FUTFEM: Nova xornada á espera do álbum
Nova xornada das dúas categorías do fútbol feminino costeiro, que xa ten a mente posta nun álbum de cromos que está a piques de saír do prelo.
Xa no deportivo, na 2ª, o Xallas segue ao seu cara o ascenso mentres Cee e Dumbría seguen en cómodas posicións.
Na Liga da Costa, co Corme arriba de todo, Muxía (conseguiron alonxar a un Cabana que viña moi forte) e Bergan B seguen pelexando pola segunda praza, con permiso de Ponteceso e Corcubión.
Unha segunda praza que periga no Gr.4, trala segunda derrota consecutiva da Esteirana.
2ª Div. Galega, Gr. 1, xornada 23
Cee - Meicende (3-0)
- Cee: Noemi, Lurs, Lucía Ramos, Nerea, Laura, Martínez, Caamaño, Saray, Sharay, Naiara, Nayara. Tamén: Valeria, Sabela, Thalia, Minerva.
- Goles: 1-0, m.11: Naiara; 2-0, m.47: Naiara; 3-0, m.51: Lucía Ramos.
Venceu con solvencia o cadro de Rafa ao Meicende na maña dominical. A primeira parte transcurre con posesión do Cee, que a maioria do tempo estaba en vampo contrario pero non tiña moitas ocasións de gol claras, despois de que Naiara abrira o marcador cun golazo lonxano.
Na segunda parte o Cee comezou cunha marcha máis e nada máis saír Naiara completaría o seu doblete nun tiro dentro da área. E poucos minutos máis tarde Lucía Ramos marcaría probablemente un dos goles da tempada tras irse pola banda de varias defensoras e tras chegar ao área e case sen ángulo marca un golazo por toda a escuadra. A partir de aí o partido baixou de ritmo e ficou controlado polo cadro costeiro.
Orzán B - Dumbría (7-2)
- Dumbría: Sheila, Noa, Carril, Mariña, Mai, Kelly, Lara, Paula Fandiño, Claudia Cundíns, Sabela e Juliette. Tamén: Lucía, Yaixa e Carla.
- Goles: 1-0, m.24; 1-1, m.27: Paula Fandiño; 1-2, m.36: Claudia Cundíns; 2-2, m.48; 3-2, m.53: de penalti; 4-2, m.61; 5-2 m.62; 6-2, m.70 7-2, m.75.
Estrano partido do Dumbría que comezaba competindo correctamente, a pesar das baixas, ante un equipo con fame e calidade, mesmo remontando o gol inicial das herculinas e acabando por diante o primeiro tempo. Pero sen saber moi ben por que, o equipo desconectouse na segunda.
Recibiu pronto o empate o cadro de Santi Lira, quee acabou consumado polas dúbidas e o medo e recibiu unha goleada dolorosa.
Xallas - Silva (4-0)
- Xallas: Rosío, Carla, Cali, Barcia, María Rial, Andrea Otero, Espasandín, Valeria, Sara, Facal e Olalla. Tamén: Sonia, Patricia, Carmen, Laura e Yaiza.
- Goles: 1-0, m.7: Olalla; 2-0, m.22: Carla remata un centro de Barcia; 3-0, m.35: Espasandín a centro de Barcia; 4-0, m.52: Cali a pase de Cali.
Tiña gañas o Xallas despois da derrota ante as líderes e para devolverlle ao Silva a única derrota sufrida na primeira volta. E así saíron ao campo, loitando cada balón, sen deixar xogar case ás rivais. O primeiro gol chegou nunha apetura en banda de Espasandin a Oli e esta fai unha aunténtica obra de arte dende a frontal da área. No ecuador do primeiro tempo chegaba o segundo tras unha gran xogada combinativa, na que Barcia saca un bo centro, que remataría Carla na área chegando dende atrás con esa forza que nos acostuma en cada acción. O terceiro chegaria nunha nova xogada de Barcia por banda que saca un novo centro e remata as redes Espasandín, recentemente convocada coa selección galega sub 16.
Despois de máis ocasións, a segunda, o cadro de Eloy seguuiría dominando, facendo o cuarto, e chegando por medio de Carmen ou Oli. Rosío tería que aparecer nun xogada aillada, cunha gran parada nun man man.
3ª Div. Galega, Gr. 2, xornada 18
Muxía - Cabana (3-0)
- Muxía: Vero, Ana Toba, Andrea Piroja, Andrea Dom., Nerea Pazos, Nuria, Elsa, Patri Romaní, Raquel, Barca e Claudia. Tamén: Paula CVilela, Nerea Barrientos, Karen.
- Cabana: Miriam, María, Sheila (Valeria), Laura, Irene, Inma, Alejandra, Antia Pazos, Natalie (Nuria), Adriana (Saray), Iria.
- Goles: 1-0, m.22: Barca de cabeza tras xogada individual de Patri Romaní; 2-0, m.27: Elsy de tiro cruzado; 3-0, m.88: Barca.
Partido entre dous equipos que traían unha boa serie de resultados e no que o Muxíaa impuxo o seu ritmo dende o primeiro o que o levou a dominar e anotar dous goles por medio de Barca (o primeiro gol de cabeza da longa traxectoria desta muxiá de 39 anos) e Elsa. Aparecíu moi pouco o Cabana que sufriu a lesión de Adriana aos 20 min e costoulle sobrepoñerse a baixa. A “internacional” Miriam tivo que aparecer en varias ocasións.
Xa no segundo tempo igualouse máis o partido. O Cabana de José Manuel meteuse en campo contrario puido meterse de cheo se Irene acertare en dous man a man ante Vero (un saíu alto e outro parono Vero). Pero non acertaron e á contra xa no tramo final do partido chegaria o definitivo 3-0 por medio de Barca que tras duas boas paradas de Miriam definiria para sentenciar o partido.
Corcubión - Fisterra (2-0)
- Corcubión: Elena Atán, Alexandra Lojo, Marta, Cris, Andrea Rod., Andrea Romero, Noa, Tati, Sandra, María Castro e Trini. Tamén: Ellisa, Carla, Ana Sierra, Isa e Serena.
- Corcubión: Lucía, Ana, Tamara, Marcote, Aroa, Sandra, Jimena, Xaira, Paula Valladares, María Díaz e Jenifer. Tamén: Adela, Bego e Irene.
- Goles: 1-0, m.5: Trini; 2-0, m.57: Ana Sierra.
Derbi moi igualado, que comezaba cun tempraneiro gol de Trini para as de Rubén Castillo. Pero as de Fran Pazos, que leva unhas semanas á fronte do equipo trala saída de Fran Pequeño, non se desfixeron e aguantaron moi ben toda a primeira metade.
Comezaba co mesmo guión a segunda, co tanto desta volta de Ana Sierra, e cun penalti que non conseguían transformar as locais. Pero as fisterrás competiron moi ben e demostraron a súa unión e melloría.
Camariñas - Pastoriza B (5-1)
- Camariñas: Desiré, Laura Garrote (Leti), Rocío, Rosana (Saray), Uxía (Lara), María, Laura Pose, Aitana, Yara, Laura Paredes (Maira) e Paula Mouzo (Alba).
- Goles: 1-0, m.42: Paula Mouzo; 2-0, m.49: Laura Paredes de cabeza; 2-1, m.64: Andrea Lamas; 3-1, m.73: Alba; 4-1, m.87: Yara fai un golazo de falta directa; 5-1, m.91: Laura Pose.
Partido totalmente dominado polo Camariñas, que tardou en meterse por diante, fallando dúas grandes ocasións por medio de Yara. Só foi ao fío do descanso cando Paula Mouzo si conseguía abrir o marcador. Pero nada máis comezar a segunda, Laura Paredes ampliaba a renda. Recortarían as visitantes, pero as de Cabrejo, Enrique e Pepucho non decaeron e pronto reaccionaron marcando tres novos tantos, o cuarto, de Yara de falta, para enmarcar.
Zas - Mazaricos (2-2)
- Zas: Noelia, Sara, Lorena, María, Carlota, Inés, Lara, Lucía R., Nerea, Olalla e Lucía. Tamén xogaron: Tania T., Alvite, Nuria, Andrea e Tania.
- Mazaricos: Vale, Antía, Silvia, Fátima, Buján, Raquel, Leire, Graci, Claudia, Tamara e Ánxela. Tamén: María Senra, Paula Rod. e Iria.
- Goles: 0-1, m.22: Tamara, 1-1, m.61: Nerea dende a frontal; 1-2 m.73: Silvia; 2-2, m.87: Nerea.
Gran empate do Zas ante o Mazaricos. O equipo de Marcos comezaba dominando pero non conseguía superar a tea de araña do cadro de Anxo Garrido, que esperaba para sacar algunha contra. No ecuador do primeiro tempo, unha fermosa combinación das amarelas permitíalle a Tamara abrir o marcador.
Na segunda, as locais deron un paso adiante, os cambios meteron máis ritmo e conseguiron crer na remontada. Nerea conseguía o empate, pero pronto respondían, asumindo de novo o control do balón as amarelas, e meténdose de novo por diante cun tanto de Silvia. Pero o Zas non baixou os brazos e na última xogada do encontro Nerea volvía a poñer o empate rematando de tacon un centro lateral.
Soneira - Bergan B (0-3)
- Soneira: Martina, Rosa, Cristal, Uxía Albores, Uxía Lema, Cris, Agra, Marcela, Leila, Villaverde e Sara Peña. Tamén: Paula, Ana Mouzo, Daniela, Lara e Zoe.
- Bergan B: Nereida, Antía, Arancha, Sara, Lorena, Amelia, Ainhoa, Carmen, Antía, Aroa e Yousra. Tamén: Faya, Nuria, Paula e Sabela.
- Goles: 0-1, m.15: Carmen; 0-2, m.38: Yousra; 0-3, m.57: Sara.
Partido dominado polo filial, xenerando un bonito e eficaz xogo, ante un cadro soneirán que saía moi enchufado, mesmo tendo varias ocasións como a vaselina de Sara Agra se marchaba alta. Pero a potencia no xogo a balón parado permitiu ás carballesas meterse por diante. Dúas faltas ben colgadas por Antía S. eran rematadas a gol por Carmen e You.
No inicio da segunda parte chegaba o terceiro, un gol de córner directo coa axuda da defensa. Así e todo as de Roland non lle perderon a cara ao partido e pelexaron ata o final.
Cerqueda - Ponteceso (0-2)
- Cerqueda: Inés, Saray, Mariña, Tati, Kayla, Mónica, Alma, Vanesa, Raquel, Inés Amado e Irene. Tamén: Jimena, Sonia, Carla Varela e Carla Busto.
- Ponteceso: Karen (Colores), Berdeal, Myre, Ainhoa, Laura R (María), Silvia, Oanes, Eva, Lara (Lucivili), Andrea, Sarai M.
- Goles: 0-1, m.21: Myre de penalti; 0-2, m.75: Myre nun córner.
Bo partido do Cerqueda que vai competindo moito mellor ante equipos de arriba. Aguantaron as de Miguel Ángel ben ordeadas atrás, cunha boa defensa e un gran papel da gardameta Inés Vega. Só de penalti conseguíu abrir a lata o cadro de Curro na primeira metade.
Mesmo guión na segunda, con poucas ocasións e un novo tanto das visitantes.
Corme - A Baña (10-0)
- Corme: Lucía; Saskia, Aroa (Laura), Irene; Candela, Olalla, Lucía (Salomé), Natalia (Carla Vázquez); Zeltia, Naroa e Cris.
- Goles: Naroa (4), Sakia, Cris (2), Nati, Aroa e Carla Vázquez.
Partido para recuperar sensacións despois de ceder o primeiro empate da temporada a semana pasada, contra un rival valente que non esperou atrás, e acabou pagando a pegada das cormelás, que dedicaron a vitoria a Candela, que estaba de aniversario.
3ª Div. Galega, Gr. 4, xornada 18
Outes - Milladoiro (4-0)
- Outes: Candela, Alicia, Natalia Lago, Gema, Natalia Alonso, Uxía, Graci, Carmen, Carla, Miriam e Laura Lires. Tamén: Carou, Paula, Erika, María e Xeila.
- Goles: 1-0, m.15: Gema; 2-0, m.18: Laura Lires de falta; 3-0, m.33: Carla en xogada individual; 4-0, m.35: Laura Lires de falta de novo.
A pesar de comezar algo frías, as de Dani Salgueiro pronto lle collleron o pulso ao partido, e a partir do minuto 15 comezaron a xerar, sobre todo despois do gol de Gema. Control absoluto dende aí ao descanso, con ocasións por banda e buscando balóns a Carla arriba, colocándose 4-0 ao descanso.
A segunda A segunda parte foi de repartir minutos e controlar o tempo do partido.
Rois - Esteirana (2-1)
- Esteirana: Maruxa, Lidia, Nerea, Terre, Inés, Leti, Lara, Dara, Nuria, Bárbara e Alba. Tamén: Carla, Gina e Lola.
- Goles: 0-1, m.18: Dara; 1-1, m.58: María Lougzili; 2-1, m.65: Erika.
Non puido sair da mala serie que vive o cadro de Fran Figueroa ante un equipo da zona media. Non dan atopado a confianza da primeira volta para concretar todo o fútbol que xeran, e malia meterse por diante na primeira metade, non puideron sentenciar e viron como as locais lles remontaban o choque.
A primeira xa foi de descontrol, a pesar das ocasións xeradas falladas, pero a segunda foi mala, e cando as blaugranas fallaban, as locais acertaba.
Os Miúdos - Chispa (1-5)
- As Miúdas: Siaba, Leire Lamela, Leire Gallardo, Carlota, María Gon., Cris, Clara, Sabela, Marta Verán e Paty. Tamén: Arenea; María García e Iria.
- Goles: 0-1, m.21; 1-1, m.44: Paty; 1-2, m.58; 1-3, m.70; 1-4, m.78; 15, m.83.
A expulsión de Siaba no m.33 condicionou un partido que estaba sendo igualado, conseguindo as de Mané Senande mesmo marchar ao descanso igualadas no marcador. Pero cunha xogadora de campo baixo paus e unha xogadora menos no campo, as muradás non puideron conter as embestidas do 3º equipo da táboa, que ameaza a 2ª praza da Esteirana.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 11-03-2025: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª.
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.