Domingo. 28.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Castriz segue voando

Mazaricos-Cabana da Liga da Costa
Mazaricos-Cabana da Liga da Costa
2ª Galicia: O Castriz segue voando

Xa son 6 os puntos que saca o Castriz (tras vencer a un Volantes que fixo 45 minutos fantásticos pero que volveu deixarse ir ata sufrir outra goleada) sobre o segundo clasificado, un Porteño que non pasaba do empate sen goles ante un Outes no que o seu porteiro Dani se convertiu nun dos protagonistas da xornada.

O Muxía venceu, por inercia en Cee, e alcanza ao Mazaricos, pechando o que pode ser o cuarteto de cabeza de aquí ao final de Liga.

Por detrás chega xusto o Corme, empatado co Coristanco tras un polémico encontro, un Camariñas embalado, e un Outes cada día máis firme.

Por abaixo, destacar a primeira metade do Volantes (dende Castriz non entendían como o equipo de Gus ten só un punto). Baíñas e Camelle ocupan os postos de descenso, pero preocupan as derivas de Cee e sobre todo do Monte Louro, que leva 8 xornadas sen gañar.

Camelle - Muros (1-4)

  • Camelle: Pirata; Martin, Ruso (Lado), Dido, Pablo; Chans, Estiben, Gabi (Óscar), Ángel (Tereso), Pastelero (Chori) e Adrián (Makareno).
  • Muros: Xandre, Gesto, Javi Pelos, Flavio, Jesús, Samuel, Martín, Alon, Quin, Varo, e Xavi. Tamén: Manu Tajes, Dani Jurjo, Javi Carnota, Fran e Xoel.
  • Goles: 0-1, m.2: Gesto; 0-2, m.18:Xavi; 0-3, m.66: Xavi de penalti; 1-3, m.75: Chori; 1-4, m.82: Dani Jurjo.

Asaltou o Muros o Rodeiro, cunha saída en tromba dos de Ángel, cunha presión alta, xogo directo, e xa marcando na primeira ocasión, tras un córner. Seguía empurrando o Muros ata que espertou o cadro local, que foi igualando o choque pero sen crear perigo. Si que facía en segundas xogadas o Muros que mandaba un balón ao pau e marcaba o segundo por medio do seu goleador Xavi.

Melloraba o Camelle na segunda, levando o mando, pero o Muros tiña un balón ao pau, un remate de Alon ao que respondía Pirata cun paradón, e un penalti por unhas dubidosas mans que significaba o 0-3. Recurtaban os de Sergio pero Jurjo sentenciaba asinando unha vitoria xusta para os muradáns, que deixan xa a 5 aos camelláns na loita por evitar o descenso.

Monte Louro - Camariñas (1-4)

  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Rodri, Borja, Pablo, Pardelo, David Pais, Luismi, Fabio, Oscar e Íker. Tamén: Javi, David, Raúl, Xacobo.
  • Camariñas: Jorge, Brais, Caamaño, Oliver, Pablo Suárez (Moriño), David, Hugo, Nazo, Soule, Mario (Julián), Djibril.
  • Goles: 0-1, m.11: Djibril a centro de Mario; 0-2, m.24: Djibril tras pase de Mario; 0-3, m.33: Djibril; 0-4, m.69: Djibril; 1-4, m.79: Miguel Verán.

Monte Louro_Camarinas Liga da Costa

Mal momento do Monte Louro, que fixo un choque moi feble ante un Camariñas que fixo unha primeira metade memorable, con Soule, Mario e Djibril facendo un xogo absolutamente espectacular, moi serio atrás, marcando 3 e facendo moitas contras de manual.

Baixou o pistón o cadro camariñán na segunda e o Louro veuse algo arriba, pero sen poñer en apuros a vitoria dos de Cabrejo. Mal momento do Louro, que ademais perde de novo a Raúl cunha nova lesión.

Monte Louro_Camarinas Liga da Costa
Pablo con Djibril

Porteño - Outes (0-0)

  • Porteño: José Vicente; Pejo, Brais Mouzo, Rodri (Miguel), Mayor, Pablo (Chipi), Darío, Juan oBello, Alan e Jairo (Saviola).
  • Outes: Dani, Jura, Babu, Martín, Estefan, Adrián (Clau), Veleiro, Iván, Pablo, Ryan e Yago Dosil (Simón).
Grixa o Porteño - Outes
A Grixa co Porteño - Outes. Foto: Tino

Gran partido, outra vez, do Porteño, que comezou moi agresivo e presionante e fixo moitas ocasións sobre todo o primeiro tempo, pero non estivo acertado e se atopou cun Dani inmenso na meta dos de Alex Romero. “Creo que se lle tiramos unha lavadora tamén a para”, bromeaba o adestrador local Cousillas sobre o bo facer do porteiro da Serra. Un man a man no que parecia irremediable o gol, un remate de córner en área pequena, e ante tres tiros nos que xa casi se cantaba o gol. Ademais aportou seguridade todo o encontro no xogo aéreo.

Mediada a primeira metade igualáronse as forzas, e o Outes foi que de presentar algunha ameaza, como un remate de Pablo ao poste. Xa na segunda, a tónica foi semellante. Un Porteño que obrigou a defender en bloque baixo, pero que non foi quen de atopar unha fenda ante a nosa defensa.

Dani Porteiro do Outes
Dani, o meta do Outes, protagonista da xornada. Natural de Brión estivo o ano pasado no Compos xuvenil de D.H.

Corme - Coristanco (3-1)

  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Eloy Villar, Martín, Hugo, Aitor, Mauro, Miguel, Lucas, Isra e Alejo. Tamén: Rubén, Borja Torrado, Yago, Senén, e Dani Riegía.
  • Coristanco: Rubén, Sergio Lorenzo, Belar, Kevin, Dani Vázquez, Loureiro, Regueira, Raúl, Adri Pazos, David LP e Casti. Tamen: Alex, Randy, Angel e Diego Castro.
  • Goles: 1-0, m.20: Alejo; 2-0, m.56: Isra; 2-1, m.60: Diego Castro; 3-1, m.80: Hugo Paredes.

Polémico e intenso partido, de alto voltaxe, con dous equipos empregándose moi forte. Pronto se adiantou o Corme por medio de Alejo, pero antes do descanso era expulsado. Comezaba o Coristanco aprentando na segunda, pero o equipo verde perdía a David LP por unha expulsión moi protestada, e que sacaba aos de Cali do partido. Aproveitaba Isra para ampliar a renda cun disparo lonxano. Non se rendiron os visitantes que pronto recurtaban e volvían meterse de cheo no partido, pero sufrían unha nova expulsión de Dani Vázquez, o que, co terceiro de Hugo Paredes, deixaba sentenciado o partido contra o final.

Mazaricos - Cabana (1-1)

  • Mazaricos: Ángel, Borja, Carreira, Raúl Castelo, David García, Marcos, Pereiro, Iago Estalote, Rachón, Sandelo e Kevin. Tamén: Alex Barbeira, Raúl Bouzas, Molinos e Maneiro.
  • Cabana: Manuel Nantón, Mario, Miguel, Micky Pose, Nando, David Rey, Ferreiro, Iván Rey, Raúl Corzón, Simón, Aarón Casas. Tamén; Roi, Fiego, Pablo e Christian.
  • Goles: 0-1, m.41: Mario; 1-1, m.51: Kevin.

Mazaricos-Cabana da Liga da Costa 2

Partido igualado. Malia empezar moi ben, e ter 3 tiros consecutivos de Rachón e un de Sandelo, non estivo fino co balón o Mazaricos, que contaba con baixas como Brais, Raul Chumiko, Pose… Pero tamén tiña boas contras o Cabana, como un man a man con Ángel que salva o meta mazaricán, ou o gol ao fío do descanso de Mario.

Na segunda si que apretou algo máis o cadro local, pero o Cabana estivo moi ben defensivamente, sacando tamén potentes contas. Empataba pronto Kevin, e co partido roto o Mazaricos mandou un tiro ao poste, e xa case que no desconto, tivo un penalti, pero volveu a fallar Rachón. Son 4 os puntos que leva perdido o cadro amarelo por fallos dende os 11 metros.

Volantes - Castriz (1-8)

  • Volantes: Alex de Yi, Isma, Javi, Manu Teijo, Miguel, Kevin, Barreiro, Pesco, Adrián e Bruno e Borja. Tamén: Manu Rama, Anxo, e Benja.
  • Castriz: Gerpe, Rodo, Fabián, Elvis, Piñeiro, Jairo, Adrián García, Iván Facal, Noli, Pastoriza, Sebas. Tamém: Martín.
  • Goles: 1-0, m.5: Borja cun zapatazo pola escuadra; 1-1, m.25: Sebas tras unha diagonal de Jairo; 1-2, m.44: Adrián García; 1-3, m.50: Sebas; 1-4, m.55: Sebas; 1-5, m.63: Adrián García; 1-6, m.68: Adrián García; 1-7, m.80: Noli; 1-8, m.89: Sebas.

Volveu empezar ben, moi ben, o Volantes, como adoita, presionando moi ben arriba, combinando ben, superando a presión xalleira, tendo moi boas transicións, cambios de xogo, e tendo chegadas, e abría o marcacor cun golazo de Borja. Seguían dominando os locais, pero o Castriz comezaba a deixar claro o seu poderío e efectividade nas áreas. Sebas facía o empate, e sen merecelo, Adrián garcía facía o segundo antes do descanso. Neses dous goles os locais pediron fóra de xogo.

Pero o 1-3 nada máis comezar a segunda metade xa rompeu o partido, con varios xogadores laranxas deixando de competir.

”Hai que seguir pelexando. Rendirse non vai comigo”, sinala un combativo Gus a pesar da goleada.

Baíñas - Ponteceso (0-2)

  • Baíñas: Maikel, Raúl, Rodrigo, Manu, Héctor, Fabián, Adrián, Maikol, Cristian, Kevin e Ruli. Tamen xogaron , Charlie, Oreiro, Marcos e Santi.
  • Ponteceso: Samue, Cotelo, Eloy Trigo, Iván Rod, Pedro, Luca, David Castro, Jose, Sergio, Alberto Recarey e Eloy Álvarez. Tamén: Damián, Ures, Neira, Raúl e Martín Puente.
  • Goles: 0-1, m.26: Iván Rod.; 0-2, m.90: Neira.

Partido igualado cun Ponteceso algo máis mandón, pero apenas metía en peligro a portería contraria sacando algún balon aislado. Pouco a pouco o Baiñas tamén foi estirando lineas con un xogo directo sobre a última liña visitante esperando algún segundo balón para rematar ou en algunha acción a balón parado pero tampouco sacou rendemento. O Ponteceso conseguiu adiantarse con un gol de Ivan Rodriguez rondando a media hora de xogo. De aí ao final da primeira parte pouco máis se pudo ver.

O Baíñas estivo mellor na segunda, pero conseguía combinar ben ante a presión alta do cadro de Julio Vila, e tiñan que abusar os de Roski de balóns longos, sen conseguir tecer grandes ocasións para empatar. na outra área Maikel, que se erixiu como o mellor do partido, salvou un par de ocasións, sobre todo un remate de Samuel. Así e todo o partido estivo aberto ata o final, cando Neira puxo a sentenza.

Cee - Muxía (1-3)

  • Cee:Jorge, Oreiro, Borja, Jose, Iago, Bermúdez Anxo, Bujeiro, Bruno, Champi, Maelo. Tamén; Isaías, Eze, Miguel e Jonathan.
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Congui, Manuel, Mauro Romaní, Isma Márquez, Iago Muíño, Julián, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Mateo, Eloy Sambad, Mario e Darío.
  • Goles: 0-1, m.31: Manu Nogueira; 0-2, m.55: Fran Moreira de penalti; 1-2, m.74: Bruno; 1-3,m .90: Dario.

Partido malo o visto no San Paio de Refoxos en horario nocturno no que un empate tería sido máis xusto. Primeira metade moi plana, con ritmo lento e sen nada máis que o gol de Manu Nogueira.
Na segunda, o Muxía xa dominaría máis a un Cee que mesmo tiña que xogar con Eze tocado. Ao segundo de Moreira, respondía o recorte de Bruno, que tivo un cabezazo para conseguir o empate. Pero Darío conseguiría sentenciar no desconto.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

 

MÁIS INFO

Comentarios