FUTFEM: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª

Caeu, tras 13 xornadas sen facelo, e perdeu o liderato o Xallas. As xalleiras non puideron co Pastoriza, que ademais arrinca o golaveraxe na loita polo título. Así e todo, quedan 8 partidos e as costeiras teñen un marxe de 11 puntos sobre as 3ª, polo que o ascenso está moi preto.
Na Liga da Costa, primeiro empate que cede o Corme tras 16 vitorias seguidas. Demostra así o Bergan B a súa candidatura a loitar pola segunda praza cun Muxía que superaba tamén unha proba de lume ante o Camariñas.
No Sur, sorpresa coa derrota da Esteirana e tamén coa vitoria espectacular do Outes antes as 4ª. As Miúdas tamén demostraron o seu bo estado e se colocan 6ª.
2ª Div. Galega, Gr. 1, xornada 22
Pastoriza - Xallas (1-0)
- Xallas: Rosío, Carla, Cali, Andrea Otero, Espasandín, Valeria, Noe, Sara, Facal, María Rial e Paula Barcia. Tamén: Sonia, Olalla, Marta, Laura e Yaiza.
- Gol: 1-0, m.77: Candela.
Tocou a derrota despois de 13 xornadas gañando e ante o rival directo co que as xalleiras se disputabn o liderato. Saíron moi metidas as de Eloy García Fateira dende o primeiro e con moita intensidade, ante un Pastoriza máis físico. Estiveron moi firmes en defensa sen permitir ocasións, e chegando con claridade ata en 4 situacións que salvou a meta local Uxía de xeito espectacular: un tiro de Noe que case se cola por arriba; un man a man de Cali, un tiro de Espasandin e unha xogada ensaiada a balón parado que o golpeo de Facal marcha rozando a escadra.
Entraba Olalla ao campo para a segunda, e o Xallas segue segura atrás e tendo unha nova ocasión de Cali que manda o balón á cruceta. Non quería entrar o balón na meta local, pero si o fixo na visitante, nun das poucas chegadas das arteixás, nunha xogada na que ademais as xalleiras se pararan ao ver como a pelota saía por liña de banda.
No arreón final, aínda tivo Olalla un man a man para empatar o partido.
Dumbría - Cult. Maniños (1-0)
- Dumbría: Lucía Martínez, Noa, Carril, Mai, Lara, Sabela, Claudia, Paula Fandiño,, Kelly, Eva e María. Tamen: Sheila, Mariña, Laura, Yoli e Juliette.
- Gol: 1-0, m.91: María.
Pola mínima e no desconto, a pesar das numerosas ocasións que tivo, venceu o Dumbría esta semana. As de Santi Lira comezaban o partido xerando e xerando, pero coa pólvora mollada, mesmo fallando un penalti. Co paso dos minutos, as xogadoras comezaron a precipitarse escollendo cada vez peor nos metros finais, atopándose ademais cunha porteira local espectacular. E as visitantes foron sentíndose máis cómodas.
Na segunda volveron envocarse as dumbriesas pero tamén sufrían nas contras, ata que no desconto, un gol de María desatou a alegría nas bancadas do Conco.
Lugo B - Cee (2-1)
- Cee: Valeria, Lurs, Uxía, Ramos, Nerea, Lucía Caamaño, Nayara, Naiara, Martínez, Laura e Minerva, Tamén: Noemi.
- Goles: 1-0, m.1: Ánxela; 1-1, m.1: Martínez a pase de Nerea; 2-1, m.11: Xiana.
Partido do Cee en Lugo marcado polas baixas. Empezou o partido cun gol do Lugo nun abrir e cerrar de ollos, pero en menos dun minuto Martínez igualaria o resultado tras un gran pase de Nerea. Despois o Cee tivo un tiro ao pau de Martínez. Pero o Lugo poñería o 2-1 definitivo nun corner. O Cee tivo varias ocasións claras de gol que non foron capaz de materializalas.
Tralo descanso o Cee ordenouse e intentou ter mais o balón pero non foron capaces de chegar case a portería, tendo iso si, un balón ao longueiro de Nerea, e lamentando as constantes perdas de tempo do equipo local.
3ª Div. Galega, Gr. 2, xornada 22
Pastoriza B - Cerqueda (3-0)
- Goles: 1-0, m.13: en propia; 2-0, m.50: Andrea Lamas; 3-0, m.68: Andrea Lamas; 4-0,m .73: Carlota; 5-0, m.89: Luna; 6-0, m.90: Noa.
Aguantou ben no partido o Cerqueda de Miguel Ángel, que só caía cun gol de mala sorte. Pero dúas lesións deixaban ao equipo con 10 pola falta de xogadoras e o partido foi caendo do lado local.
Muxía - Camariñas (3-0)
- Muxía: Vero, Ana Tona, Nerea Pazos, Raquel, Elsa, Karen, Andrea Piroja, Nerea Barrientos, Andrea Dom. Patri Romaní e Barca. Tamén: Paula Viella, Claudia, Dolores e Nuria.
- Camariñas: Desiré, Laura Garrote, Uxía, Rocío, Aitana, María, Laura Pose (Lara), Yara, Laura Paredes (Alba), Saray (Maira), Paula Mouzo (Lola).
- Goles: 1-0, m.51: Barca; 2-0, m.80: Barca; 3-0, m.85: Patri Romaní.
Derbi máis igualado do que sinala o marcador, que comezaba cun Camariñas moi enchufado, tendo varias ocasións nos pés de Paula Mouzo e Laura Pose que facían empregarse a fondo a Vero. O Muxía non conseguía ter o balón na primeira metade nin chegar á área de Desiré.
Pero nada máis comezar na segunda metade, un gran pase filtrado de Patri foi rematado por Barca poñendo o 1-0 no marcador. Co vento a favor o Muxía estaba mellor situado pero non foi ata o final cando, despois dunha mans pedidas polas camariñás en área muxián, na contra Barca faría o segundo. Patri pecharía o marcador.
Bergan B - Corme (3-3)
- Bergan B: Nereida, Antía, Arancha, Erika, María, Clara, Antía Rojo, Ahinoa, Amelia, Daniela e Julia Tamén: Aroa, Carmen, Orena, Yousra e Sara.
- Corme: Lucía; Saskia, Laura (Aroa), Lucía; Candela (Natalia), Ana (Aurora), Olalla, Zeltia, Cris (Irene), Naroa, Carla. Tamen: Salomé.
- Goles: 0-1, m.23: Naroa; 1-1, m.40: Arancha; 1-2, m.56: Carla; 2-2, m.68: Yousra; 2-3, m.71: Carla; 3-3, m.94: Julia.

Partidazo de alta tensión nas Eiroas, a pesar da Mikaela. O choque comezaba igualado, o Corme non presionaba arriba e o filial controlaba o balón sen demasiado perigo. Pero os picotazos das de Rubén Souto comezaban a facer dano e Naroa adiantaba ás visitantes. As de Noe Iglesias a base de balón ían facendo dano e facían sufrir ás cormelás e ao fío do descanso Arancha empataba.
Comezaba a segundacun Corme máis incisivo, máis presionante provocando que o filial estivese máis incómodo. Carla metía por diante ás visitantes, pero Yousra empataba de novo. O Corme dominaba e Carla volvía adiantar, por terceira vez ás cormelás. Pero nos últimos minutos, máis con corazón que cabeza, unha internada de Julia (das mellores xunto a Clara nas vermellas) fixo que o Corme se deixara os primeiros dous puntos da temporada.
Ponteceso - Corcubión (6-3)
- Ponteceso: María (Colores), Berdeal, Eva Carril, Myre, Ainhoa, Silvia, Eva Lago, Oanes (Laura R), Claudia (Karen) Muíño (Virgi), Andrea (Lara).
- Corcubión: Elena, Elisa, Alexandra Lojo, Carla, Cris, Serena, Noa, Helena, María Castro, Andrea Romero e Trini. Tamén: Tati, Sandra e Andrea Rod.
- Goles: 1-0, m.8: Myre; 2-0, m.25: Claudia marca un golazo pola escuadra; 3-0, m.30: en propia; 3-1, m.46: Sandra; 3-2, m.56: Sandra; 4-2, m.57: Claudia; 5-2, m.62: Claudia; 6-2, m.78: Claudia; 6-3, m.92: María Castro.

Partido importante no Pinguel no segundo vagón. As de Curro comezaron moi forte avisando cun par de chegadas antes de que Myre acertase co rimeiro tanto. As de Rubén Castillo intentábano con moita insistencia pero a defensa local resolvía ben ante estes ataques. Si acertaba o cadro local, con dous goles coa axuda do vento.
Na segunda parte, as de Corcubión tiveron máis ocasións e metéronse no partido pero Claudia seguiría aumentando a distancia noutras 3 ocasións. Foi a máxima anotadora do partido con catro goles. Finalmente o encontro quedaría 6-3 cerrando o partido cun moi bo gol de María Castro.
A Baña - Zas (1-2)
- Zas: Noelia, Sara, Alvite, María, Carlota, Inés, Lara, Andrea, Nerea, Tania e Lucía. Tamén xogaron.: Olalla, Lorena, Nuria, Lucia R e Isa.
- Goles: 0-1 m.44: Nerea; 1-1, m.50: Inés; 1-2, m.62: Nerea.
Saía dominador o Zas de Anxo, ante un rival moi parello. Ambas escuadras buscaban ataques directos, e houbo moitas ocasións nas días áreas. Nerea faria o 0-1 antes do descanso.
Na segunda parte A Baña saía moi enchufado no partido tendo 10 minutos que acorralaron ao Zas na súa área e lograrían o empate. Pero o Zas soubo calmar o xogo e preto do 70 Nerea facía o 1-2 nunha xogada persoal que collías ás costas da defensa e regateaba a porteira. A partir de ah, os últimos 20 minutos o gol podía caer de calquera lado, pero non se movería o marcador finalmente.

Fisterra - Soneira (0-2)
- Fisterra: Lucía, Ana, Tamara, Paula, María, Leny, Xaira, Sandra, Jenifer, Aroa e Irene. Tamén: Cata, Luidia, Bego, Jimena e Marcote.
- Soneira: Martina, Laura Calvo, Rosa, Cristal, Leila, Dani, Sara Agra, Uxía, Cris, Zoe. Tamén: Paula, Sara, María Villaverde, Rocío e Marcela.
- Goles: 0-1, m.43: Sara Agra; 0-2, m.52: Sara Agra.
Dispoutaba o Fisterra o primeiro partido con Fran Pazos e Nacho, despois da marcha de Fran Pequeño, adestrador dende a fundación do cadro fem.
Foi un choque igualado, cun Fisterra que comezaba mandando axudado do vento a favor, e xa Paula moi temprano cun lanzamento que mandaría o traveseiro. Sufrían as visitantes, pero co paso dos munitos conseguían ir saíndo da cova. Tiveron algún achegamento e foi ao fio do descanso cando unha moi boa xogada combinada do equipo soneiran Sara Agra faría o 0-1.
Iniciou a segunda parte cun penalti a favor das locais que enviaría ao pau Paula. E case na seguinte xoga outra vez Sara Agra cunha gran definicion de vaselina marcaría o 0-2. Ese gol faría dano no seo das fisterrás que non se renderon e seguiron metidas no partido, sen sorte cara gol. Zoe e Sara Casti tamén tiverons dous mans a mans para as de Roland.
3ª Div. Galega, Gr. 4, xornada 22
Esteirana - C. Boiro B (0-1)
- Esteirana: Maruxa, Lidia, Martina, Terre, Marta, Leti, Lara, Alba, Sandra, Bárbara e Nuria. Tamén: Nerea, Inés, Dara e Carla.
- Gol: 0-1, m.60: Mariela.
Mal encontro das blaugranas con dúas partes moi diferenciadas. Na primeira, a pesar de ser dominadoras e xerar ocasións non acertaron cara gol. Na segunda metade foi a apatía foi total, cedendo campo e desbotando cada balón que se roubaba. As de Boiro materializaron a ocasión que tiveron cun bo disparo dende fóra, e souberon parar con intensidade a unha Esteirana sin pólvora nin ansia, no peor duelo do que levan en competición, e que de seguro que lles serve ás de Fran Figueroa de base para non repetir erros.
Na previa celebrouse o saque de honra por parte das canteiranas Aixa e Aroa con motivo do 8M, vestindo as xogadoras unhas camisetas moradas co lema “Somos mulleres, somos futbolistas”, cedidas polo Concello de Muros para a ocasión.
As Miúdas - Rois (2-1)
- As Miúdas: Siaba, Leire Gallardo, Marta Verán, Iria, Carlota, María González, Adriana Piñeiro, Cris, Clara, Sabela e Patri. Tamén: Leire Lamela e María García.
- Goles: 0-1, m.34: Alicia Piñeiro; 1-1, m.58: Marta Verán nun córner; 2-1, m.73: Paty de penalti.
Partido moi igualado, cun primeiro tempo para o Rois,, que se adiantaba no marcador. Pero a segunda foi das de Mané, que foron superiores. Marta Verán marcou o primeiro nun córner o segundo de penalti marcouno Paty, tendo aínda varias ocasións para ampliar a renda, pero a incerteza se mantivo ata o final.
Taragoña - Outes (1-2)
- Outes: Lía, Natalia Lago, Claudia Carou, Gema Roo, Natalia Alonso, Miriam, Valeria, María, Alicia, Erika e Laura. Tamén: Nati, Xeila, Sole, Cris e Marinha.
- Goles: 0-1, m.13: Erika; 0-2, m.56: Gema; 1-2, m.94: Luna de penalti.
Vitoria espectacular das de Dani, que non puido acodir por enfermidade, ante todas unhas 4ª clasificadas. Saían as da Serra coas ideas claras, con moita intensidade e aproveitando cada detalle, como o rexeite da porteira a unha falta de Laura que aproveita Erika para abrir o marcador ao cuarto de hora. Non se meteron atrás as visitantes que buscaron o balón
Comezaban fortes as locais obrigando a Lía a facer varias paradas de mérito, e permitindo ademais que Gema ampliase a renda. Pero o Taragoña non cedía, e apretaba e apretaba, ante unhas rivais que o deron todo e só sucumbiron no último minuto cun tanto que foi insuficiente para conseguir o empate.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.