venres. 15.11.2024
El tiempo

Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio

O estado de abandono total e o risco de colapsto veñen de provocar que a casa renacentista en A Vacariza, na parroquia dumbriesa de Berdeogas, fora incluída esta semana na Lista Roja del Patrimonio que elabora a asociación Hispania Nostra. O pazo dumbriés é xa un dos 900 monumentos españois en risco de desaparición se non se actúa de inmediato, entre os que tamén están as cabanesas A Torre da Penela e a Casa Reitoral de Corcoesto.

A casa renacentista na Vacariza é un Ben Catalogado e os tres escudos da súa fachada (con armas da familia Moscoso) están declarados como Bens de Interese Cultural. Pese a iso, o seu estado xeral é de ruína progresiva: sillares desprendidos, falta do tellado e invasión da maleza e o interior cheo de escombros.

Trátase dunha construción orixinal do século XVI pero quen mellor que Modesto García Quintáns para contarnos a súa historia:

Casa da Vacariza-Dumbria
Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio

O Modesto Patrimonio: A Casa da Vacariza

Escudo Casa da Vacariza Dumbria
Un dos escudos do Pazo

Cando falamos da Vacariza de Berdeogas reférimonos a un lugar dos once que compoñen a parroquia de Berdeogas no concello de Dumbría. Localízase nas coordenadas UTM-29 ETRS89 X = 491667; Y = 4764718.

Lugar A Vacariza Dumbriua

Segundo o inventario catastral do ano 1753, nesta parroquia había dous “Coutos”. Un deles era o Couto da Vacariza, formado polos lugares da Farrapa e A Pedriña, que pertencía ao Señorío do Marqués de Parga. Coñecida como “Casa Grande da Vacariza” (antes escribíana con b), pertencía a este couto. Non é tan grande; ten forma rectangular con dúas alturas e duns 12 m. de longo por uns 8 m. de fondo. A porta principal, situada polo lateral leste, daba á “pedra do lar” con forno, e a chimenea estaba pegada ao muro da planta alta, algo parecido ás primitivas casas das aldeas. Segundo se entraba, á man esquerda, estaba a corte do gando, separada por lousas de pedra, e a escalera de subida ao sobrado.

A fachada é de sillería, ben traballada renacentista. No saínte ten dúas ventás, de estilo arquitectónico portugués do reinado de Manuel I (1495-1521) e entre elas hai un escudo coa cabeza de lobo, símbolo dos Moscoso. A cuberta era a dúas caídas e no lateral sur ten unha gárgola cunha imaxe de pedra que evacúa as augas da choiva cara á Casa de Loalo do Campo de Berdeogas, que foi construída por unha venganza contra este veciño.

Esta casa debeu ser construída sobre o ano 1450 por García Rodríguez, que era de Noia. Nestas datas aparece a familia López Leis I, que, según documentos construíu a capela de San Gregorio da igrexa parroquial. Esta rama continuou ata o ano 1635, cando Antonio de Leis casou con Lucía Vazquez de Lema da Casa da Farrapa. A línea directa dos Leis rematou sobre o año 1802 coa voda de Mª Antonia Romero Moscoso con José Ventura de Leis. Foi a orixe das familias cos apelidos Esparís, Cantorna, Romero e Sendón. A partir do s. XIX este casa foi habitada por “caseiros” ata quedar totalmente abandoada, encontrándose na actualidade en estado ruinoso.

Autosave-File vom d-lab2/3 der AgfaPhoto GmbH

Queda no aire a pregunta: Quen son os herdeiros desta casa na actualidade? Segundo comentarios veciñais, o último herdeiro era Manuel Leis Sendón que emigrou a Argentina. Era fillo de Manuel Leis del Río (avogado) e pouco máis se sabe.

Quen estudiou con detalle esta familia foi o historiador Xosé Mª Lema Suárez, Manuel Canosa Mouzo, cura de Coucieiro, e Ramón Romero, cura de Berdeogas. Tamén se reseña parte desta historia no libro “El Ayuntamiento de Dumbría, historia, tradiciones y costumbres”, da miña autoría.

Casa da Vacariza-Dumbria 2

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Patrimonio Pindexo

Comentarios