luns. 17.03.2025
El tiempo

FUTFEM: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso

Xallas feminino
As xogadoras do Xallas dedicáronlle á vitoria á filla recén nacida do míster Eloy
FUTFEM: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso

Nova xornada positiva para os 3 equipos da 2ª Div. Feminina. Xallas, Dumbría e Cee sumaron sendas vitorias o que lles permite, ás xalleiras o liderato e acariñar xa o ascenso (ascenden dúas e sacan 17 puntos ás 3ª), e a Dumbría e Cee ficar aínda con todas as posibilidades de loitar pola 3ª praza que dá acceso á promoción. Porque detrás de Xallas e Pastoriza, hai 3 equipos con 39, un equipo con 38, e despois chegan as nosas con 37 e 36 puntos.

Xa na Liga da Costa, co Corme enfiado ao título e ao ascenso directo, a loita está na promoción, con ata 7 equipos apretados nun pano de 6 puntos. Contan con vantaxe Muxía e Bergantiños B, ambas con 31, polos 31 de Corcubión e Mazaricos, os 30 do Camariñas e os 28 de Poteceso e Cabana. Precisamente a vitoria do Cabana en Camariñas foi a nota máis máis destacada da xornada.

No Sur, vitoria blaugrana no derbi celebrando na Serra, deixando ás esteirás pelexando polo título e polo ascenso.

2ª Div. Fem, Gr.1, xornada 21

Cee - Almeiras (4-1)

  • Cee: Noemí, Lurs, Uxía, Ramos, Nerea, Laura, Martínez, Nayara, Naiara, Saray, Sharay. Tamén: Valeria, Lucía Caamaño, Sabela e Gala.
  • Goles: 0-1, m.1; 1-1, m.14: Nayara Casais; 2-1, m.47: Nerea; 3-1, m.47: Martínez; 4-1, m.79: Nerea.

Empezaba o partido adiantándose o Almeiras no marcador tras sacar de medio. Pero espertaban as ceenses e pronto Nayara empata o partido nun balon na área solto. O partido sería trabado co Cee intentando asomarse a portería rival, pero os tiros non causaban perigo.

Na segunda parte o Cee puxo unha marcha máis ao encontro e tras saír dos vestuarios Nerea pon o 2-1 no marcador tras poñerlle Nayara o balón en bandexa. Despois o Cee estivo case todo o partido en campo contrario e Martínez ampliaba distancias poñendo o 3-1. Minutos mais tarde Nerea pon o 4-1 definitivo nun corner precedido dunha gran estirada da gardameta rival. Importante vitoria adicada a Paula lesionada no partido anterior ante o Tordoia.

Union Club Cee feminin celebrando a vitoria para Paulña
Union Club Cee dedicándolle a vitoria para Paula Veiga

Xallas - PMFriol B (1-0)

  • Xallas: Rosío, Cali, Andrea Otero, Espasandín, Valeria, Noe, Sara, Claudia Facal, María Rial, Paula Barcia e Olalla. Tamén: Sonia, Patricia, Marta, Laura e Yaiza.
  • Gol: 1-0, m.31: Olalla.

13 vitorias consecutivas suman as de Eloy García Feteira, que están a 4 vitorias (en 9 partidos quequedan) de poder celebrar xa o ascenso á 1ª. Pero o equipo pelexará polo título ata o final seguro, despois dunha nova e complicada vitoria. As xalleiras saíron dominadoras, tendo ocasións na primeira metade por medio de Oli, Espasandín ou Barci. O gol chegaría nunha boa triangulacion de Facal, Valeria e Oli que fai maxia nunha baldosa dentro da área e manda o balón ao fondo da rede.

A segunda parte, sen sufrir demasiado atrás e con ocasións de Sonia e Yaiza e vairos tiros lonxanos. Ata que no último treito, as visitantes se viñeron arriba, facendo dano con balóns ás costas da defensa e tivo que aparecer Rosío, e tamén María que salvou un balón na liña de gol, para salvar os puntos.

Brexo Lema - Dumbría (0-3)

  • Dumbría: Sheila, Noa, Carril, Mai, Kelly, Lara, Sabela, Yoli, Claudia Cundíns, Laura, Eva. Tamén: Lucía, Mariña, Yaiza, Carla.
  • Goles: 0-1, m.42: Eva; 0-2, m.44: Eva; 0-3, m.90: Carla.

O retraso provocado pola tardanza do colexiado provocou que os dous equipos comezaran algo apáticos e con ritmo moi baixo. Pero segundo ían pasando os minutos as de Santi Lira ían collendoo control, conseguindo superioridades por bandas e xerando vantaxes gracias a unha boa circulación de balón. Avisaba Eva pero o colexiado sinalaba falta xa co balón dentro da portería. E ao fío do descanso, dous zarpazos de goleadora da propia Eva deixarían o partido encarrilado.

Na segunda as costeiras souberon contemporizar, baixar o ritmo e non caer nas presas que buscaba o rival. Iso si, tivo que aparecer Lucía Martínez con dúas boas paradas para serenar o partido. Xa ao final, unha internada de Sabela, era rematada por Eva e o rexeite quédalle a Carla para facer o terceiro.

3ª Div. Fem, Gr.2, xornada 16

Mazaricos - A Baña (2-0)

  • Goles: 1-0, m.67: Saray; 2-0, m.87: Graci.

Adiantouse ao venres o partido entre veciñas, e as de Marcos foron superiores pero sufriron ante un equipo moi mellorado no que vai de curso. As amarelas seguen loitando pola promoción.

Soneira - Ponteceso (1-5)

  • Soneira: Martina, Laura Calvo, Rosa, Leila, Sara, Uxía Lema, Zoe, Cris, Albores, Agra, Adriana e Sara Cambeiro. Tamén: Cristal, Dani, Rocío, Helena e María.
  • Ponteceso: María, Berdeal, Ainhoa, Myre, Laura R (Karen), Silvia (Virgi), Eva Carril, Muíño, Claudia (Lucivili), Lago, Andrea.
  • Goles: 1-0, m.13: Uxía Lema; 1-1, m.22: Eva Lago a pase de Eva Carril; 1-2, m.40: Eva Lago de falta; 1-3, m.58: Claudia; 1-4, m.62: Andrea; 1-5, m.65: Andrea.

Capis do Ponteceso e Soneira feminino

Dominio pontecesán nun coche marcado polo vento, no que o Soneira aguantou a primeira metade competindo ben. De feito, marcaban primeiro as de Roland, o que lles permitía afianzar a súa proposta de esperar atrás, pero o Ponteceso percutía e metía balóns arriba buscando as segundas xogadas. Pronto recurtaba Eva Lago a pase de capi tocaia. As de Curro seguían ameazando a meta de Martina e o Soneira intentaba saír por medio de Uxía Lema e Zoe, que deixou detalles de calidade pero sen poder chegar á meta de María. A mesma Eva Lago de falta faría 1-2 antes do descanso.

Comezaba a segunda metade mandando de novo o equipo visitante, que deixou o partido sentenciado en 5 minutos.

Camariñas - Cabana (1-3)

  • Camariñas: Maira, Laura Garrote, Rocío (Lara), Uxía, Saray (Daniela), María, Laura Pose, Aitana (Lola), Yara, Laura Paredes e Paula Mouzo.
  • Cabana: Miriam, María, Sheila (Antia Torres), Laura, Begoña(Valeria), Inma, Alejandra, Antia Pazos (Nuria), Irene, Adriana (Jessie Pose), Iria (Natalie).
  • Goles: 1-0, m.8: Yara de falta; 1-1, m.59: en propia; 1-2, m.74: Adriana aproveita o rexeite nunha falta; 1-3, m.76: Adriana.

Partido competidísimo no Vicent Carril, que comezaba co equipo de Cabrejo e Faus moito máis metido no partido e meténdose por diante cun tanto de Yara de falta. Pouco a pouco igualábase a contenda con chegadas nas dúas áreas, sendo a máisclara unha de Paula Mouzo para as locais que saía por riba do longueiro con Mirian xa batida.

Xa no segundo tempo as visitantes, co vento a favor, fixéronse co control do encontro e rondaban a portería camariñá. Un gol en propia tras un córner espoleou ás de José Manuel, que en dúas xogadas consecutivas de Adriana conseguiría darlle a volta ao marcador e acabar coas esperanzas locais.

cabana fem en Camarinas
O Cabana celebrando a vitoria no Vicente Carril

Cerqueda - Muxía (0-4)

  • Cerqueda: Inés, Jimena, Saray, Tati, Carla Busto, Alma, Sonia, Monica, Raquel, Inés e Irene. Tamén: Ainhoa, Andrea, Carla Varela e Kayla.
  • Muxía: Vero, Ana Toba, Nerea Pazos, Raquel, Karen, Andrea Insua, Nuria, Dolo, Barca, Elsy e Claudia. Tamén: Nerea Barrientos e Estefanía.
  • Goles: 0-1, m.23: Elsy; 0-2, m.71: Nerea; 0-3, m.85: Barca; 0-4, m.90: Andrea Insua.

Apenas ten 8 xogadoras sénior o Cerqueda (que ten case 100 fichas femininas de base) que segue notando a falta de experiencia. Así e todo, aguantaron ben na primeira metade, ante un Muxía que quería controlar pero non era capaz de traspasar a tea de araña das de Miguel Ángel. O gol de Elsy e un par de chegadas de Claudia deixaban ás de Isma Pose por diante.

Tardaron en chegar os goles no segundo tempo, cando as forzas locais ían caendo.

Corcubión - Pastoriza B (4-0)

  • Corcubión: Sambade, Elisa, Andrea Rod., Cris, Noa, Helena, Alexandra Lojo, Ana Sierra, Sandra, Andrea Romero e Paula Trini. Tamén: María Castro, Tati e Isa.
  • Goles: 1-0, m.13: Alexandra Lojo de penalti; 2-0, m.29: Sandra; 3-0, m.40: Ana Sierra; 4-0, m.56: Paula Trini.

Partido moi accidentado no Cubaleiro. O cadro de Rubén Castillo xa chegaba cas baixas da capi Carla e da porteira Elena, e Cris, que se ía poñer de porteira, lesionábase dos dedos no quencemento e tivo que meterse Sambade de emerxencia baixo paus. Isto provocou uns primeiros minutos bastante malos por bando local, pero pouco a pouco foi aparecendo a calidade das branaquiazuis. Andrea e Noa avisaban e Alex abría o marcador nun penalti que ela mesma provocaba. Antes do descanso, Sandra no man a man e Ana de tiro lonxano sentenciaban xa o partido.

Zas - Bergantiños B (0-4)

  • Zas: Noelia, Sara, lucia, María, Carlota, Inés, Lara, Andrea, Nerea, Tania e  Lucía R. Tamén: Alvite, Olalla, Elsiña e Lorena.
  • Bergan B: Nereida, Antía Serrano, Arancha, María Garacía, Clara, Antía Rojo, Ainhoa, Amelia, Paula, Yousra e Sabela. Tamén: Faya, Melani, Lorena e Sara.
  • Goles: 0-1, m.55: Arancha; 0-2, m.66: Ainhoa de tiro lonxano; 0-3, m.69: Yousra nun córner; 0-4, m.90: Amelia.

Saía moi forte de inicio o Bergan, dominando ben e tendo ocasións, pero pasado o primeiro arreón, o cadro de Anxo foise asentando, sufrindo menos e sacando algún zarpazo como un man a man de Lara ou un tiro ao pau de Nerea dende a frontal.

Saían un pouco máis fortes as de Noe Iglesias na segunda, meténdose cada vez máis na área contraria. Aos 10 minutos abrían o marcador, o que fixo dano ás locais, que en 10 minutos recibiron outros dous tantos.

bergan b fem en zas
O Bergan B celebrando a vitoria en San Andrés

Corme - Fisterra (8-0)

  • Corme: Lucía; Saskia (Aurora), Laura (Aroa), Irene; Candela (Zeltia), Salomé, Olalla (Lucía), Nati; Ana (Carla Vázquez), Naroa, Cris.
  • Fisterra: Lucía, Isa, Lidia, Tamara, Aroa, Marcote, Sandra, Jimena, Xaira, María Díaz e Jenifer. Tamén: Adrela, Paula Valladares e Irene.
  • Goles: Naroa (4), Candela, Zeltia, Cris e Ana.

Saíron moi enchufadas as líderes e en 10 minutos xa colocaban un claro 3-0. A partir de aí o partido foi perdendo intensidade, deixando detalles de calidade Salomé.

3ª Div. Fem, Gr.4, xornada 16

Outes - Esteirana (2-6)

  • Outes: Candela, Nati, Cris, Alicia, Natalia, Gema Roo, Uxía, Carmen, Carla, Miriam e Laura. Tamén: Claudia Carou, Paula, Valeria, Antelo, Marinha.
  • Esteirana: Maruxa, Lidia, Uxía, Marta, Martina, Leti, Lara, Sandra, Dara, Bárbara e Nuria. Tamén: Inés, Naira, Alba, Gina e Carla.
  • Goles: 0-1, m.10: Nuria; 0-2, m.21: Sandra; 0-3, m.56: Bárbara; 0-4, m.66: Lara; 0-5, m.72: Bárbara; 1-5, m.86: Antelo; 1-6, m.87 Bárbara; 2-6, m..88: Laura.
esteirana fem en outes
As esteirás apoiando a lingua galega

Como mellorou neste ano e medio que leva competindo este Outes de Dani, que está moi satisfeito da evolución das súas xogadoras. O domingo non puideron prantar cara a toda unha Esteirana, equipo debutante pero con vimbios de ascenso. As de Fran Figueroa, que saían apoiando a manifestación de Queremos Galego, saíron dominadoras, madurando ben as xogadas e facendo dous tantos. Tivo aí o cadro local algunha chegada tamén para igualar a contenda.
Na segunda as visitantes, con 3 tantos da capi Bárbara (xa leva 30) deixaban o choque sentenciado, pero as locais aínda responderon con dous zarpazos de Laura.

Concello de Boiro B - As Miúdas (0-0)

  • As Miúdas: Siaba, Atenea, Iria, Carlota, María, Adriana Piñeiro, Cri, Marta Verán, Clara, Sabela e Paty. Tamén: Leire.

Partido moi disputado entre dous equipos da zona morna, cun primero tempo dominado e con ocasións para as de Mané Senande, pero unha segunda metade máis dominada polas locais. Rematou así en empate xusto o partido, demostrando as muradás que seguen a competir ben a pesar das numerosas baixas por lesión.

Máis info

Todas as crónicas do FUTFEM

Comentarios