Martes. 07.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor

Ligas Galegas: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor
XSC-Depor B da Liga Galega Cadete Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Xornada dispar para os nosso equipos nas Ligas Autonómicas. Gañaban, pola mínima, os cadetes do Dumbría, un partido moi importante pois era ante un rival da zona baixa ao que alonxa no pozo da clasificación. Os dumbrieses quedan con 14 puntos, 4 sobre o descenso, na 12ª praza.

Menos sorte correo o cadro xalleiro, que non mereceu tan severo castigo no seu duelo ante o Deportivo B, sen dúbida o mellor equipo dos que pasaron por Fontenla, nun partido que non se decidiu ata os minutos finais, cando os deportivistas alcanzaron os seus dous últimos goles nos dez minutos finais da contenda. Unha derrota que tampouco fai demasiado aos xalleiros na táboa, quedando 12º, con 12 puntos, 7 sobre o postos de descenso.

O que si sufríu unha dolorosa vitoria foi o equipo infantil do Dumbría, ante un sorprendente Viveiro que chegaba empatado na táboa. A derrota deixa a metade de arriba xa a 9 puntos, difícil para meterse na Fase polo título.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 11

  • Resultado: Dumbría - Santa Mariña (1-0)
  • DUMBRÍA: Jorge; Josiño, Raul, Jose, Fabio; Eloy, Marcos, Borja; Ayoze (Gabi, min.41), Luís (Adrián, min.60) e Brandón (Mario, min.70).
  • Gol: 1-0, min.65: Brandón, que moi veloz se pranta diante do porteiro visitante tras un roubo no medio campo e marca por baixo.

Vitoria importantísima dos cadetes de Juan e Joaquin, nun partido no que o Santa Mariña tivo o control do balón, pero sen crear perigo. A seguridade defensiva, a solidaridade e o esforzo do equipo costeiro fixeron que dunha mala tarde en canto a creatividade, se chegara á victoria gracias a ese esforzo.

O Santa Mariña vigués plantouse no Conco cunha atractiva proposta de xogo. Inicio combinativo casi sempre, e velocidade nos últimos metros. Pero pouco perigo. Jorge, que volvia ó portal, tivo traballo en apenas un par de ocasións no 1° tempo, ademais de resolver con solvencia o xogo aéreo. Sen embargo, ao Dumbría costoulle crear, e apenas gozou só dun remate inocente de cabeza de Marcos, e algunha boa acción de Ayoze pola dereita, ademais dun man a man que enviou o limbo Brandon no primeiro acto.
Eloy foise erixindo nun “pulpo” en medio campo, controlando as acometidas viguesas.

O segundo acto comezou co mesmo escenario, ainda q cada vez o Santa Mariña se iba apagando. Eso si, o Dumbria tampouco chegaba demasiado. Pero nun roubo na dereita, mediado xa este tempo, Brandon encendiu a moto, e plantouse diante da porteria rival. Esta vez non errou, e definiu por baixo.
Os vigueses apretaron, e o Dumbria puido sentenciar á contra. Non puido, pero os visitantes tampouco se fixeron acreedores a ningún gol.
Triunfo traballado, peleado, como van a ser todos nesta categoria na que, non o debe esquencer nadie, está o melloriño en idade cadete de toda Galicia. E os nosos están competindo con moitísima dignidade.

Liga Galega Cadete, xornada 11

Saudo inicial en XSC e Depor B en Fontenla
  • Resultado: Xallas de Santa Comba - Deportivo B (0-3)
  • XSC: Rubén, Guiilín (Héitor, min.75), Raúl, Pablo (Rubén, min.69), R; Carlos Baio, Juan Lois; Thiago, Carlos Rieiro, Juanjo (Manuel, min.66) e Grille (Óscar, min.41).
  • Goles: 0-1, min.33; 0-2, min.68; 0-3, min.78.

Na primeira metade o control do balón foi blanquiazul, pero sen grandes ocasións de gol, aproveitando un erro da defensa local para, a falta de seis minutos, adiantarse no marcador os visitantes.

Tralo gol, puido empatar o XSC nun bo disparo de Juan Lois, pero o meta deportivista, nunha gran intervención, enviou o balón a saque de esquina cando o gol parecía inevitable. Nestes primeiros corenta minutos, o Deportivo gozou dun lanzamento ao pau, por medio de Vermello, mentres que os locais, en accións de contraataque, puideron marcar por medio de Pablo Grille e Carlos Rieiro.

Na segunda metade, os xalleiros saíron en busca do empate, e gozaron de varias oportunidades para facelo, pero unhas veces o bo labor da defensa e porteiro visitante, así como o poste, nun lanzamento de Juan Lois, impediron o máis que merecido empate local. O segundo gol, a falta de once minutos, nunha acción de contraataque, deixou visto para sentenza o choque, aumentando a súa vantaxe no último minuto o Deportivo nunha acción embarullada dentro do área local.

A verdade é que o castigo foi excesivo visto o realizado polos dous conxuntos, pero as sensacións e o xogo do Xallas de Santa Comba foron moi boas e deixou un bo nivel ante os seus afeccionados.


Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 11

  • Resultado: Dumbría - Viveiro (0-8)
  • DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.55); Sergio, Berto, Toni, Samuel, Álex; Ezequiel (Iago Hermida, min.41), Adrián (Brais Mtnez, min.55), Brais Fdez (Johnny, min.65); Xan; Ángel Sestayo (Hugo, min.41)

Batacazo en canto o resultado máis abultado q leva recibido o Dumbría infantil.

O Viveiro prrsentouse na chuviosa mañá sabatina no Conco cunha das mellores parellas de dianteiros da categoría. A velocidade, forza e habilidade endemoniada de ámbolos dous fixo estropicios na xoven zaga costeira.

O partido comezou con igualdade, ainda que cada vez q os puntas visitantes se intuía serio perigo. Pero o Dumbría comezou concienciado de evitar o xogo rápido dos da Mariña lucense, e conseguiuno durante 10 minutos. A primeira incursión perigosa visitante, foi cortada en falta e cartón amarelo polo central Toni. Logo dunha pérdida en ataque dos blancos, o balón chegou preto do medio campo o capitán viveirense, e desfisoxe de canto defensor lle foi saindo o paso para plantarse diante de Juan e batilo sin remisión. O Dumbría tambaleouse, e 5 minutos despois, o 9 do Viveiro, veloz e habilidoso a partes iguais inventabase unha xogada "tipo Messi" arrancando desde a dereita, sorteando rivais e deixando servido en liña de gol o segundo.

O Dumbria reaccionou nesta parte do 1° tempo, e durante 15 minutos tuteou o rival, aproximándose o marco rival amparándose como casi sempre no corazón de Adrián. Pero o 3° e 4° gol visitante foi unha lousa para a ilusión local.

O segundo tempo foi un trámite, sobre todo tras os goles rápidos dun Viveiro q non baixou o pistón. Os adestradores locais repartiron minutos entre os menos habituais, facendo debutar o alevín Iago Hermida. Durante media hora, competiu dignamente tendo algunha ocasión e non baixando os brazos, por momentos.
O mellor, que só se perderon 3 puntos. Milan Miljanic, adestrador bálcanico do Madrid xa advertiu no seu momento que " é mellor perder un partido por 7 goles (neste caso 8), q 7 partidos por 1-0”.
A levantar a cabeza!!!

Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios