FUTFEM: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa
- Triple vitoria para os equipos costeiros na 2ª Div.
- O Corme salvou o derbi pola mínima.

Triple vitoria para os tres equipos costeiros da 2ª Div. Galega. O Xallas sumou a súa 15ª vitoria consecutiva e saca 5 puntos, pero cun partido máis, ao Pastoriza.
Dumbría e Cee venceron tamén a rivais directos do segundo vagón como son Carral (4º) e Tordoia (3º) demostrando que poden gañar a calquera.
Pero o partido da xornada era o derbi pontecesán da Liga da Costa, na que o lider invicto Corme, superou ao Ponteceso con moitos apuros.
Fermosa está a loita pola segunda praza, con 7 equipos implicados. O Muxía e Bergan B deron un paso adiante, tras vencer a Corcubión e Mazaricos respectivamente, tendo tamén ao Camariñas, Ponteceso e mesmo Cabana, todos metidos nun pano de apenas 6 puntos.
No Sur, a Esteirana non pasou do empate ante as terceiras clasificadas e ve como o Céltiga se coloca por diante; mentres que no derbi saltou a sorpresa e o moi mellorado Outes venceu ás Miúdas, a pesar de que chegaban tras 6 xornadas sen perder.
2ª Div. Fem, Gr.1, xornada 20
Dumbría - Carral (4-2)
- Dumbría: Sheila, Carril, Mai, Kelly, Lara, Sabela, Yoli, Cundíns, Paula Fandiño, María e Eva. Tamén: Lucía, Noa, Yaiza, aura e Carla.
- Goles: 1-0, m.27: Kelly; 2-0, m.30: Paula Fandiño de falta lonxana; 2-1, m.49: Sara Regueira; 3-1, m.67: Claudia Cundíns; 4-1, m.82: Eva Lema; 4-2, m.88: Olalla Vilela.
Gran vitoria do Dumbría ante un rival directo na loita pola promoción, na que o equupo sacou a súa mellor versión, cunha primeira parte case de 10, dominando o ritmo e tendo a calma necesaria para xerar espacios e aproveitalos. Sería kelly quen tras unha boa xogada de María engancharía o balón desde a frontal e poría o 1-0, pouco despois Paula Fandiño nos volvería a enseñar o seu poderoso golpeo facendo gol de falta directa.
Na segunda o equipo visitante daría un paso adiante intentando presionar a saída de balón e conseguíu desconcertar ás costeiras, recurtando pronto. Pero as de Santi Lira non baixaron o ritmo, volveron tomar o mando e chegar a meta contraria. Non foi ata 10 para o final cando Claudia a pase de Eva facía o terceiro que deixaba listo o envite. A fame de gol da muxiá permitíalle facer o cuarto.
Tordoia - Cee (1-3)
- Cee: Valeria, Uxía, Lurs, Nerea, Laura, Martínez, Paula Veiga, Naiara, Nayara, Sharay, Saray. Tamén: Noemi, Gala, Minerva, Lucía Caamaño.
- Goles: 1-0, m.6: Andrea Costa; 1-1, m.34: Nerea; 1-2, m.62: Lucía Martínez; 1-3, m.69: Lucía Martínez.
Partido completo do Cee onde venceu na casa das terceiras clasificadas. Empezou o partido dominando o equipo de Rafa, pero nunha falta marcaría o Tordoia. Transcorría a primeria parte co Cee tendo a pelota e algún aviso dos dous equipos sen causar perigo, Nerea marcaría un gol dende fóra da area empatando o partido.
Tras o descanso o Cee seguiu na mesma tónica e tras unha boa xogada grupal Martinez marca o 1-2. Poucos minutos máis tarde marcaria un doblete, aumentando a ventaxa ao 1-3 definitivo. O partido puido ter mais goles tras sendas ocasións de Paula e Martínez que non entraron a portería, atopandose incluso co pau. Gran vtoria que serve para loitar por permanecer nos postos nobles.
Meicende - Xallas (0-3)
- Xallas: Rosío, Cali, Landeira, Andrea Otero, Laura Velo, Espasandín, Valeria, Noe, Sara, Claudia Facal e Olalla. Tamén: Patricia Val, Marta Lago e Yaiza.
- Goles: 0-1, m.15: Valeria; 0-2, m.42: Cali; 0-3, m.65: Espasandín.
Non fallou o cadro de Elloy García Fateira, sumando unha nova vitoria ante un equipo da zona baixa. As xalleiras, a pesar das baixas, dominaron en todo momento, combiandno ben, presionando moi forte tras perda e non deixando saír do seu campo ás locais. Facal, a centro de Valeria, avisaba, pero era esta a que abriría o marcador nunha xogada individual. Antes do descanso chegaría o segundo tras un gran pase de Laura ao espazo a Cali que definía ante a porteira con moita maestría.
Non baixou o ritmo na segunda o cadro costeiro, moi seguras atrás cunha liña defensiva liderada por Carla e Otero, e con Noe sostendo o medio campo. O gol da tranquildade chegaría tras un pase de Yaiza que Espasandin manda as redes, puidendo Olalla ampliar o marcador, pero onte, sen sorte.
3ª Div. Fem, Gr.2, xornada 15
Cabana - A Baña (3-0)
- Cabana: Miriam, Maria, Sheila (Antia Torres), Laura, Valeria (Begoña), Inma, Antia Pazos (Saray), Alejandra, Iria (Natalie), Irene, Adriana (Nuria).
- Goles: 1-0, m.35: Adriana; 2-0, m.66: Irene; 3-0, m.89: Nuria.
Vitoria do Cabana nun partido que levaron a iniciativa no xogo e dipuxeron de varias chegadas que non conseguiron transformar. Pero o cadro visitante tivo a mellor ocasión do primeiro tempo, cunha falta que puxo en apretos á “internacional” Miriam que conseguiu desviar e finalmente dar no poste. A partir dese momento as locais incrementaron o ritmo e Adriana poñía o 1-0 co que se chegaba o descanso.
Mesma tónica no segundo tempo e de Jose Manuel tiñan un maior dominio pero sen grandes ocasións. Sería Irene quen poñía o 2-0 e daba tranquilidade. Tentou A Baña achegarse a meta local e aproveitar algunha indecisión das locais pero sería Nuria quen poría o 3-0 xa nos minutos finais.

Camariñas - Cerqueda (4-0)
- Camariñas: Desiré, Aitana, Rocío (Natty), Uxía, Saray (Leti), María (Lola), Laura Pose, Laura Paredes (Laura Garrote), Yara, Maira (Daniela) e Paula Mouzo.
- Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Saray, Tati, Carla Busto, Alma, Sonia, Inés, Irene. Tamén: Isa.
- Goles: 1-0, m.7: Yara tras unha cabalgada dende o seu campo; 2-0, m.18: Maira tras asistencia de Laura Paredes; 3-0, m.50: Saray nun córner; 4-0, m.60: Laura Pose.
Compite cada vez mellor o Cerqueda, e nunca se rende a pesar das numerosas baixas, pero o Camariñas foi superior o asado domingo. As de Cabrejo e Faus dominaron o choque e xa se adiantaron moi pronto, e sentenciaron ao comezo da segunda.

Muxía - Corcubión (4-2)
- Muxía. Vero, Ana Toba, Paula Vilela, Nerea Pazos, Andrea Insua, Nerea Barrientos, Elsa, Patri Romaní, Barca, Nuria e Raquel. Tamén: Claudia, Denise, Dolores, Estefanía e Karen.
- Corcubión: Elena, Elisa, Alexandra Lojo, Marta, Carla, Noa, Andrea Romero, Helena, Sandra, María Castro e Paula Trini. Tamén: Ana Sierra, Tati, Andrea Rod., Isa, Serena.
- Goles: 1-0, m.3: Barca a pase de Patri; 2-0, m.17: Barca de penalti; 3-0, m.23: Nerea Barrientos; 3-1, m.40: Alexandra Lojo; 3-2, m.50: Andrea Romero; 4-2, m.78: Patri Romaní a centro de Claudia.
Partidazo en Arliña entre dous equipos que aspiran á segunda praza. Comezaban Patri Romaní e Barca facendo estragos na defensa corcubionesa (que sufría a baixa de Cris, obrigando a retrasar a Trini ao medio campo), colocándose as de Isma Pose moi rápido por diante cun claro 3-0 nos primeiros 20 minutos (o segundo nun protestado penalti por mans de Helena).
Pero non se veu abaixo o equipo de Rubén Castillo que reaccionou. Andrea primeiro avisaba cunha falta ao longueiro e minutos despois Alexandra sí que marcaba a súa falta.
Na segunda logo duns cambios, o Corcubión comezaba dominando e se metía de cheo no partido co tanto tempraneiro de Andrea Romero. Tiveron unha pena máxima Andrea para empatar, pero o balón saía fóra. Fixo dano ese erro no equipo visitante, e espertou o local, que aproveitaba un roubo tras un erro na saída de balón para facer o definitivo cuarto tanto.
Fisterra - Zas (0-3)
- Fisterra: Lucía, Ana, Lidia, Tamara, Irene, Aroa, Sandra, Xaira, María Díaz e Paula. Tamén: Cata, Jenifer, Adela, Jimena e Lucía.
- Zas: Noelia, Sara, lucia, María, Carlota, Inés, Lara, Andrea, Nerea, Tania e Noelia A. Tamen xogaron.: Alba , Olalla, Elsiña e Lorena.
- Goles: 0-1, m.30: Inés; 0-2, m.54: Nerea dende lonxe; 0-3, m.64: Nerea.
Comezaron as fisterrás tendo o balón e chegando con claridade á meta zaseira. Pero non está tendo sorte cara gol o cadro de Fran, e non puido poñerse por diante. Pouco a pouco o Zas foi superando o medio campo, e na súa primeira chegada, marcaba cun gol desde a frontal da área.
Duro varapau para as locais, que viron como na segunda o Zas foi superior, facendo moito dano con balóns ás costas da defensa, con dous tantos da súa pichichi Nerea.
Ponteceso - Corme (0-1)
- Ponteceso: María, Berdeal, Eva, Ainhoa, Noe (Sarai), Silvia, Lago, Muíño, Claudia, Andrea (Lara), Oanes (Myre).
- Corme: Lucía; Saskia, Aroa, Lucía; Zeltia, Olalla, Ana (Irene), Natalia (Candela); Cris, Naroa, Carla (Laura). Tamén: Aurora e Salomé.
- Gol: 0-1, m.87: Zeltia dende fóra da área.
Un dos mellores partidos desta temporada no Pinguel con máis menos 200 afeccionados vendo o encontro. Comezaba o choque con media hora tremendamente igualada, cos dous equipos levando a cabo os seus plans de partido ben donde as defensas se impoñian os ataques. Tivo aí Eva Lago no ecuador do primeiro tempo, unha boa ocasión cun tiro dende a fóra que marchou lambeno o pau. Pero a partir da media hora Ponteceso empezou a decaer físicamente e aparecían os primeiros ocos, que aproveitaban entrando por banda coa velocidade de Carla e Naroa arriba. Tivo que aparecer aí María para facer un paradón a un remate de Nati, e ese rexeite lle queda a Naroa e nunha segunda ocasión mándao o lateral da rede.
Na segunda parte, o Ponteceso sufriu fisicamente, e o Corme dominaba territorialmente pero sen profundidade ante un Ponteceso que o daba todo en defensa.. Carla avisaba, e Aroa estivo a piques de rematar un córner. E xa cando os equipos daban por bo o empate, un erro na saída de balón, caeríalle a Zeltia que cun tiro exterior que iría moi próximo a escuadra do primer pau, marcaría o gol que decidiría o derbi e no que nada pudo facer María para evitar o gol.

Bergan B - Mazaricos (3-0)
- Goles: 1-0, m.30: Julia; 2-0, m.53: Ahinoa; 3-0, m.65: Antía.
Partido moito máis competido do que di o marcador, coa loita pola promoción en xogo. As amarelas saíron moi firmes, tendo mesmo ocasións para abrir o marcador tras roubos no medio campo e a verticalidade arriba, pero a meta local aguantou. Á medida hora do partido unha internada de Julia permitía ás de Noe Iglesias abrir o marcador.
Na segunda, as locais sentíronse máis seguras e pronto facían o segundo. Facían dano por banda ante un equipo xa máis aberto, e a base de eficacia sentenciaron o choque.

Pastoriza B - Soneira (1-1)
- Goles: 1-0, m.3: Triana de córner directo; 1-1, m.12: Kenny.
Empezaba o Pastoriza un pouco meior que as de Vimianzo, e xa no minuto 3 unha gran Triana faria o 1-0 de gol olímpico. O Pastoriza da man de Claudia e Triana seguían a mandar no partido e aínda moi cedo Triana de novo mandaría ao pau un gran disparo de corner. Na seguinte xogada Kenny dende 45 metros anotaría o empate no marcador.
Na segunda parte o partido seguía dominado polo fillial arteixán pero cun Soneira mellor plantado sobre o campo. O Pastoriza intentábao varias veces de córner pero non conseguía rematar entre os tres paus, e as de Roland disporía de dúas ocasions claras cunha internada de Kenny que dentro da área dispara fóra e outro disparo de Kenny que despexa a porteira local. O Pastoriza disporia de dous tiros que parou ben Martina. E xa rematando o partido no 89 o Pastoriza disporía dunha gran ocasión de gol que entre o pau e Laura salvan un punto.
3ª Div. Fem, Gr.4, xornada 15
Esteirana - Juv. Cambados (1-1)
- Esteirana: Naira, Lidia, Terre, Marta, Martina, Leti, Lara, Nerea, Sandra, Bárbara e Rut. Cambios: Uxía, Maruxa e Alba.
- Goles: 1-0, m.21: Bárbara; 1-1, m.37: Carla Varela.
As baixas non impediron ver un partidazo entre dous equipos que xa na primeira volta ofreceron un bonito duelo. Arrancaban máis metidas no encontro as de Cambados, pero só conseguiron achegarse cun disparo lonxano que saeu desviado. As de Fran Figueroa conseguían saír con boas transicións a pesar de non dominar no medio e así, tras un roubo en campo rival de Rut cede a Bárbara que define por alto facendo o 1-0.
Cambiou co gol o dominio e as esteiranas tomaron o mando, elaborando con mellor criterio, armadas cunha boa defensa e cunha Martina que dende o lateral esquerdo defendía e atacaba como si levara toda a vida xogando de lateral a perna cambiada. Pero novamente tras un despexe na frontal o balón rebouta no pe dunha rival e se cola por riba de Naira poñendo o empate antes do descanso.
Na reanudación o choque desenvolveuse no campo cambadés, coas esteirás apretando e apretando, pero ás veces a ansiedade e outra a falta de acerto impediron que chegase o gol da vitoria, vendo como Céltiga volve escapar.
Outes - As Miúdas (3-2)
- Outes: Candela, Cris, Leire Gallardo, Natalia Lago, Gema Roo, Natalia Alonso, Uxía, Carmen, Carla, Miriam, Laura Lires. Tamén: Clauda Carou, Paula, Erika, Graci e Xeila.
- As Miúdas: Siaba, Atenea, Leire, Marta Verán, Iria, María, Adriana Piñeiro, Ximena, Cris, María e Paty. Tamén: Leire Lamela, Clara e Carlota.
- Goles: 1-0, m.16: Gema Roo de penalti; 11, m.22: Ximena; 2-1, m.35: Laura Lires dende o medio campo; 3-1, m.48: Laura Lires; 3-2, m.67: Paty.
Fermoso derbi no Cunchido, ao que chegaban as Miúdas con bos resultados pero con moitas baixas. Comezaba o partido con moito respecto, e moito medio campo. As locais comezaban a apretar sobre a meta de Adriana Siaba, pero esta estaba moi segura, coma sempre. Ata que ao cuarto de hora un penalti abría o marcador para as locais. Pouco despois nunha contra Ximena empataba. O partido estaba roto con idas e voltas e nun balón solto no medio campo, Laura Lires vía a Siaba adiantada e colaba un golazo dened o medio campo.
Arrincaba a segunda co tanto rapidísimo de Laura Lires para as de Dani. Pouco a pouco as Miúdas foron empurrando, metendo a base de coraxe ás da Serra na súa área. Paty recurtaba, pero entre a defensa e a meta Candela, ospuntos quedaron na casa.
A peor nova do partido, a lesión da muradá Ximena, que esperan que non sexa grave.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.