Santa Comba, epicentro do Fútbol da Costa coa Gala QPC
- Os balóns da olería de Buño segue afianzándose como elemento fetiche do Fútbol costeiro
Chegou o día. Con aínda algunha promoción en marcha, podemos dicir que se pecha o curso futboleiro coa IX Gala do Fútbol da Costa - QPC. Esta tarde, a partir das 20:30h, o edificio Multiusos de Santa Comba será o punto de encontro do fútbol costeiro. Repartiremos máis de 40 premios, eses trofeos da Olería de Buño feitos, tras un longo proceso artesán, polas mans de María Canedo e Eloi Mancebo, do Obradoiro Feituras. Uns balóns que xa son obxecto de desexo para todos os xogadores e xogadoras do noso fútbol, e seguro que os máis de 50 nominados e nominadas que irán mañá á gala estarán desexando volver un deles para casa.
Os que seguro que levarán para casa un dos balóns son os pichichis e os Premios Pombo. Tamén daremos os premios ao Colexiado e ao Delegado do Ano, e sobre todo, os Premios Gordos, escollidos polas votacións de máis de 100 persoas dos nosos clubs.
Da man da nosa presentadora Mónica Martínez, lembraremos a Abdoulaye, a Pombo, a Lucas Vicente Vidal, e homenaxearemos ás campionas de Galicia da Selección da Costa Sub11.
Patrocinadores
Ademais do Concello de Santa Comba, temos que agradecer aos patrocinadores que fan posible este evento.