mércores. 30.04.2025
El tiempo

FSF: A familia Fisober volve sufrir o sabor da derrota

Fisober Masculino
O Fisober Masculino caeu na pista do pechacancelas
FSF: A familia Fisober volve sufrir o sabor da derrota

Tras varias semanas boas, os dous equipos sénior do Fisober volveron comer pó. As de Fran Toba, malia recuperar varias xogadoras, notaron a falta de ritmo e non puideron prantar cara a un dos líderes da categoría, que asi e todo tivo que dar o mellor de sí para levar os 3 puntos, nun partido que podedes ver partido na nova plataforma Tiivii.gal.

Tampouco sacou nada positivo o cadro masculino na pista do pechacancelas, volvendo complicarse a vida na zona baixa.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA, xornada 23

  • Resultado: FISOBER FSF - ESTRELA FUTSAL (1-5).
  • FISOBER: Sharay, Paula, Barca, Saray, Patri; tamén: Ana, María, Alba, Andrea.
  • Goles: 0-1 min.16, 1-1 min.18 Paula, 1-2 min.18; 1-3 min.21, 1-4 min.24, 1-5 min.37.

FSF Fisober FEM no Conco

Partido disputado na noite do venres nas IDM O Conco de Dumbría, que comezaba o partido coas costeiras conscientes da superioridade física do rival, pero tamén sabedoras de que estando moi ben plantadas na pista e coa calidade e o fútbol sala das xogadoras locais, todo era posible mentres o marcador fose axustado, e así pasou a primeira metade, coas visitantes dominando o balón e tendo algún achegamento ben repelido por Sharay, mentres que o Fisober era quen de roubar e facer algunha xogada con perigo ante a portería rival, facendo que a porteira se lucise en varias parades de mérito.

A igualdade era máxima e o primeiro gol puido chegar para calquera equipo, ata que a dous minutos do descanso chegou o momento tolo de partido, con dous goles visitantes e un local desde campo propio de Paula, que facía chegar co 1-2 ó tempo de lecer e todo aberto para a segunda metade.
Foi á volta de vestiarios cando se rachou o partido, con dúas imprecisións en campo propio do Fisober que se pagaron moi caras, con 15 minutos por diante e o 1-4 no marcador, e logo de varias chegadas á meta visitante que non remataron en gol, finalmente o non dar recurtado diferencias co paso dos minutos fixo que o Estrela puxese o 5º e definitivo tanto nun partido que deixa boas sensacións para o Fisober de cara ó tramo final de competición.
A vindeira xornada visitan a pista do BuleBule.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA , xornada 25

  • Resultado: FS PONTEDEUME - FISOBER FSF (5-2)
  • FISOBER: David, Pablo, Carlos, Juan, Mario Ferreiro; tamén: Mario, Suso, Alejandro, Champi.
  • Goles: 0-1 min.1 Carlos, 0-2 min.14 Mario Ferreiro, 1-2 min.16, 2-2 min.17; 3-2 min.21, 4-2 min.31, 5-2 min.39.

Partido un tanto raro do Fisober, que comezaba adiantándose moi pronto no marcador, dominando totalmente e tendo moitas e boas ocasións, pero rematou sen ser capaz nin merecedor de manter a renta conseguida e deixando 3 puntos importantes na pista do pechacancelas.
Logo de manterse o 0-1 gracias á gran actuación do porteiro local, mediada a primeira metade o cadete Mario estreábase como goleador co sénior, facía o 0-2 e ampliaba vantaxe. A partir deste momento, co Fisober mantendo chegadas perigosas, os locais arriscaban algo máis e comezaban a facer dano con balóns en largo e xogo de pívot, recurtando diferencias en momentos clave e conseguindo o 2-2 antes do descanso.

Logo do paso por vestiarios, o Pontedeume sorprendía cun gol moi rápido que deixaba tocados ós costeiros, que non foron capaces de xogar cómodos en ningún momento da segunda metade, chegando a inquietar só con tiros lonxanos e con algunha chegada perigosa, pero sen dominar claramente ó rival, e aínda que as boas paradas de David mantiñan a distancia no marcador ó mínimo, a expulsión de Carlos por doble amonestación facía aínda máis difícil a remontada, polo que os locais rematarían anotando ata o definitivo 5-2 nuns últimos 20 minutos para olvidar.
A vindeira xornada chega a Dumbría o 5 Coruña “B”.

Máis crónicas do FUTSAL

Outras novas sobre o FUTFEM

Comentarios