FSF: O Fisober masculino retrasa a certificación da permanencia
Gaiola e Fisober igualaron nun partido entre dous equipos que transitan na parte media da táboa.
Pola súa parte, o masculino disputou un deses no que todo vai mal dende o inicio e ten a mente posta na visita ao Casás, o equipo que está xusto 4 puntos por debaixo. Será a penúltima xornada e de perder o choque e gañar tamén o Estrada, podería meterse en problemas de cara a última xornada.
PREFERENTE FUTGAL FEMININA, xornada 26
- Resultado: GAIOLA – FISOBER FSF (2-2)
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Barca, Saray; tamén: Ana, María, Alba.
- Goles: 0-1 min 3 Paula, 1-1 min 4 Laura, ( descanso), 1-2 min 31 Saray, 2-2 min 36 Estela.
Cuns primeiros minutos no que o conxunto dirixido por Fran Toba se adiantaba o pouco do inicio por mediación dun gol de Paula Fandiño pero o cal non tardaban en respostar as locais por mediación de Laura.
No resto desta primeira metade xa non se moveu máis o electrónico co cal o resultado co se chegou ó tempo de lecer foi esa igualada a un tanto dos primeiros minutos.
No segundo periodo o partido seguía co mesmo rumbo e sen mover o marcador. Ata que mediada está segunda metade Saray desfacía a igualada para poñer por diante as costeiras. A falla de pouco máis de catro minutos para o fin era Estela a que poñía o definitivo dous a dous co que se chegou ó fin do partido.
A vindeira xornada, xa despois do parón de Semana Santa as costeiras reciben a visita do segundo clasificado ó Stellae Leis Pontevedra.
PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, xornada 28
- Resultado: FISOBER FSF – ADC LUGO SALA B (1-7).
- FISOBER: Brais, Iago, Juan Emilio, Mario Ferreiro, Carlos; tamén: David, Iván, Adri, Alex, Pablo, Champi, Suso.
- Goles: 0-1 min 1 Pablo, 0-2 min 2 Mitxel, 0-3 min 6 Tasei, 1-3 min 13 Carlos (descanso) 1-4 min 33 Mitxel, 1-5 min 34 Mitxel, 1-6 min 34 Mitxel, 1-7 min 37 pp.
Encaixou dous goles case de saída o Fisober e ata a metade da primeira metade non deron atopado o seu lugar no partido grazas a un gol de Carlos e a que Brais parou un dobre penalti, que fixeron que os locais gañaran en confianza. Pero as ocasións que tiveron parounas o porteiro visitante e nunca tiveron control real do partido. Chegando co un a tres ó tempo de lecer. A segunda metade foi algo mellor de inicio, pero o cansanzo e as boa actuación do porteiro rival fixeron imposible seguir recurtando distanza. O un a catro foi un mazazo, e sen forzas e sen esperanzas o Lugo B aproveitouno para a goleada final.
A vindeira xornada tralo parón de Semana Santa visita ó Casás nun partido que pode ser transcendental ou non.
Máis crónicas do FUTSAL
- X.25: Unha de cal e unha de area para a familia Fisober.
- X:23: A familia Fisober volve sufrir o sabor da derrota
- Unha vitoria para papá.
- X.21: Doble goleada da familia Fisober.
- X.20: O Fisober masculino escapa do descenso vencendo a un rival directo.
- X.19: O Fisober masculino suma un importante punto.
- X.18: As baixas condenan aos dous equipos sénior do Fisober
- X.16: Doble derrota da familia Fisober
- X.15: FSF: O Fisober masculino saca a cabeza do pozo e o FEM segue gañando.
- X.12: O Fisober non puido pechar o ano con vitoria.
- X.11: O Fisober prepara, con goles, o asalto á Cidade de Pontevedra.
- X.10: O Fisober volve coller velocidade.
- X.9: Xornada con doble vitoria para a familia Fisober.
- X.8: O Fisober sucumbe ante o intratable líder.
- X.7: O Fisober coller velocidade de cruceiro para enfrontarse ao líder
- X.6: Fundamental triunfo do Fisober en Guitiriz
- X.5: O Fisober retoma o pulso da temporada.
- X.4: O Fisober non arrinca.
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional