Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: 7 equipos en 5 puntos por detrás do Castriz

Imaxe do Cabana Corme na Redondas pasado por auga
Imaxe do Cabana-Corme na Redondas pasado por auga
2ª Galicia: 7 equipos en 5 puntos por detrás do Castriz

Cun ollo na Copa da Costa deste mércores (xa tendes os horarios en www.copadacosta.com), a Liga da Costa disputou unha nova xornada contra vento e marea.

Unha xornada que deixa ao Castriz máis só arriba, sumando a súa 5ª vitorias seguida, tendo xa 10 vitorias e só 2 empates nos 12 partidos disputados, quedando como único equipo invicto da categoría.

Fermosa loita a que vén por detrás para optar a esa segunda praza de promoción, con 7 equipos en apenas 5 puntos. Venceron o Muxía (que sufría máis do esperado na visita do Volantes), Mazaricos, Outes, Camariñas e Corme, ademais dun Coristanco que se mete aí tras superar ao Porteño.

Por abaixo, preocupa e moito a deriva dos Monte Louro, Cee, Camelle e Baíñas, mentres o afundido Volantes parece en proceso de mellora.

Muros - Mazaricos (0-2)

  • Muros: Xandre, Juan Rey, Javi Pelos, Gesto, Xoaquín, Jesús, Dubert, Samu, Juan Lago, Xavi. Tamén: Álvaro, Flavio, Ángel Sanandrés, Kiko Camello e Xoel.
  • Mazaricos: AÁngel, Borja, Carreira, Fran Pose, Brais Canosa, Pereiro, Marcos, Sandelo, Rachón, Molinos e Kevin. Tamén: David, Raúl, Iago, Luís Mayán e Diego Maneiro.
  • Goles: 0-1, m.8: Borja de cabeza nun córner; 0-2, m.58: Iago.

Partido entretido para a numerosa afección que se deu cita o sábadono Eleuterio Balayo, nun choque con moitas ocasións. Adiantábase pronto o Mazaricos, cun remate de cabeza de Borja nun córner. O Muros presionaba ben e non deixaba saír con comodidade a un cadro de Marcos que cando combinaba facía perigo e obrigaba a Xandre a salvar unha gran ocasión cuna doble intervención, e para forzan a Rachón a mandar fóra un man a man.
Tamén na outra área os celestes, con Kiko Camello de volta, facían lucirse ao meta amarelo.

Comezaba a segunda metade coa expulsión de Fran por agarrar a un rival que marchaba cara gol, e co segundo, tras un par de bos tiros de Sandelo e Kevin aos que respondeu Xandre, os visitantes baixaron un pouco a marcha. Case lles custa caro, pois cos balons longos de Xandre e as segundas xogadas, o Muros convertiu ao meta Ángel no mellor do partido nun treito final disputado na área visitante.

Muxía - Volantes (2-1)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Congui, Manu Martínez, Darío, Iago Muíño, Isma Márquez, Mario Romaní, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Anex, Mateo, Eloy Sambad, Julián e Mauro Romaní.
  • Volantes: Alex de Yi, Cerbán, Fran Rama, Anxo, Ángel, Javi Romero, Pesco, Barreiro, Kevin Rajoy, Manu Teijo e Borja. Tamén: Manu de Yi.
  • Goles: 1-0, m.65: Iago Muiño; 1-1, m.67: Borja; 2-1, m.80: Manu Nogueira de penalti.

Muxia-Volantes en Arlina

Pola mínima, e cun penalti no m.80 conseguía a vitoria o Muxía ante un Volantes moi mellorado nas últimas xornadas. O equipo de Gus leva xa varioas xornadas competindo e malia chegar con innumerables baixas (só 12 na convocatoria) aguantou metido no partido ata o pitido final.

O dominio foi local, cunha primeira metade na que o cadro de Nando e Fran Toba si chegaba con máis claridade á meta de Alex de Yi pero sen acerto. Na outra área tamén avisaban os laranxas co perigo de Pesco e Borja.

Na segunda, o Volantes estaba melor plantado e o Muxía máis impreciso. Porén, cando mellor estaban os visitantes, unha xogada por banda de Isma Márquez daba o pase da morte para que Iago Muíño abrise o marcador. Xusto na segunda xogada, á saída dunha falta lateral que saca Pesco e remate de maneira acrobática Borja para facer o empate.

O Muxía retomaba o peso do partido, sen demasiado perigo nin intensidade, ata que o colexiado sinala un penalti de Manu de Yi sobre Manu Nogueira que os laranxas viron moi xustiño.

Outes - Monte Louro (1-0)

  • Outes: Dani, Jura, Chía (Claudino), Martín, Estefan (Mangelo), Babu, Veleiro, Iván, Pablo (Aarón I. xuv), Ryan e Yago Dosil (Óscar).
  • Monte Louro: Pedro, Óscar Fari, Pablo, Rodri, Miguel, Pardelo, Chano, David Lestón, David Pais, Íker e Álvaro Faro. Tamen: Iago, Fari, Manolo Chouza, Yeray e Antón.
  • Goles: 0-1, m.47: Ryan.

Partido igualado sen un dominador claro no xogo e con chegadas constantes a ambas áreas na primeira metade. O Louro estaba moi intenso, con moitas gañas de romper a mala dinámica. O Outes estaba moi incómodo e sufría cos balóns ás costas da defensa que lles obrigaban a facer repregues de maneira constante, tendo ademais boas ocasións de Íker ou Álvaro, dous balóns á madeira e varios córners perigosos. Tamén Yago e Ryan avisaban na primeira metade.

Pero arrincaba a segunda metade cos mellores minutos do cadro de Álex Romero, que marcaba por medio de Ryan e conseguían xogar máis en campo contrario. Mediada a segunda metade o cadro de Bibi foi subindo liñas e facéndose co control do medio campo, metendo atrás ao cadro local. A pesar de estar firmes en defensa o Louro tivo a opción de empatar o encontro, sobre todo na derradeira xogada con un tiro cruzado dentro da área, resultado que sería o máis xusto despois do visto no campo.

Coristanco - Porteño (2-0)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan Fraga, Kevin, Belar, Sergio Lorenzo, Dani Loureiro, Raúl, Adrián pazos, Casti, Alex López. Tamén: Damián, Erre, Rodrigo, Randy e Diego Castro.
  • Porteño: José, Nico, Pejo, Brais Mouzo, Rodri, Mayor (Miguel), Joseba (Pablo), Nico (Saviola), Darío Chipi, Juan oVello.
  • Goles: 1-0, m.38: Casti; 2-0, m.75: Rodrigo.

Coristanco-Porteno

Gran vitoria do Coristanco ante un Porteño que volve frouxear, a pesar de facer unha boa primeira metade, con varias ocasións para abrir o marcador. EPeronunha das poucas chegadas da primeira metade do cado local Casti abría o marcador.

Cambiaron as tornas na segunda, e o Coristanco foi dominador ante o mal segundo tempo dos de Cousillas, que non deron conectado, chegando tarde a todos os balóns. O Coristanco moito máis aguerrido, sentenciaba nunha contra e mesmo puido caer o terceiro, despois da expulsión de Juan oVello no treito final por protestar

Ponteceso - Cee (7-0)

  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Eloy Trigo, Iván Rod. Pedro, Luca, Martín Puente, David Castro, Eloy Álvarez, Alberto Recarey e Neira. Tamén: Samueo, Juan Rey, Joze, Raúl e Héctor.
  • Cee: Jorge, Oreiro, Borja, Jose, Anxo, Iago Trillo, Bujeiro, Bruno, Isma, Gabri e Quique. Tamén: Yago, Miguel, Eze, Fraga e Jonathan.
  • Goles: 1-0, m.27: Alberto Recarey; 1-1, m.31: Quique; 2-1, m.40: Eloy Trigo; 3-1, m.42: Pedro; 4-1, m.62: Alberto Recarey; 5-1, m.68: Martín Puente; 6-1, m.70: Raúl; 6-2, m.82: Bruno; 7-2, m.87: Martín Puente de penalti.

Partido con pouca historia, cun Ponteceso moi superior ante un Cee moi feble, que só aguantou o chaparrón ata o descanso. Adiantarianse os locais por medio de Alberto Recarey mediada a primeira parte despois de varias chegadas a área sin fructificar. Aínda así o Cee conseguiria empatar o encontro e poñer algo de emoción, pero nada máis lonxe da realidade. Dous goles case consecutivos nos últimos minutos da primeira por parte dos locais deron paso a un segundo tempo de tramite onde o Cee entregou o partido totalmente baixando os brazos e resignándose o seu destino, encaixando outros catro goles e anotando outro de maneira anecdótica.

Camariñas - Baíñas (2-0)

  • Camariñas: Pablo, Carlos, Caamaño, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Nazo, Hugo (Julián), Soule, Mario (Manuel), Djibril.
  • Baíñas: Maikel, Raúl, Maikol, Manu, Héctor, Charlie, Oreiro, Adrian, Cristian, Kevin e Fabián. Tamén: Dylan.
  • Goles: 1-0, m.80: Djibril despos dun rexeite do porteiro; 2-0, m.90: Julián de tiro raso tras unha asistencia de Djibril a centro de Nazo.

     

    Partido condicionado polo tempo, con moito vento e chuvia no Vicente Carril, que comezaba co vento a favor do cadro local, pero cun Baíñas que saía a presionar arriba para intentar non deixar comodidade na saída de balón. Así e todo a chispa dos Mario, Soule e Djibril facía que os de Cabrejo dispuxesen na primeira metade de dúas boas ocasións, nun remate de Djibril de cabeza e outra de Mario, nos que o meta Maikel respondía con sendos paradóns.

    Na segunda parte, co vento a favor, o Baíñas víñase arriba, gañando duelos e competindo man a man. Pero pouco a pouco os camariñáns impoñían o seu xogo, empurrando cara a meta. Avisaba Mario a centro de Soule e Djibril, que marcaba a 10 do final aproveitando un rexeite do porteiro. Xa contra o pitido final, o xuvenil de primeiro ano Julián marca a sentenza.

    Castriz - Camelle (6-0)

    • Castriz: David Gerpe, Rodo, Samuel, Adrián García, Brais, Piñeiro, Iván Facal, Jairo, Sebas, Noli, Pastoriza. Tamén: Fabián, Álvaro, Martín Gemelo e Braulio.
    • Camelle: Pirata; Martin, Dido, Ruso, Makareno (Gabi), Pablo; Crejo, Estiben, Chans, Pastelero (Chori) e Mariño (Óscar).
    • Goles: 1-0, m.12: Noli a deixada de Sebas; 2-0, m.22: Adrián García; 3-0, m.50: Sebas; 4-0, m.63: Iván Pastoriza; 4-0, m.75: Adrián García; 6-0, m.78: Álvaro de oportunista de área.

    Outra vez partido sen moita historia onde o Castriz foi moi superior, nun campo de San Pedro, un dos que mellor drena da categoría. Intentaron aproveitar o vento a favor o Camelle, cun par de ocasions nos primeiros 10 min, e aguantando ben tacticamente e a nivel defensivo. Pero foi o Castriz o que abría o marcador aso 12 minutos, e o que marcaba o segundo por medio de Adrián García.

    Na segunda parte con aire a favor, xa foi un aluvión xalleiro, cos de Sergio aguantando o doble chaparrón como podía.

    Cabana - Corme (1-3)

    • Cabana: Manu Nantón, Mario, Migul, David Rey, Ferreiro, OIván Rey, Nando, Micky Pose, Aarón Casás, Simón. Tamén: Diego, Roi, Pablo Pose, Christian.
    • Corme: Adrián, Dani Reigía, Brais Pailos, Aitor, Mauro, Hugo, Eloy Villar, Miguel, Lucas, Rubén, Isra. Tamén: Borja Torrado, Yago, Noel, Martín e Senén.
    • Goles: 1-0, m.5: Simón; 1-1, m.25: Aitor; 1-2, m.45: Lucas; 1-3, m.75: Isra.

    Partido moi intenso, xogado en horario nocturno e baixo o temporal, no que o Cabana con bloque alto saía presionando moito. Pronto marcaba Simón aproveitando un barullo na área. O Corme intentaba repoñerse, tomando o mando da pelota, e conseguía empatar no ecuador da primeira metade cun remate de Aitor nunha falta lateral.

    O balón ía por alto de campo a campo, sendo as segundas xogadas as protagonistas. Tivo o Cabana varias ocasións pero sufría expulsiónd e Miguel, e era Lucas o que aproveitou un balón morto nun charco para facer o segundo para o Corme xusto antes do descanso.

    Cun home menos o Cabana intentouno na segunda, pero nunha contra sentenciaba Isra.

    CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

    MÁIS INFO

Comentarios