Futsal: O Bar Rosalía e o Dolce&Café arrincan a Copa goleando
Tralo remate da Liga, arrincou xa liguilla da Copa Pensua Punta del Este de Fútbol Sala de Carballo. A primeira xornada que transcurriu sen maior novidade.
O campión ligueiro, o Bar Rosalía, cos reforzos das últimas xornadas de Liga, segue intratable e que goleou ó Cervecería Bombonera, por 7-0 cos tantos de Aitor Vilas (actual xogador do Baio), Aday Mato (tamén no Baio) e Israel Docampo (o actual xogador do Corme marcou 5).
Tamén se reforzou o Brasería Carballo, pero nesta primeira xornada non foi quen de dobregar ó Dolce&Café que se impuxo por 6 a 1 (cos goles este último gol anotado polo porteiro do Brasería Carballo, o mítio Eusebio Pena, xogando coma porteiro xogador). Por bando do Dolcé&Cafe marcaron Diego Pérez (1), Héctor Souto (3) e Mendieta (2).
Ademais, un punto que vai para cada equipo no último encontro da primeira xornada, empate a 2 goles entre o Asesoría Afico e o Autocares Pombo. Marcaron para o Afico Iván Lorenzo e Manuel Díaz e para Pombo Francisco Santiago (2).
NOVAS RELACIONADAS
- 10-04-2023: A Liga de FS de Carballo remata entregando os premios e pensando na Copa
- 30-03-2023: O Bar Rosalía non fallou e proclamouse campión da Liga FS Carballo.
- 21-03-2023: Liga FS Carballo: O Bar Rosalía sentenza a Liga a pesar de caer ante unha renovada Bombonera.
- 15-03-2023: Liga FS Carballo: O Dolce&Café apreta ao Rosalía.
- 09-03-23: O Bar Rosalía voa.
- 08-02-23: O Bar Rosalía escapa
- 01-02-23: Bar Rosalía e Dolce&Café comandan a táboa da Liga FS de Carballo.
- 11-01-23: Só dous equipos invictos trala disputa da 3ª xornada da Liga de FS Carballo.
- 04-01-23: Asesoría Afico e Dolce&Cafe comezan a Liga de FS de Carballo con vitoria: