 14 xornadas), só os 2 mellores equipos irán á Fase de Ascenso á Liga Galega, na que terán que superar outras 3 eliminatorias para ascender.

Como é posible pois que a Liga Xuvenil non adquira xa un formato habitual con 20 equipos?

Xa no meramente deportivo, a Liga Xuvenil Sur xa ten campión. O Cee demostrou a súa supremacía e tras 16 xornadas, a falta de 2 para o final, non coñece a derrota. Ademais, o balance de goles é moi positivo, con 61 a favor e só 8 en contra.
O que tamén tivo tempo para celebracións foi o Fisterra, que certificou a súa clasificación para a vindeira rolda vencendo en Mazaricos.

A loita segue moi quente por esas 2 prazas restantes. Soneira, Santa Comba e Outes seguen nun pano tras esta xornada na que os xalleiros caían anteo líder, e na que Soneira e Outes empataban. O encontro entre Santa Comba e Outes da vindeira semana será clave, e na última, os xalleiros terán outro enfrontamento directo ante o Cee.

Como detalle, destacar que esta semana houbo 2 porteiros goleadores, algo non moi haitual. O ceense Iván asinaba un penalti para a vitoria ante o Santa Comba, e ademais, Abelleira, meta do Corcubión, macou dende a sçua portería un gol ademais clave na vitoria ante o Dumbría A.

Cee - Santa Comba (4-0)

  • Goles: 1-0, min.55: Chiru tras unha combinación entre José Ramón, e Carlos; 2-0, min.60: o meta Iván de penalti cometido sobre Chiru; 3-0, min.75: Rubén; 4-0, min.80: Ruben.

Celebraba o Cee o título da Liga Xuvenil Sur tras vencer ao Santa Comba con máis comodidade da agardada. E iso que o partido comezaba con moito respeto, dous equipos que non cometeron riscos nin erros, cun vento predominante a favor do conxunto visitante. Tanto respeto que apenas houbo ocasións de gol e o marcador non se moveu nos primeiro 45 minutos.

Tralo descanso, o Cee aproveitouse do vento a favor para poñerse por diante, sentenciar o choque e celebrar o título.
Aquí vos deixamos cun vídeo homenaxe que os afeccionados ceenses lle brindan aos xogadores.

Mazaricos - Fisterra (3-5)

  • MAZARICOS: Iván, Fran, Javier, Carballa, Mipadre, Alberto, José (Oreiro, min.70)., Sandelo, Mario (José Ángel, min.70), Molinos, Alex (Ferreiro, min.70).
  • FISTERRA: David, Cartamil, Javi, Noé (Miguel, min.74), Rubén, Cote, Gabriel (J. Manuel, min.76), Champi, Gonzalo, C. Hidalgo, Manuel (Iski, min.80).
  • Goles: 1-0: Cote (descanso); 2-0: Cote; 3-0: Gonzalo; 4-0: Manuel; 4-1: Molinos; 5-1: Manuel; 5-2: Sandelo; 5-3: Oreiro.
  • Chegaba o Mazaricos mermado porque os Oreiro, Ferreiro e José Ángel quedaban no banco ao seren convocados para o partido da tarde co equipo da Liga da Costa. Aproveitou estas baixas o Fisterra, que dominou a primeira metade. Así e todo, a defensa mazaricá estivo firme e só permitiu un tanto, de Cote, antes do descanso.

    Saíu a sentenciar o cadro de Roco na segunda e en 15 minutos xa marchaba con 4-0. Foi aí, e só a falta de 20 minutos cando a dupla de adestradores Brais e Kevin (xogadores no equipo da 2ª) sacaron a artillería, e o equipo o notou. Foise arriba o Mazaricos e Molinos, Sandelo e Oreiro recurtaron, pero a remontada xa era imposible.

    Esteirana - Muros (2-0)

    • ESTEIRANA: Matías, Meco, Abel, Codesido, Chus, Eloy, Jacobo, Canario, Adrián (Jumber, min.30), David, Ruso (Foguete, min.80).
    • MUROS: Trozo, Santi de Pura, Abadín, Malaca, Juan, Marcos, Javi Pacola, Alberto, Moncho, Santi Berberecho, Javi de Vístete. Tamén xogaron: Iván, Sergio, Samuel, Diego.
    • Goles: 1-0, min.30: Adrián; 2-0, min.75: Ruso.
    • Expulsión: ao cadete muradán Juan por protestar.
    • Lesión: Jumber no nocello.

    Tenso derbi no Xosé Luís Vara cheo de adrenalina no céspede pero tamén nas bancadas. Foi un partido duro, bronco, sen demasiado xogo con máis balóns longos e máis balóns a río que pases cortos. E non faltou a polémica, como a tangana protagonizada no ecuador da segunda metade. Tangana que non foi a máis, pero que segue sen ser recomendable.

    No deportivo, a Esteirana quedou cos 3 puntos porque foi máis eficaz. Se ben tivo un lixeiro dominio territorial, a efectividade foi clave, e se Adrián e o Ruso non fallaron nas mellores ocasións dos esteiráns, os Marcos e Javi Vístete non aproveitaron as do cadro muradán.

    Ao final, 3 puntos que de pouco valen, e unha nova bronca entre veciños.

    Outes - Soneira (2-2)

    • OUTES: Jona, Rafa, Sergi, Juan (Piti, min.68), Alex, Pablo, Chía (Maduro, min.75), Michi (Abraham, min.83), Elías, Babu e Edu.
    • SONEIRA: Víctor, Rubén (Toja, min.80), Pichón, Héctor, Curra, Cacgi (Borja Cadete, min.52), Cristian Canosa, Chirri, Cristian Figueroa, Picachu e Capote (Suso, min.70).
    • Goles: 1-0, min.16: Edu; 1-1, min.47: Picachu, tras rexeite do pau; 2-1, min.81: Edu; 2-2, min.86: Chirri, tras un bo pase de Toja.

    Partido moi intenso no Conchido entre dous equipos separados por un punto e cunha praza para pasar a seguinte liga en xogo. Ambos equipos demostraron ter moita pegada de medio campo para arriba e houbo numerosas ocasións de gol, sendo os locais os que máis disfrutaron delas. Co 2-1 a un no marcador o Outes tivo a sentenza nunha contra, fallaron e na seguinte xogada o Soneira empataba e mantense entre os catro primeiros da liga, mentres que o Outes terá que ir a Santa Comba, equipo co que empata a puntos e perdeu o primeiro partido, a gañar para cando menos colocarse cuarto.

    Corcubión - Dumbría A (3-0)

    • CORCUBIÓN: Abe, Adrian, Toni (Martín, min.64) , Pablo, Lema, Javi (Mario, min.78) , Sergio, Lagoa , David (Manu, min.71), Adri.
    • DUMBRÍA: Rubén, Adrián (Rubén, min.71) , Eduardo, Samuel, J.M Perez, Jose Manuel (Yago, min.80), Juan Manuel (Carlos, min.78), Marco, Antón (Israel min.64), Martin, Javier.
    • Goles: 1-0, min.48: Lagoa a centro de Adri; 2-0, min.55: o meta Abelleira de saque dende a súa porteria; 3-0, min.60: Adri.

    Na primeira parte predominou o forte vento e tan só houbo un par de ocasións claras por parte do Dumbría cun tiro ao longueiro e unha falta no borde da área que se foi fora.
    Na segunda metade chegaron os goles unha vez que o Corcubión tivo a favor o vento. Aos 3 minutos da reanudación Lagoa aproveita un centro de Adri dende a línea de fondo para rematar diante do porteiro. Ao sacar de centro chega unha boa ocasión por parte dos visitantes que marchou a córner; E nesa mesma xogada, chegou a xogada clave do partido: Abelleira saca en longo co pé un balón que colle moito perigo e marca gol dende a sua portería ante un intento fallido do porteiro dumbriés de atallalo. No minuto 15 Adri aproveita un balón en longo para marcar de vaselina ante a saída do meta. 3-0 que mataría o encontro sen máis ocasións dos dous conxuntos.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

Comentarios