FSF: O Fisober afianza a 4ª praza e o Amarelle Santa Comba conta as horas para a visita do líder
O Fisober levouse o triunfo nunha tarde sabatina no Conco chea de goles e de minutos para todas as xogadoras. Unha vitoria para afianzar a 4ª praza.
Pola súa conta, o Amarelle Santa Comba, dirixido por Nacho Tuñas e auxiliado por Sergio Vieites, iniciaba a segunda volta da Liga Regular A cunha vitoria na Pastoriza, colleitada no treito final dun igualado partido, gracias aos goles de Nuria (2), Elsa e a costeira Eva Lema.
Pensan xa as xalleiras na visita do líder do grupo, e único rival ao que as xalleiras non puideron impoñerse, o Praias de Barreiros CD.
Preferente, xornada 27
- Resultado: FISOBER FSF – BALAIDOS CF (8-5).
- FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Carre; tamén xogaron: Claudia, María Dumbría, Lucía Martínez, Uxía, Saray, Mai, Lucía Canosa.
- Goles: 1-0 min 3 Paula Fandiño, 2-0 min 3 Ana, 2-1 min 5 Noe, 3-1 min 8 Saray, 3-2 min 10 Ireka, 4-2 min 15 Adriana, 4-3 min 18 Iria, 4-4 min 19 Noelia Feijoo, (descanso) 5-4 min 21 Ana, 5-5 min 34 Noe, 6-5 min 36 Carre, 7-5 min 37 Saray, 8-5 min 39 Paula Fandiño.
Comezaba o partido co cadro local dominando e marcando pronto. Pero as viguesas comezaron a presionar e recurtaron. Era un toma e daca e cada gol local era respostado polas visitantes. Pero o Fisober sorprende co xogo de cinco e cun gol de Adriana para o catro a dous. Pero ao final da primeira metade o Balaidos faise forte e marca dous goles para chegar igualados o tempo de lecer e incluso tivo unha para irse en vantaxe.
O inicio da segunda metade foi cun novo tanto costeiro desta vez obra de Ana para volver a poñer as suas por diante. Tras varias ocasións nas dúas áreas volvúa o empate, pero Carre, de doble penalti, metía por diante ás costeiras. Quedaba pouco e as visitantes arriscaban co xogo de cinco e o Fisober sacaba proveito con dous novos goles obra de Saray e de Paula Fandiño, sentenzando o partido.
A mala nova era protagonizada por Mai, que sufría unha lesión no xeonllo.
partido cunha posible lesión de xeonllo de Mai.1ª Autonómica Feminina, Liga Regular A, xornada 6
- Resultado: UD Pastoricense - Amarelle Concello de Santa Comba (2-4)
- Amarelle Concello de Santa Comba: Tania, Ge, Andrea, Nuria, Lidia (cinco inicial), Elsa, Sheila, Lucía, Eva Lema, María.
- Goles: 0-1 Nuria (min. 23); 0-2 Nuria (min. 24); 1-2 Mirian (min. 31); 1-3 Elsa (min. 40); 2-3 Noa (min. 46); 2-4 Eva Lema (min. 46).
O partido empezaba con dous equipos tomando distancias na pista, e moitísimo respecto. Só a 2 do descanso Nuria abría a lata con dous tantos consecutivos.
Na reanudación, o UD Pastoricense conseguía recortar distancias no marcador aos seis minutos, cun gol de Mirian, e no ecuador Elsa ampliaba a renda de novo. Xa nos minutos finais do partido, o UD Pastoricense conseguía volver recortar distancias, e subir o 2-3 ao marcador; pero Eva Lema tras unha contra xalleira poñía o 2-4 no marcador, que ao cabo resultaría definitivo para a vitoria do Amarelle Concello de Santa Comba.
Máis información
- Clasificación do Fisober da Preferente Feminina.
- Clasificación do Amarelle Santa Comba na 1ª Autonómica.
Novas do FSF
- FSF: O Fisober asegura a permanencia e mira cara arriba.
- Fisober e Amarelle Santa Comba suman novas vitorias.
- FSF: O Fisober sobre a primeira derrota no Conco e o Amarelle Santa Comba segue gañando.
- FSF: O Fisober caeu en Begonte.
- O Fisober desfai o maleficio do pavillón de Cee.
- FSF: 4 de 6 para o Fisober na finde mentres o Amarelle Santa Comba comeza a segunda fase con vitoria.
- FSF: O Fisober non puido sumar ante o Lieders.
- FSF: O Fisober consegue endosarlle a primeira derrota ao líder e o Amarelle Santa Comba segue imparable.
- FSF: O Fisober afianza un empate no Carballiño que alonxa o perigo.
- FSF: O Fisober escapa do perigo dende Vigo.
- O Fisober despide o ano con sorriso.
- FSF: As televisivas do Fisober volven cun empate de Vigo.
- FS: O traveseiro evitou alegrías para Fisober e Villa de Cee.