Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober déixase medio ascenso na casa

paula Fandino co Fisober
FSF: O Fisober déixase medio ascenso na casa

O Fisober deixouse na noite do venres moitas das súa opcións de título recibindo un gol nos últimos segundos do partido o que o deixa a expensas dunha derrota do Meigas e que as costeiras non se deixen máis puntos nas últimas dúas xornadas.
Despois de todo un curso pelexando no alto da táboa, o único ascenso esváese nun tanto recibido sobre o pitido final ante un sempre complicado Cidade de Pontevedra.

Liga Autonómica - Preferente Feminina, xornada 28

  • Resultado: FISOBER FSF – FS CIDADE DE PONTEVEDRA (3-3).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Paula Fandiño, Ana, tamén xogaron: Lucía Martínez, Uxía, Saray, Barca, Nuriña.
  • Goles: 0-1 min 4 Heba, 1-1 min 15 Adriana, 2-1 min 20 Saray, (descanso), 2-2 min 26 Allyson, 3-2 min 34 Paula Fandiño, 3-3 min 40 Tamara.

Fisober celebrando tanto

Chegaba ao Conco un vello coñecido do cadro de Fran Toba, un dos equipos que partía coma favoritos ao título con xogadoras de moito nivel, pero que fica na 6ª posición.
O choque comezou moi pechado, pero o primeiro que deu un paso foi o visitante xa que aos catro minutos era a visitante Heba a que adiantaba as das terras do Lérez. O gol provocou algo de ansiedade nas locais sabedoras que debían remontar para seguir na puxa pola Liga.
Foron pasando os minutos e as locais dando chanzos cara adiante pouco a pouco. Así mentras caía a área no reloxo foi Adriana a que aproveitou unha combinación para facer a igualada no minuto quince. Colleron folgos as de Fran Toba na busca de rematar a remonta nesta primeira metade e así foi cando case encaraban o túnel de vestiarios foi Saray a que marcou o segundo gol local e puxo por diante ao Fisober.

A volta de vestiarios pasaban os minutos pero nada trocaba ata que Allyson no minuto 26 de novo poñía as táboas no electrónico. Outra vez as costeiras ca espada de Damokles sobre elas na busca de poñerse por diante. Apretaron os dentes e déronlle un pulo máis ó partido, ata que no minuto 34 todo mudaba e foi Paula Fandiño a que marcaba o tres a dous e poñía de novo por diante as locais.

Tocaba sudar para manter o resultado e o triunfo. E cando todo parecía feito, dentro dos últimos segundos un gol de Tamara deixaba frías as locais e os siareiros que vían como se marchaban dous puntos das mans.

Agora toca esperar unha derrota do Meigas e non voltar a errar. A vindeira xornada toca visitar ao terceiro clasificado o Terra de Celanova, unha das pistas nas que perdeu o Meigas o que mostra a dificultade do rival.

NOVAS DO FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

 

Comentarios