Luns. 29.04.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría queda 4º por equipos, e o Sen Siras acada dúas pratas no Campionato Galego

O CDM Piragüismo Dumbría queda 4º por equipos, e o Sen Siras acada dúas pratas no Campionato Galego

Disputouse o Campionato Galego de Slalom esta fin de semana no río Ulla, no Campo de Slalom de O Lapido, en Padrón, e ata aló viaxaron dúas nutridas expedicións do CDM Piragüismo Dumbría e do club Sen Siras.

Sen Siras

Antia no Campionato alego

Dous padexeiros do club Sen Siras acudiron á proba galega, Antía Loira e Aarón Rey, ademais de tres abridores, Francisco Fernández, Martín Fernández, Tomás Quintáns e Jorge Quintáns.
Os primeiros en realizar o percorrido trazado polo adestrador do CGTD foron os máis pequenos, Jorge foi o primeiro dos abridores quitándolle moito tempo os seus rivais, Francisco e Tomás realizaron dúas mangas moi boas e o pequeno Martín de só 9 anos arrancou os aplausos do público facendo unha baixada sen penalizacións e tecnicamente impecable.

Antía proclamouse sub-campiona na modalidades de kayak e en canoa na categoría senior. O crono de Antía en K1 só foi superado polo de Andrea Ucha nun segundo, o tempo de Andrea habería que sumarlle dous segundos de penalización por un toque nunha porta que o árbitro correspondinte non anotou. Andrea nun magnífico exemplo de deportividade ben entendida dixo que ela mesma reclamaba o toque e así Antía proclamaríase campiona galega, xesto que a piragüista do Sen Siras lle devolveu negándose a que fixese a reclamación e quedando finalmente ca segunda praza do podio.
Por último, Aarón, despois de facer dúas baixadas de gran calidade proclamouse sub-campión galego en k1 senior detrás do Piragüista do Tea de Mondariz Axel Blanco.

Aaron Rey no Campionato Galego

O CDM Piragüismo Dumbría

Kiara Martinez no Campionato Galego de Padron de Piraguismo

A expedición do club municipal estaban encabezada por Iago Canosa, o campión galego en título, pero tamén formada por outros 9 deportistas que tiveron unha actuación desigual, pero que os levou a obter un meritorio cuarto posto por clubes, que era o máximo ó que a entidade podía aspirar.

A gran decepción foi o propio Iago Canosa, que non era quen de pasar o corte de preliminares despois dunha manga na que en vez de limitarse a facer as portas, o que sabendo da súa superioridade o tería metido na final, decidiu que era día para dar espectaculo, e despois de varias portas bastante dudosas, acabou por cairlle unha penalización de 50 seg. que o deixaba fora da final. Iago é dese tipo de deportistas capaz de facer o mellor e o peor. Onte tocou cruz. Esperemos que para os vindeiros Campeonatos de España sexa a cara.

En canto o resto dos palistas do clube, todos pasaban o corte, coa única excepción de Kiara Martinez en Canoa, modalidade na que xa asumía que era moi complicado para ela pasar o corte. Destacable o papel de Marco Oreiro que remataba as preliminares cun brillante segundo posto no C1 senior. Tamen conseguian pasar o corte Iago Canosa en C1, Kiara no K1, no seu retorno á competición Andrea Perez no K1 senior femenino e por último Miguel Castro, que cumplia pasando o corte entre os cadetes.

As finais arrancaron ben, con Kiara Martinez facendo a súa primeira manga sin penalizacións en dous anos no momento axeitado, logrando un meritorio subcampionato só por detrás da atleta do CGTD Ainhoa Barreiro moi superior a tódolas súas rivais.

Na final das canoas, Marco non foi quen de aguantar a sua posición pois un volco lle complicaba a manga mandandoo a postos moi retrasados. A conclusión que ten que sacar Marco e que se fai as cousas ben pode estar cos mellores. Nesta proba Iago colleu o relevo do seu compañeiro de clube e foi él quen rescatou o subcampionato para a a entidade dumbriesa so por detras de outro palista do Penedo, Marcos Fortes, que repetía título de Campeón Galego.

Pola súa banda, o CDM Piraguismo acudía con catro abridores, Marcos Sanchez, Lorena Costa, Brais Perez e Cristian Gonzalez, que ainda que non puntuaban para a competición, fixeron un bó papel de preparación para a Copa de España de Jovenes Promesas de Slalom que se disputa a vindeira fin de semana na vila pirenaica de Arfa.

Vindeira proba

Esta semana o toca viaxe á localidade catalana da Seu. Polo bando do Sen Siras, esta vez para que compitan os máis pequenos do club na Súa primeira copa de España de este ano e o 12 de xullo parte do club volve a coller as maletas para pasar tres semanas remando na canle artificial de Pau, en Francia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios