A Gala do Fútbol da Costa-QPC vivirá unha nova xornada de emocións e identidade
Chegou o gran día. Esta tarde de venres, ás 20:30h, o Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá a XI Gala do Fútbol da Costa-QPC. O peche a un curso cheo de emocións que refrenda a identidade de toda unha comarca forxada a través do deporte.
Dende que en 2014 celebráramos en Dumbría a primeira edición destas galas, levamos entregados centos de Balóns da Olería de Buño (outro símbolo da nosa identidade), un tesouro xa cobizado para directivas, xogador@s e árbitr@s de toda a comarca, demostrando que o noso Fútbol da Costa ten unha personalidade distinta que o do resto do país, do estado, do mundo. Porque onde se ve unha Gala de premios ou un álbum de cromos, dunha Liga comarcal?
Na Costa da Morte!
Unha cita solidaria
Lembramos que a cita servirá para recoller cartos para que a ONG Egueire constrúa un comedor escolar en Ebouno, unha pequena vila costeira do sur de Costa de Marfil.
Para iso venderemos rifas para entrar no sorte dunha vintena de camisetas dos nosos clubs.
Os finalistas
Damos un repaso aos finalistas dos premios, escollidos por máis de 110 votos de responsables dos nosos 54 equipos do fútbol costeiro (38 masculinos en 4 categorías +16 femininos en 3 categorías), ademais de varios xornalistas de varios medios especializados da comarca, escolleron cos seus votos estes candidatos:
Ademais, os e as Pichichis e os e as Pombos recibirán os seus balóns.
Os patrocinadores
Gracias aos patrocinadores que fan isto posible:
REPASO DAS GALAS
- Gala 2025 (Vimianzo): 10 anos de Gala do Fútbol da Costa, 10 anos de identidade.
- Gala 2024 (Santa Comba): O Fútbol Feminino volveu demostrar o seu potencial nunha Gala do Fútbol da Costa-QPC na que triunfaron Xallas e Castriz
- Gala 2023 (Corcubión): Unha Gala do Fútbol da Costa para unir e render homenaxe ao UD Corcubión
- Gala 2022 (Malpica): A Gala de Malpica volveu unir o Fútbol da Costa.
- Gala 2019 (Dumbría): O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018 (Santa Comba): A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017 (Muxía): A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016 (Mazaricos): Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015 (Cee): O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014 (Dumbría): QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013 (San Comba): Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.