1ª Galicia: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal
Arrincaba a xornada coa sorpresa da dimisión de Dani Casal como adestrador do San Lorenzo. O nomeado como Mellor Adestrador do curso pasado, tras un comezo de liga espectacular na 1ª, decidía o sábado deixar o club, pero nunha demostración de afouteza o equipo era quen de reaccionar, e coa axuda de Dani Padín sumaba unha vitoria impresionante ante un dos cocos da categoría, o Negreira, que viña de endosar 5 ao Fisterra e outros 5 ao Dumbría.
Esta 12ª xornada tiña a atención posta en Ara Solis, onde o Baio sumou unha vitoria máis que balsámica, que afonda na crise dun Fisterra, que suma a súa 5ª derrota consecutiva.
Polo demais, vitoria do Esteirana que saca a cabeza, e derrota dun Dumbría que non consegue meterse na pelexa.
San Lorenzo - Negreira (1-0)
- San Lorenzo: Dani Fedello, Samuel Lozano, Raúl, Lucho, Iago López, Andy, David Lorenzo, Mateo Canedo, Jairo, Diego Varela, Alex Taibo. Tamén: Davidson, Joaquín, Riki, Juanjo e Altair.
- Gol: 1-0, m.75: Iago López.
Partido que empezaba co Negreira dominando o balón e o SanLo, hoxe dirixido por Dani Padín membro do corpo técnico, cun bloque bastante compacto tratando de saír co balon e gañar as costas dos defensores de Negreira. Unha primeira parte sen demasiadas ocasións, só con tiros de longa distancia por parte de ambos.
A segunda parte seguía coa mesma tónica pero co Negreira un paso máis preto da área local, buscando balóns directos e centros laterias. Os carballeses buscaban saídas rápidas. Pasada o ecuador da segunda parte, cun disparo lonxano de Riki e un paradón do porteiro, o Sanlo forzaba un córner. O balón vai ao segundo pau e Iago López batía ao porteiro. Desde ese momento o Negreira daba un paso adiante e mete na súa área ao Sanlo con balóns diagonais. O últimos minutos con balóns directos tratando de impoñer o seu poderío aéreo mesmo subindo o central. Pero unha defensa impoluta do equipo de Verdillo permitía que os visitantes non tiveran opcións claras de acadar o empate.
Esteirana - Agolada (2-1)
- Esteirana: MJ, Simón, Code, Samuel, Tobío, Pablo Rama, Adrián, Sergio Martínez, Oli, Brais Noceda e Piki. Tamén: Kevin Rial, Alex Rama, Carajillo, Kevin Lariño, Alex Louro, Pachi e Elías.
- Goles: 0-1, m.52: Gavieiro de vaselina; 1-1, m.88: Piki; 1-2, m.92: Elías.
Vitoria tan xusta como importante da Esteirana ante ante un rival directo na pelexa pola permanencia, para darlle a “benvolta” a Néstor ao banco tralo seu mes solidario en Mozambique.
O cadro local dominaba pero estaban algo espesos coa pelota, con problemas na circulación do balón. Con todo, non sufrían atrás, e si que tiveron un par de ocasións de Brais Noceda.
Na segunda mellorou moito o equipo sobre todo combinando con máis fluidez, e traspasando liñas. Pero na primeira chegada á área de MJ, o cadro visitante se adiantaba.
Non se precipitou o cadro esteirán, que seguiu combinando, chegando pero fallando, sen desesperar ata que no 88 empatou Piki, e no desconto Elías fixo o xusto tanto da vitoria
Dumbría - Cordeiro (0-1)
- Dumbría: Anxo, Samuel Quintáns, Pablo Paz, Kanario, Dani, Baba, Rivi, Mataso, Alex, Dani Chao, Álex Sánchez. Tamén: Alex Sendón, Raúl, Gabri Goyes, Adri Periscal, Carlos e Xián.
- Gol: 0-1, m.11: Marcos Lorenzo.
Partido moi igualado no Conco, que se decantou polo que tivo máis acerto cara gol, cun Cordeiro que de seguro vai estar entre os mellores. Os de Pablo Conde tiveron máis problemas arriba, polas baixas de Mario, Miller e Lucas Toba. Si que tiveron unha boa de Rivi, e outra de Álex Sanchez (na última xogada do partido), pero tamén é certo que o Cordeiro mandou un balón ao longueiro e tivo un par de contras para ter sentenciado.
Fisterra - Baio (0-1)
- Fisterra: Joselu, Piti, Colombia, Breixo, Rubén, Coté, Maikel Mouzo, Mario, Lobelos, Estévez e Marcote. Tamén: Marc, Lois, Luis Lago, Juan Lagoa, Juan Trillo e Guille.
- Baio: Javi Souto, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Aitor Vilas, Sergio Antelo, Sergio Rod., Porty, Bieito, MC e Diego Santancier. Tamén: Iván, Palo Gabin, Pazos, Josiño, Alex Muiño Guille Eiroa, e Dani.
- Gol: 0-1, m.41: MC para un golazo.
Comezou o Baio, ollo con 8 xogadores baieses no 11 inicial e 2 deles en idade xuvenil, dominando o control do balón, e ían chegando algunhas ocasións, como unha falta de MC que para Joselu. Na outra área Diego Estévez tiña varias internadas, nas que unha tiña que intervir Javi Souto e outra o longueiro repelía un remate de Marcote. Pero antes do desconto MC facía xustiza e adiantaba aos branquiazuis cun dos seus golazos. Antes do descanso aínda tiveron un balón á cruceta e protestaron un posible penalti na área fisterrá.
Cambiaron as tornas na segunda. O cadro de Diego Lobelos daba un paso adiante, pero deixando espazos para que MC e Porty fixeran dano polas bandas á contra. Os fisterráns pediron un penalti do meta visitante sobre Diego Estévez Chegaba o momento do partido cun penalti por unhas mans, pero Diego Estévez marraba o terceiro penalti do cadro fisterrán, Un par de boas chegadas que anulou Javi Souto, como un renate de Breixo ou un man a man de Guille. A xogada polémica chegaba ao fío do desconto, nunha xogada na que o liña anula un gol dos locais por un suposto fóra de xogo, que puido ter sido o empate.
CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.12: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.