Venres. 19.04.2024
El tiempo

FutFem: Unha xornada comprometida

FutFem: Unha xornada comprometida

Fin de semana de cor negra, en sintonía coa campaña contra as violencias. Os 4 equipos da bisbarra luciron detalles sobre o 25N, e especial atención prestolle o cadro muradán que fixo este fermoso vídeo.

No deportivo, a atención estaba posta en Cee, onde o cadro local non puido co líder, o Xuv. Aguiño, pero as costeiras fixeron un gran partido, moi valentes saíndo a presionar a todo o campo aproveitando o vento a favor, e se ben puideron sentenciar na primeira metade, o balón non quiso. quedan agora a 6 do liderato, co Arzúa polo medio.

Un peldaño máis abaixo están as Miúdas, que non perdoaron as Miúdas a un Carreira na zona baixa, e se mantén como cabeza do segundo vagón.

Pola súa parte, un Bergantiños espeso vence con detalles de calidade, e se mantén na 4ª pero só a 3 puntos do liderato.

Choques importantes para todas a semana que vén.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 9

  • Resultado: Carreira - As Miúds (0-5)
  • As Miúdas: Laura, Ana, Paula, Isa, Antía, Aitana, Leti, María, Gala, Ainoa e Saray. Tamén xogaron: Sabela, Pati, Eva e Iria.

As Miudas en Negro

Non Nin o frío, nin o vento, nin a choiva nin o Carreira foron quen de dominar as Miúdas na desapacible mañán do domingo, na que dominaron o encontro de principio a fin. Aos 2 minutos xa marcaba Leti, e aos 6 Ainoa. As ocasións repetíronse unha e outra vez pero mantívose o 0-2 ao descanso. O terceiro, de Ainoa, nada máis voltar os vestiarios calmou toda intención local. Antía, por dúas veces, sumándose ao ataque, completou a goleada, o último de fermoso misil dende 40 metros.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 9

  • Resultado: Cee - Xuv. Aguiño (1-2)

Grandísimo partido das xogadoras costeiras que saíron moi valentes a presionar a todo o campo aproveitando o vento a favor. Puideron sentenciar o partido na primeira metade pero o balón non quixo entrar en sendas vaselinas de Canosa, unha foi ó pao e outra saiu fóra por centímetros. O Xuventú buscaba desprazamentos longos para buscar ás costas da defensa local e tivo Noemí dúas grandes paradas.

Martínez non atinou a rematar unha gran asistencia de Canosa soa diante da porteira rival e o árbitro non pitou un penalti por mans clarísimas da capitana rival expulsándome con cartón vermello directo por dicirlle "cantas porteiras teñen? Foi mano clarísima“.

Na segunda metade o partido igualouse e cando parecía que ía rematar en táboas un tiro lonxano supuso o 0-1, un gran gol. A mala fortuna nun reixeite dun córner supón o 0-2 nun despexe de Uxía que da nunha contraria e entra pola escadra. Non baixaron os brazos as de Rafa e recurtaron distancias no 92 cun gol de Martínez pero non dou tempo para máis.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 12

  • Resultado: Bergantiños - Unión Campestre (3-1)

Bergan en negro

Partido espeso dun Bergantiños que non foi quen de collerlle o ritmo ao partido, e que só na segunda metade entrou e decidiu con escintileos de calidade individuais. Non estaba cómodo o cadro local, pero Tati non falla e pon o 1-0 no marcador. Non tardaría moito en levar a igualada o Union campestre tras un córner, e o resto de primeira metade pasou cun xogo trabado no medio do campo.

Avisaba o Unión na segunda, e obrigaba a Gueli Cotelo e René Díaz, a dar entrada a Seo e a Cruz, esta última sería crucial para o equipo vermello. Con esteas cambios, cambiaba de imaxe o Bergantiños que sen facer un gran partido desde o minuto 70 dominaría algo máis o encontro e froito diso chegaría o 2-1 obra de Cruz que define á perfección un pase de Alba.
Non tardaba en sentenciar o Bergantiños que no minuto 71 de novo Cruz esta vez tras pase de vimi non fallaba ante a porteira rival e subía ao marcador o 3-1 que ao cabo sería definitivo.

LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 10

  • Resultado: Bandeira B - Mazarico (4-8)

Mazaricos en negro

Superiores dende o comezo o cadro amarelo, e xa Inés e Tamara (que fixo un partidazo) abrían fenda antes de que se cumpliran os 5 primeiros minutos. As costeiras tiñan o balón e foi aparecendo a figura de Yasmina que acabou con 3 tantos.

As locais intentaron meterse no partido e chegaron a colocarse 4-2 ao descanso. Pero na segunda, Graci e Yas, sempre incontestables meteron sendos goles para volver escapar. Iza marcou un doblete para pechar un partido cómodo, pero que tamén demostrou a febleza defensiva do cadro costeiro.

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios