domingo. 01.12.2024
El tiempo

Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno"

Continuamos falando cos adestradores do noso fútbol costeiro, e un dos últimos en chegar é Miguel Chouza. Coñecido nas redes sociais branquiazuis como @cochomono, non é descartable velo nun futuro como presidente ou home de confianza da cúpula do RC Deportivo. Polo de pronto vive intensamente a súa etapa no Fútbol da Costa sacando as castañas do lume do seu Castriz.
Miguel Chouza Cochomono adestrador do Castriz
Falamso con Miguel Chouza (á dereita) adestrador do Castriz
Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno"
  • Como está a ser a túa primeira experiencia no Fútbol da Costa? Tan bonito e intenso como se mira, con envexa, dende outras comarcas?

Pois moi positiva a nivel personal, sempre dixen que quería adestrar no Fútbol da Costa e estou cumplindo ese desexo.
E si, o fútbol aquí e tan intenso como se ve desde fóra, a min xa me tocou vivilo en contra no Puebla, indo a Fisterra, Vimianzo, Carballo… Eu véxoo como o fútbol co que me criei, o de finales dos 80’ e principios dos 90’, garda a mesma esencia: afeccións fieis cada 15 días no campo, no día a día da vida dos lugares é sempre un tema de conversación, xogadores da casa en tódolos equipos, ese sentimento de pertenza que se vai perdendo noutros lados lamentablemente. O fútbol da costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno.

 
  • Cando che propuxeron liderar o Castriz no seu retorno a Liga da Costa, que pensaches?

De primeiras pensei nas reacións que habería no Puebla FC. Apenas uns días antes comuniqueille a Jose Escurís que non seguiría no club por diversas razóns, e non quería que se entendese que a miña renuncia tiña algo que ver coa oferta do Castriz, xa que esta foi posterior. Foron momentos complicados a nivel emocional, a verdade, porque tiña establecidos moitos vínculos coa directiva, corpo técnico, xogadores, afeccionados… e non quería deixar a ninguén disgustado.
A negociación co Castriz durou 2 minutos. A oferta reunía tódalas condicións para que poidese entrenar esta tempada. A única condición que puxen foi que me buscasen outro entrenador para o corpo técnico, e cumpriron con creces, estou moi satisfeito co traballo de Dani Mourelle (“Mou” para nós).

 
  • Que coñecías da Liga da Costa e do Castriz?

En primeira persona practicamente nada. Algún xogador veterano que estivo en categorías superiores ou que incluso coincidín xogando con el ou contra el, e algún campo de vir en 1ª Rexional co Puebla, pouco máis. Loxicamente sempre tes contacto coa xente de fútbol que viviu esta liga e vanche contando datos e anécdotas. E do Castriz en concreto, nada de nada.

 
  • Que factores destacas do noso fútbol?

A intensidade. Pero non entendida como algo xenérico, é un concepto deportivo e futbolístico concreto, aínda que difícil de definir. Eu explicaríao como un compoñente psicolóxico formado pola motivación, a concentración e a autoesixencia, que fai posible que un xogador compita a un nivel máis alto do que lle permitirían as súas condicións físicas, técnicas e tácticas.

 
  • E cales botas en falta?

O Fútbol da Costa ten unha estructura complexa, un reparto de poder distinto ó habitual. Aquí xeralmente mandan moito as directivas… e os xogadores, quedando ás veces a figura do adestrador nun segundo plano. É a contrapartida de ter vestiarios con xogadores do lugar, que co paso dos anos convírtense en auténticos referentes do club, dos seus compañeiros e dos afeccionados. Si non saben levar correctamente esa autoridade, poden facer moi difícil a labor do adestrador.
De todo isto derívase, en xeral, unha carencia de cultura de adestramento, dáselle moita importancia ás confeccións das plantillas e ó rendemento dos xogadores. E en cambio o camiño que une esas dúas cousas, que ven sendo o traballo dos adestradores tódalas semanas desde e pretempada ata o final de liga, queda fóra do foco. Como exemplo, danse casos de equipos que fichan a un xogador só para que lle vaia xogalos partidos o domingo, algo impensable noutros lados. Afortunadamente no Castriz apostaron por outro modelo, e vou loitar para que vexan que é o correcto.

 
  • Como está a ser a túa adaptación á categoría?

Intento que sexa o máis rápida posible. Axúdanme moito os propios rapaces do equipo e algúns adestradores de equipos rivais pero que en realidade son moi bos compañeiros, podo citar a Geno que fixo o curso de adestrador conmigo, a Barca, a Diego Lobelos e Óscar Leis, ou a Juni.

 
  • E o teu novo equipo?

A nivel futbolístico fixemos unha pretempada cun altísimo contido táctico, e creo que conseguimos que os xogadores interiorizasen o modelo de xogo, polo menos a grandes rasgos. Proba delo é o rendemento do equipo nos partidos amistosos. Quero resaltar que me sorprendeu o nivel de varios xogadores, tranquilamente poderían estar xogando nunha ou dúas categorías máis arriba, pero eso sí, fáltalles unha bagaxe táctica que me vou esforzar porque adquiran mentras os dirixa eu.
En canto á convivencia no vestiario debo recoñecer que non me esperaba ter os distintos problemas que se foron dando, esperaba unha tempada tranquila despois dos anos convulsos vividos no Puebla nese sentido, pero creo que os solucionamos da forma máis adecuada, todos os rapaces son sinceiros e con bo fondo, non tolero compartir grupo con personas nocivas. A nivel extradeportivo sería imposible non adaptarse, as facilidades e os coidados que nos da a directiva ós xogadores e ó corpo técnico son moi grandes.

 
  • O Castriz non é quen de encarrilar unha liña regular. Cal cres que é o motivo?

Fomos capaces de gañar dous partidos seguidos, pero tes razón ó falar da nosa irregularidade. Xa con case media liga xogada, non cabe poñer excusas, estamos onde merecemos e eu son o responsable, este equipo debe estar fóra de peligro de descenso e a día de hoxe non o está.
O que si podo e debo facer, é analizar os motivos polos que non somos capaces de manter o nivel que chegamos a demostrar en partidos e momentos puntuais. E aí xa entran moitos posibles factores. Creo que as expectativas que se xeraron ca miña fichaxe, a de Espi ou a de Brais Sendón, sumadas ás propias de calquera equipo que logra un ascenso, e ó fútbol demostrado na pretempada, elevaron a presión sobre os xogadores, e cando non se ven capaces de rendir a ese nivel entran nunha dinámica derrotista. Isto vese potenciado negativamente polos nosos malos inicios de partido, moi poucas veces fomos capaces de levar a iniciativa no marcador, situación na que os xogadores se liberan da presión e rinden ó máximo como equipo. Tampouco axudaron nada as circunstancias dos 5 primeiros partidos da tempada, nos que sempre nos vimos perxudicados polas arbitraxes, con decisións en contra determinantes de cara os resultados. Por último, outra condición negativa é a falta de xogadores, no que vai de liga só fixemos un descarte na convocatoria por decisión técnica, só 1 xogador fóra en 13 xornadas, así é imposible forzar a competitividade interna e limítanos ó máximo á hora de plantexar distintos plans de partido. Actualmente temos 17 fichas, con 3 xogadores de baixa desde outubro, é decir, temos 12 xogadores de campo disponibles, a descontar en caso de sanción, lesión ou traballo.

 
  • Como adestrador, que identidade pretendes darlle o teu Castriz?

Creo que somos un equipo moi sinxelo de analizar, o noso modelo de xogo está moi definido. Queremos un fútbol de transicións, partidos de ida e volta, tentando que o camiño que teña que recorrer o rival ata a nosa portería sexa máis longo e dificultoso que o noso camiño ata a súa portería.

 
  • Cal é o obxectivo do club?

Manter a categoría e asentarse na Liga da Costa. Neste sentido a directiva deixóunolo ben claro desde o primeiro momento, e é de agradecer a confianza que están depositando no noso traballo, e non só de palabra, si non demostrándoo con feitos no día a día.
Como club pasamos momentos moi duros esta tempada, e creo que saímos deles máis unidos do que estabamos antes. Espero e desexo que co paso do tempo se arranxe todo definitivamente e volva a xente que se foi.

 
  • E o obxectivo persoal?

Os meus únicos obxectivos son disfrutar adestrando e devolver con resultados a confianza da directiva, en especial do seu presidente. Si se dan esas dúas cousas xa me dou por satisfeito.
Pode sonar moi simple porque o mundo dos adestradores está cheo de egos, pero eu non teño outras aspiracións. O meu ego está cuberto por un tempo, a tempada pasada en Preferente tiven que substituir, coa gran axuda de Javi Santos, a un referente nos banquillos do fútbol afeccionado galego, Anxo Casalderrey, e o equipo mantivo o rendemento e a media de puntos para lograr a salvación. Recoñezo que é agradable verse capacitado para adestrar a ese nivel, pero a día de hoxe priorizo outros aspectos.

 
  • Esta será a túa primeira participación na Copa da Costa? Como a afrontas, con ilusión, ganas?

De sempre me chamou a atención a importancia que lle daban os equipos da zona á Copa da Costa, priorizándoa incluso ás súas respectivas ligas. O caso do Castriz non é diferente, e debo adaptarme, o Puebla ata renunciaba a xogala Copa do Sar para non desviarse do obxectivo ligueiro. Este ano creo que nos pode vir moi ben para coller confianza na nosa proposta futbolística e na capacidade dos xogadores de cara ó futuro si somos capaces de chegar lonxe ou de derrotar a algún rival de categoría superior. Tendo a todo o plantel dispoñible non lle teño medo a ningún equipo participante.

 
  • Es unha persoa moi activa nas redes sociais, sobre todo en temas vinculados co Dépor. A figura virtual de @cochomono axúdache ou perxudicache a nivel persoal?

Creo que teño ben alonxadas as dúas cousas, sempre pensei que a imaxe que proxectamos nas redes sociais é unha esaxeración de nós mesmos, do que cremos que é bo e do malo. Non é que creemos un personaxe, simplemente damos unha perspectiva distinta de nós que na vida real.
A verdade é que nunca me parei a pensar si me axudou ou me perxudicou ser @Cochomono… supoño que as dúas cousas. Tróuxome algún que outro problema por opinar libremente, a certa xente pola zona de Sabón non lle gusta iso. E tróuxome alegrías coma chegar a ser amigo do expresidente Lendoiro e doutras personas ás que aprecio moito e non coñecería de non ser polas redes sociais. Pensándoo ben, o balance é positivo, moi positivo.

 
  • Cóntamos a túa experiencia como candidato a presidir o Depor?

Realmente vivino como unha evolución normal, era o paso que tocaba dar e deino eu, sin máis. No contexto das últimas eleccións, un sector do deportivismo non se vía representado por ningún dos candidatos, e incluso víase menospreciado e ninguneado por eles, sin ideas, sin proxectos, sin buscar o seu voto, basábase todo en convencer ós 30 grandes accionistas, e sobre todo ós 3 máis importantes.
A miña era unha candidatura-protesta, pero non quería que se quedase en algo simbólico, preparei un programa moi completo con máis de 50 medidas concretas executables. O que foi unha verdadera sorpresa foron os resultados, nin en broma esperaba ter ese apoio, que ademáis podería ter chegado a máis do doble si non “liberase” accións para outros candidatos con posibilidades reais. Sigue sendo unha cifra de accións case que anecdótica, pero para os medios empregados é moi significativa.
Ó final cumplín con creces os obxectivos que me marquei. Din voz e voto a moitos deportivistas na asamblea, “obriguei” ó resto de candidatos a presentar un proxecto (algúns ata con copia e pega do meu), e tendín pontes para o futuro entendemento dos distintos protagonistas do posible cambio, que oxalá se produza pronto, aínda que lamentablemente son moi pesimista nese sentido.

  •   Como vedes dende os grupos opositores a dimisión da directiva do Depor? 

A verdade é que nos colleu por sorpresa a todos. Pero parece unha acción orquestada, para que os grandes accionistas, chámense Constantino, Rivera ou Escotet como máximo acreedor, nos coloquen outro presidente 

  • Tes una boa relación con Augusto Cesar Lendoiro, natural de Corcubión que coñece ben o noso fútbol. De feito, aínda estivo o ano pasado, invitado por QPC, na presentación do álbum de cromos e deu una lección de fútbol. Contouche alguna anécdota do noso fútbol?  Douche algún consello para afrontar esta nova etapa no fútbol da Costa?

Lendoiro é unha enciclopedia vivinte do fútbol e do deporte en xeral, seguro que o puidéstedes comprobar o ano pasado. El garda moi bo recordo da súa infancia e do fútbol da costa, pero desde moi novo estivo vinculado ó fútbol base coruñés. Non sei si con 16 ou 18 anos era o presidente do Ural, que chegou a ser subcampeón de España en categoría infantial, unha barbaridade. Sempre conta que o primeiro ano que se clasificaron para a fase final onde se enfrontaban a equipos coma Real Madrid, Barça, Atleti ou Athletic, todos lle preguntaban de que parte de España viña o Ural.
É unha persona extremadamente respetuosa coa libre opinión e decisión dos demáis, moi rara vez che da un consello si non llo pides. Relacionado coa miña labor de adestrador só lle pedín a súa opinión nun momento trascendental para min e a miña familia, que foi cando a principios deste ano tiven unha oferta moi boa para adestrar en China.
Cando falamos desta tempada sempre me di que disfrute do fútbol da costa, en ningún lado se vive tan intensamente como aquí.

 
  • Veremos algún día a Lendoiro vendo un partido do Castriz?

El dime que virá cando celebremos un ascenso ou gañémola Copa da Costa, para a festa apúntase calquera, jajaja. Dase a casualidade de que o presidente do Castriz, Pince ten unha peña deportivista no seu bar, O Cataliño, e fan unha cena anual, para esta última non puido vir Lendoiro que tiña unha celebración familiar, pero para a seguinte volverei a invitalo.

 

ENTREVISTAS QPC

Comentarios