sábado. 15.03.2025
El tiempo

FUTFEM: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee

  • A xornada estivo marcada pola celebración do Día Internacional contra o Cancro.
  • O Corme é o único equipo invicto do Fútbol da Costa.
  • QPC retomou as fotos do álbum do #futfemdacosta.
Liga Feminina_ Cee - Dumbría, en Cee_ copia
Cee e Dumbría unidas contra o cancro
FUTFEM: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee

Nova xornada para as o fútbol costeiro nunha fin de semana na que o equipo de QPC puido retomar as sesións de fotos para o álbum do #FUTFEMdaCosta. Da man do fotógrafo xalleiro Adán Pérez, o remate do álbum está máis preto.

Volven as fotos do album do futbol feminino da Costa da Morte
Sesión de fotos realizada en Cerqueda para o álbum da Costa FUTFEM

No deportivo, hai que destacar a 11ª vitoria consecutiva do Xallas, que saca xa 5 puntos (cun partido máis) ao Pastoriza. Pero o choque da xornada dábase en Cee, onde o Dumbría sacou adiante un derbi de tolas.

Na Liga da Costa, o Corme, o único equipo invicto do fútbol costeiro a estas alturas de curso, mantense firme coa intención clara de gañar o título. Por detrás, a cousa está que ferve na procura das dúas prazas de promoción, con 6 equipos aspirando a todo: Muxía, Corcubión, Bergan B e Mazaricos teñen 28 puntos tralas súas vitorias, polos 27 do Camariñas (que caía ante os corcubioneses nun dos partidos da xornada) e os 25 do Ponteceso.

No Sur, a Esteirana, que a semana pasada caía na final adiantada ante o Céltiga volveu recuperar a esperanza trala súa vitoria e o empate das da Illa (perderon os 2 primeiros puntos do curso), que fican 2 puntos por debaixo pero cun partido menos.

Contra o cancro

Liga feminina_ Corcubión - Camariñas en Corcubión copia
Corcubión e Camariñas unidas contra o cancro

Pero a xornada estivo marcada pola colaboración do futfem na loita contra o cancro. A Xunta Local da AECC de Cee, Corcubión e Dumbría levou a cabo diversas actividades para apoiar esta causa. Na tarde do domingo 9 de febreiro, durante os partidos de fútbol feminino, repartíronse brazaletes verdes como símbolo de esperanza na loita contra o cancro, entre as xogadoras do Unión Club Cee - CF Dumbría que xogaban no campo San Paio de Refoxos de Cee, e do U.D. Corcubión - Escola de Fútbol Concello de Camariñas - Juan Cabrejo, no campo Novo Cubeleiro de Corcubión, como mostra de solidariedade e apoio coas persoas afectadas.

2ª Div. Fem, Gr.1, xornada 19

Xallas - Orzán B (2-1)

  • Goles: 0-1, m.19: Marta Moreno; 1-1, m.21: Olalla: 2-1, m.71: Noe

Vitoria fantástica das de Eloy ante un un rival directo, que puxo en apretos ás locais nos primeiros minutos, e mesmo se conseguía adiantar nun mal entendemento de Mery e de Rosío. Pero reaccionaron as xalleiras e moi pouco despois, nunha presión alta, Olalla rouba e marca o empate.
A raíz de aí o equipo soltouse e tivo varias ocasións para meterse por diante como un man a man de Oli que salvan baixo paos ou un bo centro de Facal que Barcia remata no segundo pao e chegan a taponar a defensa rival.

Na segunda parte, cos cambios e arriscando algo coas laterais moi altas, dominaron territorialmente pero tamén sufriron varias contras perigosas, moi ben solventadas por Rosío e o gran esforzo de todas. O gol da visctoria chegaría nunha falta, na que a zurda vimiancesa Noe volvía lucirse para meter un auténtico golazo e levantar a bancada. Tiveron minutos de apretar as herculas xa co encontro algo atropelado pero as verdes aguantaron os puntos na Fontenla.

Xallas fem suna 11 vitorias seguidas

Cee - Dumbría (3-4)

  • Cee: Noemi, Lurs, Ixía, Ramos, Nerea, Paula Veiga, Laura, Martínez, Naiara Vázquez, Sharay Caamaño e Saray Duarte. Tamén: Nayara Casais, Valeria, Sabela, Lucía Caamaño e Minerva.
  • Dumbría: Lissette, Carril, Lara, Mai, Kelly, Sabela, Yoli, Paula Fandiña, María, Eva e Juliette. Tamén: Sheila, Lucía, Laura, Claudia e Carla.
  • Goles: 0-1, m.31: Paula Fandiño de córner directo; 0-2, m.38: Paula Fandiño dende a frontal; 1-2, m.44: Paula Veiga; 1-3, m.45+1: en propia; 1-4, m.70: Claudia; 2-4, m.72: Naiara; 3-4, m.90: Sheila.
O arbitro Pablo Rama no UC Cee - CF DUmbria feminino - Foto-CFF
O colexiado Pablo Rama coas xogadoras de Cee e Dumbría Foto-CFF Dumbría

Derbi da Costa disputado na tarde de domingo no Sampaio, no que predominou a tensión sobre o xogo. Tan pronto ao comenzar o Cee daria un serio aviso estrelando Naiara un balón ao travesaño. Pero o choque estaba espeso, sen dominador claro. Pouco a pouco o Dumbría parecía xogar algo máis en campo contrario, e á media hora Paula Fandiño demostraba a súa calidade a balón parado cun gol olímpico. Pouco despois faría o segundo cun disparo dende a frontal. Daría o Cee un paso adiante, con varias xogadas que remataban en fóra de xogo, e un gol ao fío do descanso por medio de Paula Veiga que deixaba aberto o partido. Pero na última xogada do primeiro tempo, un córner botado por Kelly acababa en gol propia, proporcionando un duro golpe ás de Rafa.

UC Cee - CF DUmbria feminino - Foto-CFF 2
 Foto-CFF Dumbría

Subía unha marcha o Cee na segunda na procura da remontada, e conseguir pechar no seu campo ás de Santi Lira. Así e todo, conseguían lanzar unha contra por medio de Sabela que cedía para que Claudia fixese o cuarto. Parecía sentenciado, pero o Cee non recuou e foi por todo marcando de contado, e apretando aprentando. Despois houbo ocasións para ambos equipos pero a pelota non entraba con grandes intervencións das dúas porteiras que entraban an segunda, a ceense Valeria e a dumbriesa Sheila, antes de que no 90 Sheila metía o terceiro para o Cee nun córner, sen tempo a máis.

UC Cee - CF DUmbria feminino - Foto-CFF 4
Foto: CF Dumbría

3ª Div. Fem, Gr.2, xornada 14

Zas - Ponteceso (0-4)

11 do Sporting Zas

  • Noelia, Sara, lucia, María, Carlota, Inés, Lara, Andrea, Nerea, Tania e Isa. Tamén: Lucía R., Noelia A., Olalla, Elsiña e Lorena.

11 do SD Ponteceso feminino en Zas

  • Ponteceso: María (Karen), Lara (Myre), Eva, Berdeal (Silvia), Noe, Lago (Laura R.), Muiño, Ainhoa, Oanes, Claudia, Andrea (Virgi).
  • Goles: 0-1, m.20: Eva Lago dende lonxe; 0-2, m.25: Clauda Pérez a pase de Oanes; 0-3, m.60: Andrea de penalti; 0-4, m.65: Andrea.
O colexiado Tiago Alonso coas capis de POnteceso e Zas
O colexiado Tiago Alonso coas capis de Ponteceso e Zas

Partido de dominio claro do Ponteceso. Duran os 90 minutos as de Curro dominaban o balón e movían moi ben e rápido ante un Zas que esperaba coller algunha contra pero non acertaba a roubar con perigo. No ecuador do primeiro tempo as visitantes se metían cun xusto 0-2 co que se chegaba ao descanso, se ben as de Anxo tiveron dúas chegadas de Inés e Nerea que salvaba a meta visitante María.

Non cambiou o guión na segunda, as zaseiras intentaron aguantar os arreóns visitantes, pero Andrea demostraba a súa pegadacon dous tantos. Lara e Lucía Ares tamén tiveron achegamentos para as locais pero sen acerto.

Zas-POnteceso fem

Cerqueda - Cabana (0-1)

  • Gol: 0-1, m.65: Irene.

Custoulle ao Cabana superar a un mellorado Cerqueda. As de José Manuel comezaron tomando a iniciativa e dispoñendo de varias ocasións que ou ben polo desacerto das rematadoras e outras veces pola intervención de Inés non subiron o marcador. Conforme ía avanzando o partido o cadro de Dani Reixía tentaba achegarse a meta do Cabana pero sin ocasións claras.
Xa no segundo tempo un remate de Irene acaba no fondo da rede do Cerqueda e daríalle os tres puntos as visitantes que non fixeron un bo partido mentras que as locais tentaron apretar no último treito de partido pero sin inquedar a meta de Miriam.

Corme - Pastoriza (9-1)

  • Goles: Goles Naroa (5), Nati, Ana, Saskia e Carla.

Vitoria sen paliativos das de Rubén Souto, e iso que non puideron xogar tan fluídas como quixeran. Aínda así dominaron o choque, demostrando o perigo a balón parado sobre todo de Naroa (a pichichi do grupo suma 29 goles). A protagonista foi Nati, que volvía á titularidade o día do seu cumple, marcando ademais.

Corcubión - Camariñas (4-1)

  • Corcubión: Elena, Elisa, Noa, Helena López, Marta Sambade, Carla, Cris, Alexandra Lojo, María Castro, Andrea Romero e Trini. Tamén: Ana Sierra; Sandra, Tati, Andrea Rod. e Serena.
  • Camariñas: Desiré, Laura Garrote (Lara), Rocío, María, Uxía (Natty), Aitana, Yara, Paula Mouzo (Daniela), Laura Paredes (Leti), Saray e Maira.
  • Goles: 1-0, m.30: Helena López marca un golazo pola escuadra; 2-0, m.37: Noa a pase de Andrea Romero; 3-0 m.64: Andrea Romero; 4-0, m.66: Noa; 4-1, m.91: Maira.

Non entrou no partido o cadro de Cabrejo, en parte polas baixas, e sucumbiu ante un Corcubión que foi superior. Así e todo, as camariñás estiveron intensas en defensa, ante un Corcubión que se adiantaba á media hora cun gran gol de Helena e pouco despois cun tanto de Noa algo protestado polas visitantes por un posible fóra de xogo.

Saíron mellor as visitantes na segunda, xa competindo man a man, pero o acerto das locais permitían aumentar a renda con dous tantos case consecutivos tras dous erros das visitantes na saída de balón. Xa no final Elena fai unha gran parada a unha falta pero o rexeite cae nos pés de Maira que marca o 4-1 definitivo.

Mazaricos - Fisterra (6-0)

  • Goles: María Senra (3), Tamara e Graci (2).

Partido claro para as amarelas que deixaron patente a diferente na táboa ante unhas voluntariosas fisterrás.

Soneira - Muxía (0-3)

  • Goles: 0-1, m.9: Barca; 0-2, m.39: Patri Romaní; 0-3, m.47: Nerea Barrientos.

Primeira parte dominio total do Muxía que se adiantaban no marcador con dous goles protestados polas locais, por un posible fóra de xogo de Barca e por un saque de falta rápido mentres a porteira local estaba a colocar a barreira. Por parte do Soneira, tiveron un achegamento de Uxía nun saque de córner que marchou rozando o pau da portería de Veronica.
Nada máis saír do vestiario as de Isma Pose farían o 3-0 nunha boa xogada que Nerea empurra a gol. O Soneira intentou marcar o seu goliño e estivo a piques nunha falta que lanza Uxía, para Veronica e o rexeite lle cae Rosiña que casi fai o 1-3.

3ª Div. Fem, Gr.4, xornada 14

Sonnoia - Esteirana (1-6)

  • Goles: 0-1, m.27: Rut; 1-1, m.31: Noa Queiruga; 1-2, m.42: Bárbara; 1-3, m.62: Leti; 1-4, m.73: Rut; 1-5, m.75: Dara; 1-6, m.80: Rut.

Comezo agridulce da segunda volta da competición que se saldou cunha nova vitoria, coa esperanza aberta de novo tralo empate do Céltica, pero que se cobra a baixa de Sara por unha lesión nun xeonllo pendente de valorar o alcance.

Tardaron en concretar o dominio en goles as de Fran Figueroa que viron como as locais respondían ao primeiro golpe da pichichi da categoría, Rut (43 goles). Pero o gol de Bárbara antes do descanso deu tranquillidade ás blaugranas para afrontar a segunda con máis tranquilidade e saír máis dominadoras e máis eficaces.

Esteirana fem no vestiario

Outes - Rois (2-3)

  • Goles: 0-1, m.6: Erika de penalti; 1-1, m.10: Laura Lires; 1-2, m.20: Erika; 1-3, m.25: María Lougzili; 2-3, m.60: Cris.

Comezaban o choque as de Dani algo atenazadas e non axudou o penalti pitado nada máis comezar que metía por diante ás visitantes. Pero este tanto espertou ás da Serra, que sacaron a garra e foron polo empate que conseguía Laura. O resto da primeira metade foi de ida e volta co Rois xogando en longo e o Outes respondendo, coa porteira visitante lucíndose para defender a meta. Todo moi igualado ata que un rexeite dun saque de esquina lle cae a unha xogadora do Rois que golpea alto e o balón cae tocando o longueiro. Aproveitaron aí o nervisosismo das locais para facer o terceiro as visitantes.

Tras o descanso, fartas de inxustizas, saíron a por todas, e dominaron o partico por completo. Tras unha falta lanzada por Lauriña, entraba Cristina o rexeite e facía o seu primer gol no Outes e no futbol (leva apenas uns meses xogando). O partido estaba aberto aínda con mediahora por diante, e nin a tromba de auga que caeu paraba ás da Serra. Houbo ocasións para empatar pero non houbo sorte.

Juv. Cambados - As Miúdas (1-1)

  • Goles: 1-0, m.20: Aldara; 1-1, m.27: Pati.

6ª xornada sen perder para as de Mané Senande que conseguían empatar no campo das 3ª clasificadas, demostrando a gran melloría que levan no que vai de curso e que xa poden competir con calquera. E iso que foron con 11 xustas, conseguindo manter o nivel e acadar un xusto empate tras un partido igualadísmo.

Máis info

Todas as crónicas do FUTFEM

Comentarios