Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Mazaricos endosa a primeira derrota ao Castriz

Mazaricos-Castriz-Foto-Luis Gonzalez
Imaxe do Mazaricos-Castriz-Foto-Luís González
2ª Galicia: O Mazaricos endosa a primeira derrota ao Castriz

Perdeu a imbatibilidade o Castriz de Miguel Chouza ante o Mazaricos de Marcos. Así, o alto da táboa queda algo máis apretado, co cadro xalleiro líder con 32 puntos, polos 28 de Muxía (que non fallaba no Rodeiro) e do propio Mazaricos. Por detrás seguen de preto Porteño e Corme, que seguen demostrando que non están aí arriba por casualidade, tamén co Outes e Ponteceso á alza.

Por abaixo, a meirande sorpresa, a vitoria do Cee que goleaba a un Camariñas que viña en positivo. O outro equipo que gañaba da zona baixa foi o Monte Louro, unha vitoria clave na loita por evitar o descenso ante o Baíñas. Pero ollo, que entre o Cabana (10º) e o Baíñas (15º) apenas hai 8 puntos de diferencia.

Mazaricos - Castriz (2-1)

  • Mazaricos: Ángel, Borja, Raúl, Carreira, Fran Pose, Pereiro, Brais Canosa, Rachón, Marcos, Sandelo e Molinos. Tamén: Ricardo, David, Luís Mayán, Rodrigo e Diego Maneiro.
  • Castriz: Gerpe, Fabián, Elvis, Samuel, Adrián garcía, Brais, Piñeiro, Iván Facal, Noli, Pastoriza, Sebas. Tamén: Rodo, Álvaro, Jairo e Braulio.
  • Goles: 1-0, m.2: Marcos nunha xogada por banda; 2-0, m.66: Molinos; 2-1, m.85: Adrián García de penalti.
Asi comezaba o mazaricos-Castriz baixo a neboa copia
Así comezaba o choque na Pedra de Ouro, baixo a neboa

Mañá dominical que comezaba baixo a néboa, como aquel partido de QPCtv. Partidazo dos dous conxuntos da montaña, que comezaba o choque cun gran gol de Marcos nunha xogada por banda, pero pronto o cadro de Marcos perde a Borja Sueiro por un choque o deixa conmocionado. Pero o equipo amarelo segue dominando coa axuda do vento a favor, gañando todos os duelos e tendo máis preto do 2-0 que o empate. Si que tivo un man a man de Sebas que saíu fóra.

Na segunda o Castriz dá un paso arriba e co vento a favor comezou a envorcar o partido sobre o campo dos amarelos. Pero cando estaba máis preto o empate, Molinos fai o segundo no ecuador da segunda tras unha fermosa contra.
Os visitantes tiveron un remate de Elvis de cabeza e unha falta de Iván Facal ao longueiro, e conseguía meterse de cheo partido no treito final tras un dubidoso penalti, que provocou que o Mazaricos acabase pedindo a hora.

Ambiente no Pedra de Ouro para o Mazaricos-Castriz
Ambiente no Pedra de Ouro para o Mazaricos-Castriz

Outes - Coristanco (3-0)

  • Outes: Dani, Jura, Chía, Martín, Estefan, Adrián (Senande), Babu, Iván (Mangelo); Ryan, Aarón Xuv. (Hugo) e Yago Dosil (Óscar).
  • Coristanco: Rubén, Jonathan Fraga, Kevin, Adri Pazos, Lorenzo, Dani Vázquez, Regueira, Erre, Diego Castro, Casti. Tamén: David LP, Alex López, Raúl e Nico Abelenda.
  • Goles: 1-0, m.21: Babu de penalti; 2-0,m .46: Ryan; 3-0, m.55: Iván.
Outes-Coristanco no Cunchido
Outes-Coristanco no Cunchido

Primeira metade moi igualada, no que o primeiro aviso de perigo claro chegaba por bando do Coristanco, cun balón ás costas da defensa que finaliza cun tiro ao poste dos verdes. O Outes non estaba cómod oco balón, pero a medida que ían pasando os minutos ía asentándose. Unha boa internada de Jura pola banda dereita finaliza en penalti que transforma Babu.

Tralo poso polos vestiarios, o tempraneiro gol de Ryan foi un xerro para os de Cali, e doulle confianza aos de Alex Romero, que remataron como dominadores do xogo. Tralo terceiro gol de Iván, a última media hora foi de dominio visitante pero o cadro local soubo manexar os tempos do encontro ata o remate do mesmo.

Porteño - Cabana (5-3)

  • Porteño: José (Sergio), Vicente, Pejo, Brais (Nico), Rodrigo, Mayor (Jairo), Joseba, Saviola (Pablo), Nico, Alan e Darío (Manoliño).
  • Cabana: Manu Nantón, Roi, Mari, David Rey, Christian Castro, Ferreiro, iván Rey, Micky Pose, Nando, Aarón Casás e Simón. Tamém: Kelyan, Noe.
  • Goles: 1-0, m.3: Joseba; 2-0, m.4: Nico; 3-0, m.7: Alan de cabeza por riba do porteiro; 4-0, m.36: Mayor de falta; 4-1, m.71: Mario; 5-1, m.75: Vicente dende fóra da área; 5-2, m.78: Mario; 5-3, m.82: Mario.
Porteno-Cabana na Grixa
Porteño-Cabana na Grixa. Foto: Tino

Empezou moi ben o Porteño, que quería aproveitar o primeiro tempo, cando aguanta o campo, e fixo moito dano por banda, e xa marcando 3 goles nos primeiros 7 minutos.
Xa na segunda, a relaxación dos locais permitiu ao Cabana ir achegándose no marcador e nos últimos 10 minutos houbo algo de nerviosismo.

Monte Louro - Baíñas (1-0)

  • Monte Louro: Pedro, Óscar Fari, Miguel Verán, Pablo, Rodri; David Pais, Raúl, Álvaro Fari, Íker, Luismi, e Chano. Tamén: Yeray, Pardelo, David, Manolo Chouza e Iago.
  • Baíñas: Joel, Charlie, Rodrigo, Manu, Raúl, Dylan, Adrián, Maikol, Cristian, Kevin e Ruli. Tamén xogaron: Marcos e Santi.
  • Gol: 1-0, m.78: Chano remata un córner botado por Íker.
Monte Louro-Bainas en Agra da Filgueira
Monte Louro-Baiñas en Agra da Filgueira

Vitoria importantísimo para o Monte Louro, que sae ademais dunha serie malísima de 5 derrotas consecutivas e 9 partidos sen gañar. Foi un partido moi igualado onde se impuxeron as defensas, cun Baíñas, con apenas 13 xogadores unha semana máis, moi impreciso en ataque. Os loureáns tiveron algunha ocasión máis clara, como unha internada de Íker contra o porteiro, un remate de Pablo, ou unha de Chano.

Na segunda, a medida que as forzas do Baíñas ían decaendo, e que os cambios do cadro de Bibi ián mellorando o seu equipo, o partido foise envorcando cara a meta de Joel. Yeray tivo unha clara á saída dun córner, pero foi Chano, un correcaminos, un bregador nato durante todo o encontro, o que atopou o gol da vitoria a 12 do final. Aínda o Baíñas tivo algún balbordo da área local pero o empate non chegaría.

UD Monte Louro celebrando a vitoria
UD Monte Louro celebrando a vitoria

Corme - Muros (6-2)

11 do Corme CF no Cairo-Foto-Fin Lema

  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Aitor, Rubén, Dani Reigía, Borja Torrado, Martín, Hugo, Mauro, Isra, Lucas. Tamén: Quique, Yago, Miguel, Noel e Gabri.

11 do Muros en Corme-Foto-Fin Lema

  • Muros: Álvaro, Javi Pelos, Gesto, Flavio, Xoaquín, Jesús, Dubert, Samu, Quin, Dani Jurjo, Xavi. Tamén: Manu Tajes, Vara, Javi Carnota, Ángel Sanandrés, e Xoel.
  • Goles: 0-1, m.10: Xavi; 0-2, m.19: Samu; 1-2, m.25: Isra; 2-2, m.54: Borja Torrado; 3-2, m.59: Lucas; 4-2, m.64: Isra; 5-2, m.72: Miguel; 6-2, m.86: Lucas.
Javi Pelos e Lucas Capis do Muros e Corme no Cairo-Foto-Fin Lema
Javi Pelos e Lucas con colexiado Alejandro Tato.-Foto-Fin Lema

Partido curioso no Cairo, cun Muros que saía moito máis enchufado e pronto se metía 0-2 tras dous saques de banda longos. Pero o Corme non se deixou ir e comezou a carburar, e ir polo partido. Pronto Isra recurtaba e o equipo quería máis.

Foi moi superior, e sobre todo moi efectivo o Corme na segunda metade. En 10 minutos dáballe a volta ao marcador co empate de Borja Torrado, e os tantos de Lucas e Isra que abrían fenda no marcador e que provocaban que o Muros baixase os brazos para o treito final.

Camelle - Muxía (0-2)

  • Camelle: David C; Martín, Ruso (Hucho), Dido, Pablo; Estiben, Chans, Ángel (Adrián), Pastelero (Chori), Crejo e Sergio (Rubén)
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Mauro, Javi Vilela, Darío, Julián, Isma Márquez, Iago Muíño, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Mateo, Víctor Alcaina, Mario e Xan Nogueira.
  • Goles: 0-1, m.25: Isma Márquez; 2-0, m.60: Fran Moreira marca un golazo de chilena.

Recuperaba o cadro de Sergio algún efectivo e foi capaz o Camelle de competirlle ao poderoso Muxía. Os muxiáns avisaron con dous pases da morte que non atoparon rematador, e era Isma o que abría o marcador cun bo tanto tras regatear ao meta camellán. Non se viñeron abaixo os locais que mandaro un reixete fóra coa portería baleira e un balón ao longueiro, que puideron significar o empate antes do descanso.

Na segunda, o cadro de Nando e Fran Toba, co vento a favor, foron máis dominadores, pero tiveron que traballar moito para manter as embestidas camellás con balóns directos. Fran Moreira meteu o gol da xornada cunha fermosa chilena.

Volantes - Ponteceso (2-4)

  • Volantes: Alex de Yi, Cerbán, Manu Rama, Javi Romero, Manu Teijo, Antonio Rama, Josiño, Miguel, Kevin Rajoy, Pesco e Borja. Tamén: Anxo, Ángel e Bruno.
  • Ponteceso: Damián, Juan Rey, Pedro, Luca, Iván Rod., Jose, David Castro, Raúl, Martín Puente, Alberto Recarey e Neira. Tamén: Samuel, Ures, Cotelo, Eloy Trigo e Héctor.
  • Goles: 0-1, m.36: Neira; 0-2, m.58: Martín Puente de penalti; 1-2, m.63: Barreiro; 1-3, m.77: Neira; 1-4, m.79: Iván Rod.; 2-4, m.90: Pesco.

Enfrentabanse no Eluterio Balayo o Volantes e o Ponteceso, con dúas dinámicas totalmente opostas, nun choque igualado e tenso practicamente ata o final. Empezou dominando o cadro visitante, ante un Volantes moi atrás e con ritmo algo baixo para o encontro. Os visitantes dispoñían dalgunha que outra oportudinade pero non acababan de encontrar a portería local. O mesmo tempo os de Muros empezaban a estirarse e acercarse a portería dos de Ponteceso sobre todo en accións a balón parado. A falta de 10 minutos para o descanso Neira aproveitaba un bo pase ás costas da defensa para abrir o marcador, dando paso a uns bos minutos dos visitantes que a punto estiveron de facer o 0-2 con un gran remate de David. Tamén o Volantes, máis intenso na presión, tivo un par de chegadas á área para poder empatar.

Na segunda parte parece que sairon mellor os locais, tendo un par de ocasións, pero nun balón longo o colexiado sinalou un penalti (os laranxas pediron un na primeira metade) que Martín Puente transformou no segundo tanto dos de Julio Vila. Non decaeron os de Gus, que xa levan demostrado que non se deixan caer tan rápido como nas primeiras xornadas. e Josiño metíaos de novo de cheo no partido aos locais. Eran minutos de apretón local, que metía na súa área ao Ponteceso, pero o cadro de Pondal aguantou o chaparrón, e nun despexe longo, Neira de novo gañaba en velocidade e facía un terceiro tanto que facía moito dano aos locais. Na seguinte xogada Iván Rodríguez sentenciaba, sendo Pesco o que firmaría o último tanto da tarde.

Cee - Camariñas (5-2)

  • Cee: Yago Pazos, Oreiro, Borja, Bujeiro, Gabri, Isma, Anxo, Fraga, Bruno, Eze e Quique. Tamén: Isaías, Noe, Jonny e Carlos Trinidad.
  • Camariñas: Jorge, Brais, Caamaño, Oliver, Carlos, David, Hugo (Moriño), Nazo (Julián), Soule, Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.9: Soule; 1-1, m.15: Bruno a pase de Eze; 2-1, m.44: Carlos Trinidad a pase de Eze; 2-2, m.48: en propia; 3-2, m.51: Bruno a pase de Eze; 4-2, m.64: Eze a pase de Bruno; 5-2, m.90: Eze a pase de Jonny.

Coincidiu onte no San Paio de Refoxos e en horario nocturno, o peor partido da tempada do Camariñas co choque de resurrección do Cee. Partido completísimo dos de Rafa, que vai recuperando efectivos como Eze, que xogou os 90 minutos. El e Bruno fixeron o que adoitan facer Mario e Djibril nas áreas contrarias.
E iso que era Soule o que abría o marcador para os de Cabrejo, tras un erro da defensa ceense. Pero o equipo local mandaba no campo, e se Bruno facía o empate, tras unha boa media hora, era Trini o que facía o segundo, e xusto, tanto, antes do descanso.

Nada máis volver dos vestarios, unha xpgada desafortunada de Gabriel convertíase no empate en propia meta, pero o Cee reaccionaría rápico e Bruno facía outro gol tras o enésimo balón de Eze ás costas da da defensa. Neses minutos, o Camariñas veuse algo arriba, pero sen perigo e deixando espazos atrás, permitindo que a parella do partido fixese o resto.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios