mércores. 26.03.2025
El tiempo

FUTFEM: O Cabana suma por Entroido

Cabana SD Fem celebrando unha vitoria
O Cabana SD Fem celebrando unha das vitorias da ponte
FUTFEM: O Cabana suma por Entroido

O festivo entroideiro obríganos a facer unha crónica exprés desta recuperada xornada do FUTFEM costeiro.

Se na 2ª o Xallas segue pelexando polo título e o ascenso directo (réstanlle 4 vitorias), na Liga da Costa a loita por unha 2ª praza que podería permitir dar o ascenso (ascenden os 3 mellores 2º dos 5 grupos) está fermosísima, con 7 equipos pelexando por 2 postos. O protagonista da finde foi o Cabana, que venceu dous partidos e se mete moi arriba.

2ª Div. Galega

Na 2ª, disputábase a xornada 17, adiada polo temporal a finais de xaneiro. Se ben o Xallas xa disputara o partido, Cee e Dumbría si que xogaron. o Cee sumaba unha apretada vitoria ante o pechacancelas. Un Silva que apretou ata o final, e tivo que ser Saray Duarte a que aparecese no 86 para facer o gol da vitoria.

Non puido o Dumbría co Pastoriza, o equipo que pelexa co Xallas polo liderato. As de Santi Lira, caeron por 2-1, pero competiron man a man. A primeira metade foi dominada polas locais, ante un Dumbría moi serio, e sacando contras perigosas. Adiantábanse as de Pastoriza á media hora, pero de contado Eva empataba. Na segunda, o partido igualaríase en canto a posesión pero as dumbriesas gozaron das mellores chegadas, e se atopaban unha e outra vez cunnha porteira espectacular. A pesar de facer unha gran segunda metade tamén en defensa, un mal despexe nun córner permitiu a Lucía Camison facer o segundo gol e darlle a vitoria ás locais, deixando, inxustamente, ás dumbriesas sen premio.

3ª Div. FEM

Corme Feminino de celebracion
O Corme adicando a vitoria a Suso, agora adestrador de porteiras, e Ester, directiva do club

A xornada 12 deixaba movementos no segundo grupo. Por arriba, o Corme segue ao seu, e encía en Camariñas por 0-3, cos tantos Naroa (2) e Saskia, ante un gran partido de Yara por parte das camariñás.

Un dos protagonistas da fin de semana foi o Cabana, que o sábado gañaba 2-0 ao Corcubión e o martes xa venceu na nova xornada ao Mazaricos, por 3-0, dúas vitorias que colocan ás de José Manuel a só 3 puntos de Muxía e Bergan B, os dous favoritos a día de hoxe para xogar a promo.
O sábado, noutro choque condicionado polo vento, as cabanesas aguantaron a primeira metade co vento en contra e aproveitaron na segunda para marcar por medio de Varelia e Irene.
Xa este martes, no choque adiantado da xornada 17, o cadro cabanés superou a un Mazaricos, que viña de sufrir unha insesperada derrota ante o Pastoriza B o sábado. O Mazaricos fixo un gran partido pero non estiveron acertadas cara gol,  atopándose unha e outra vez con Miriam, e mesmofallando un penalti. O choque rompíase ata o minuto 70, cando Laura Torrado si aproveitaba unha discutida polas locals pena máxima. Nos últimos 10 minutos sentenciaron as cabanesas co gol de Inma e de Irene.

Imaxe do Muxía CF - Sporting Zas en Arliña. Foto: Sporting Zas
Imaxe do Muxía CF - Sporting Zas en Arliña. Foto: Sporting Zas

O Muxía superou ao Zas pero con apuros, demostrando a melloría, sobre todo en defensa, das de Anxo Garrido. Non foi ata mediada a segunda metade, xa co vento a favor, cando as de Isma Pose puideron romper a tea de araña zaseira, cos tantos de Nerea Barrientos e Patri Romaní de falta.

Sufriu tamén o Bergan B para superar a un bo Fisterra en Ara Solis, noutro partido marcado polo vento. Foi un golazo de Aroa V. dende lonxe o que serviu para levar os puntos e seguir moi arriba na táboa.

Non sufriu o Ponteceso ante a Baña e gañou cos tantos Virginia (2), Oanes, Andrea (2), Myre e Muíño.

A xornada deixou ademais a segunda vitoria do Cerqueda ante o Soneira, decidido por un tempraneiro tanto de Saray Veiga.

Polo Sur, a Esteirana xa xogara pero As Miúdas e Outes sufriron sendas derrotas.

Ponteceso-A Bana con Bruno Mendez
Ponteceso-A Baña con Bruno Méndez

Máis info

Todas as crónicas do FUTFEM

Comentarios