venres. 08.11.2024
El tiempo

Xuvenís: Intensidade na Liguilla e desidia na Copa

Xuvenís: Intensidade na Liguilla e desidia na Copa

3ª xornada das 2ª fases e as cousas parece que se van clarexando. Pero a gran diferencia entre as a Liguilla dos de arriba a da Copa fai necesaria unha nova reflexión. Mentres a intensidade é a protagonista na Liguilla Previa á Fase de Ascenso, a desidia invade aos 12 equipos que participan na Liguilla da Copa, sabendo que só 2 quedarán eliminados. É certo que así teñen máis partidos, pero con todo non signifique que sexa máis competición.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso da Liga Galega Xuvenil, xornada 3

Está a cousa moi intensa na Liguilla dos campións. Xa non queda ningún equipo sen puntuar, tralos empates do Ponteceso co Malpica e do Fisterra co Dumbría. Así e todo, sendos empates que de pouco lle valen a pontecesáns e fisterráns para recuperar posicións. O que toma agora o mando é o XSC, que con só 2 partidos (ten pendente o choque co Malpica da 1ª xornada), que superou nun partidazo ao Cabana.

Fisterra - Dumbría (1-1)

Fisterra-Dumbria xuvenil-Foto- Jorge Parri
  • FISTERRA: Ángel, Cartamil, Antonio, Carlos, Javi, Rubén, Cote, Abel, HIdalgo, Manute, Bruno. Tamén xogagon: Noé, Josema, Adrián, Pazos.
  • DUMBRÍA: David, Roi, Samuel, Cabana (Denís, min 65), Jose, Adrián Alcaina, Kevin (Lucas, min 55), Miki, Javi (Tomás, min 75), Israel e Martín.
  • Goles: 1-0, min.60: Abel tras un rexeite do porteiro a unha falta rasa de Manute; 1-1, min.85: Martín.
Fisterra-Dumbria xuvenil-Foto- Jorge Parri

Empate que lle sabe algo mellor ao Dumbría que ao Fisterra, pois o punto de pouco lle vale ao Fisterra e máis visto o visto sobre o campo. I é que o Fisterra buscou máis a vitoria, tivo máis o balón e achegouse con perigo á meta dumbriesa.

Sobre todo por arriba, i é que este Fisterra fai moito dano nos córners coa altura dos Cote, Bruno, Abel, Antonio ou Rubén, e ata en 3 ocasións David tivo que salvar aos seus na área pequena. Ademais Bruno mandou un cabezazo á madeira que puido abrir o marcador.
Por bando visitante pediron un par de penaltis, se ben os locais tamén pediron un.

Na segunda comezaba cun gol de Abel con picardía para os locais, pero a partir de aí é cado sofre o Fisterra. Estalle costando acabar os partidos aos de Nando acusando un importante déficit físico. De feito, o gol visitante chegou xa cos 4 cambios feitos por parte de Nando ante a petición dos chavales, que non podían máis.

Malpica - Ponteceso (0-0)

Malpica xuvenil-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Jesús, Víctor Novo, Fenosa, Lexi, Joro (Diego, min.58), Kevin, Guille (Aitor, min.86), Eme, Almeida (Alberto 75), Martín Maradona, Pitís.
Ponteceso xuvenil en Pedra Queimada-Foto- Luis E Porto
  • PONTECESO: Guille, Lorenzo, Diego, Alberto, Fabián, Collazo (Brais, min.46), Borja, Bieito, Cristian (Valle, min.70), Iago Brantuas, Iago.
Capitáns do Ponteceso e do Malpica-Foto-Luis E Porto

Derbi tremendamente igualado na “Pedra Queimada”, moi disputado, e algo bronco, no que a seriedade e seguridade defensivas dominaron sobre os detalles de calidade.

O partido transcorreu en función dos tipos de xogo que practican habitualmente os dous conxuntos. Un Ponteceso máis combinativo, que busca máis ter o balón, e tocar e tocar, pero sen demasiada verticalidade; e en fronte, un Malpica agazapado, firme atrás e saíndo cunha fiereza tremenda. Así e todo apenas houbo xogadas de perigo na primeira, agás unha nada máis comezar de Bieito tras un roubo no medio campo para os de Mato e un remate de Almeida para os de Tato.

Na segunda, o Ponteceso, sabendo da necesidade de vencer tralas dúas primeiras derrotas, foi polo partido. Así e todo, o Malpica subiu liñas e presionou algo máis arriba a saída do balón. Non foi unha segunda metade limpa nin vistosa, e só unha xogada entre Eme e Martín Maradona polo bando local e un par de chegadas de Brais e outra de Iago xa co tempo cumplido para os pontecesáns, puideron cambiar o marcador.

Ao final, un empate que deixa ao Malpica coas opcións intactas pero que mantén ao Ponteceso moi lonxe do seu obxectivo, tras facer unha primeira liguilla impecable, pero que sufríu o parón.

Xallas StComba - Cabana (3-2)

O XSC celebra un tanto ante o Cabana-Foto- David Castro
  • XSC: Ivan Couto, miguel (Tefi, min.80), Roberto, Dani Martínez, Cristian, Diego Maneiro, Fabian (Torres, min.70), Stiven, Landeira (Sergio Barbeira), Marquiños e Iván.
  • CABANA: Sergio Aranzubía, Jonathan, Dani Mato (Duda m.60), Samuel, Laik, Álex (Martinciño m.80), Pablo, Alessandro, Iván Mato, Cristian e Moreno.
  • Goles: 0-1, min.20: Falta botada por Iván Mato que peina Pablo ao fondo das mallas axudado dunha media saída de Couto. 1-1, min.32: Fabián colga un falta que entra pola escadra visitante tras tocar nun xogador cabanés. 2-1, min.80: Falta lateral sacada por Stiven que toca nun defensa visitante e entra a rentes do primeiro pau. 2-2, min.85: Bo centro de Moreno que peina un xogador cabanés e Marticiño cabecea a rede en boca de gol. 3-2, min.94: Stiven transforma un penalti cometido por Laik sobre Marquiños.
  • Expulsións: Laik do Cabana no min 94 por dobre amonestación.
Troco no Cabana Alex-Martincino-Foto- David Castro

Chegaban a Fontenla os dous equipos en mellor forma desta liguilla e aventurábase un gran espectáculo entre o Xallas de Santa Comba e a SD Cabana. Parecía que iba ser un partido animado tras a ocasión de Marquitos, nos primeiros intres do encontro, que solventou sin problemas o porteiro cabanés, Sergio Aranzubía.

Pero a partir de aí, o partido volviuse soso e aburrido, sin un claro dominador, con dous equipos con moito respecto dun hacia o outro e sin ocasións de gol por ambos lados. Os goles do partido chegaron todos dunha maneira moi similar. Adiantouse o Cabana por medio de Pablo, tras unha falta botada por Iván Mato, aprobeitando unha media saída de Couto.

A partir do gol visitante, houbo unha pequeña intención de querer dominar o partido por parte dos xalleiros, con Diego á cabeza pero quedouse neso en tan só unha intención.

Os locais empatarían o partido pasada a media hora da primeira parte, co primeiro gol en propia meta dos cabaneses no encontro, tras unha falta botada por Fabián. E co empate a 1, chegaríase o descanso, resultado máis que xusto. A segunda metade comezaría coa mesma tónica da primeira, sin un claro dominador e sin ocasións para ningún dos dous equipos.

Houbo que agardar ata o minuto 80 para ver algo de movemento no partido, falta cometida por Laik que lle custaría o primeiro cartón e na que puido ver algo máis que o amarelo, colgaa Stiven á área e un defensa do Cabana introdúcea na súa propia portería ao intentar despexala.
4 minutos despois, reaccionaría o conxunto visitante. Gran centro de Moreno que peina no primeiro poste un compañeiro seu e Martinciño, recién entrado no terreo de xogo, cabecea as mallas no segundo pau. Tería unha gran dobre ocasión o Cabana, para facer o 2-3 pero tanto Cristian como Moreno perdoaron ante un Couto impecable nesa xogada.

E como soe pasar nesto do fútbol o que perdoa, acaba pagándoa. No minuto 94 chegou a xogada desgraciada do partido para os cabaneses. Tiro lonxano que rexeita Sergio, o balón queda morto ao borde da área pequena, Marquitos anticípase a Laik, éste chega tarde e comete penalti, ademáis de gañarse o segundo cartón amarelo e a expulsión. Stiven transforma o penalti ante Sergio e dálle a victoria ao equipo de Santa Comba.

Demasiado castigo para os visitantes, logo do visto no encontro, disputado en Fontenla, no que o resultado máis xusto sería un empate xa que ningún equipo foi superior a outro.

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 1, xornada 3

Muxia-Baio-Foto- Santi Diaz

Na Copa as cousas están algo máis frouxas. O Muxía parece o equipo chamado a quedar fóra dos Oitavos, e volvía caer con rotundidade iso si ante un dos equipos máis potentes do grupo, o Baio. Un Baio que xa se adiantaba aos 2 minutos por medio de David tras un erro do meta local Ancho (como vemos no vídeo). Non estaba ben o campo e o balón apenas raseou senón que ía de campo a campo con balóns directos. Lucas marcaba o segundo xa na reanudación, e o cadete Christian sentenciaba.

Co Baio, igualado a 6 puntos, e tamén cun partido menos, sitúase o Outes. Os de Manu Roque venceron aos Leóns de Camariñas nun apretado encontro, que lle permite mirar dende arriba a táboa. Ademais, en Miraflores, o Laxe sumou a súa primeira vitoria a costa dun Muros mellorado, pero que terá que afiar para non verse en problemas. O choque da 5ª xornada entre Muros e Muxía parece clave.

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 2, xornada 3

No Grupo 2 saltou a sorpresa. O Coristanco, con moitos xogadores facéndose homes na 3ª Autonómica, deu a campanada no San Paio de Refoxos ante un Cee que saíu confiado e regalou 3 tantos. Tras unha primeira metade aburrida, e sen demasiado xogo, o Coristanco meteu 3 goles en 20 minutos, por medio de Cristian (2) e Nacho. Só aó, e xa faltando 5 minutos, reaccionou o Cee, e Tebo recurtou, pero non serviu de nada.

O Mazaricos mallou no Corme, mentres que o Soneira prantoulle cara á Esteirana na casa. Así, quedan Corme e Soneira sen sumar, con malos números, e coas papeletas para ver quen queda fóra. A vindeira xornada, o Cairo vivirá un partido importante entre ambos.


Máis información

Crónicas de Xuvenís


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios