Unha de cal e unha de area para a familia Fisober

As xogadoras do Fisober co fillo de Fran Toba

Bo partido o que xogaron as costeiras na tarde do sábado nas IDM O Conco de Dumbría, ante un rival sempre complicado, e nunha situación na que ambos conxuntos chegaban en postos correlativos na clasificación, con posibilidade de quedar moi cerca, aínda que o triunfo do Fisober fai que deixen ás lucenses a 9 puntos pero con 2 partidos menos para as visitantes.

Menos sorte tiveron os chicos na súa visita ao líder ao pavillón de Santa Isabel de Santiago de Compostela, onde a pesar da ilusión de pelexar contra un equipo co que comparte temporada de creación na categoría masculina, teñen obxectivos moi diferentes. 

PREFERENTE FUTGAL FEMININA - xornada 25

  • Resultado: FISOBER FSF - RIBEIRA FS: 3-1.
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Barca, Sabela; tamén: Ana, María, Andrea, Saray.
  • Goles: 1-0 min.13 Paula; 2-0 min.37 María, 3-0 min.38 Ana, 3-1 min.38.

Desfacía a igualada inicial Paula cunha gran xogada individual e posterior zurdazo pola escadra, e con ese 1-0 chegábase ó tempo de lecer. A volta de vestiarios, e con igualdade e ocasións para ambas partes, mantíñase a mínima diferencia prácticamente durante toda a segunda metade, ata uns tres últimos minutos tolos nos que chegaban dous novos goles do Fisober, un por mediación de María que convertía tamén desde fora da área un balón rexeitado do poste, e outro por parte de Ana que remataba unha asistencia tras xogada de Patri no que parecía a sentencia definitiva, aínda que o definitivo 3-1 do Ribeira parecía darlle algo de emoción ós últimos dous minutos de partido. 

A vindeira xornada toca visitar a capital para enfrontarse á SD A Gaiola.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA - xornada 27

  • Resultado: CD COMPOSALA - FISOBER FSF: 9-1
  • FISOBER: Brais, Juan, Pablo, Mario, Iago; tamén: David, Javi, Carlos, Iván, Champi, Suso, Edgar.
  • Goles: 1-0 min.4, 2-0 min.10, 3-0 min.13, 4-0 min.15; 5-0 min.20, 6-0 min.21, 7-0 min.26, 8-0 min.35, 9-0 min.37, 9-1 min.38 Suso.

O encontro comezaba cos conxuntos dispostos a presionar e manter un ritmo alto desde o primeiro minuto, con chegadas para ambos e cun equipo costeiro que tivo varias ocasións e ben puido terse adiantado no marcador, pero quen sí o conseguía eran os santiagueses cun auténtico golazo que daba mostra da súa calidade. Logo de varias chegadas máis e un bo traballo defensivo apoiado nas paradas de Brais, mediada a primeira parte os líderes rachaban definitivamente o encontro con tres golazos en 5 minutos, que subían o 4-0 ó marcador para chegar ó descanso.

Tralo paso por vestiarios, de novo os costeiros saían dispostos a recurtar distancias, malia que nas dúas primeiras ocasións da segunda metade caían dous goles máis á contra para os locais, que pechaban definitivamente o partido. De aquí ata o final, tan só a boa defensa e a gran actuación de David conseguiron deixar o resultado final nun 9-1, co tanto da honra obra de Suso cun tiro exterior de saque de banda.

A vindeira xornada visita Dumbría o ADC Lugo Sala “B”, o 2º clasificado da competición.
 

Máis crónicas do FUTSAL

Outras novas sobre o FUTFEM