Xoves. 02.05.2024
El tiempo

FSF: Eva e Patri afianzan ao Viaxes Amarelle na máxima categoría mentres o Fisober sobre o Entroido

FSF: Eva e Patri afianzan ao Viaxes Amarelle na máxima categoría mentres o Fisober sobre o Entroido
A porteira costeira Eva foi clave na vitoria do Amarelle

Non había xornada da Liga Provincial por mor do Entroido. Pero que si que houbo xornada do Fútbol Sala Feminino en categorías estatais.

O Fisober da 2ª Estatal xogaba na mañá do domingo de Entroido no Pavillón Municipal de Baíñas, pero nin o inhabitual horario matutino, nin o cambio de Pavillón trouxeron os puntos o conxunto local, cun arranque de segunda metade que foi demoledor.
Así e todo, as vimiancesas seguen con 4 puntos de marxe sobre o Leis Pontevedra, o equipo que ocupa o posto de descenso.

Mentres na máxima categoría o Viaxes Amarelle FSF de Eva e Patri abre unha brecha de 8 puntos co descenso tras disputar un partido con varias fases no cal, as herculinas sempre estiveron tranquilas e co marcador de face. Cun 3-0 a favor das galegas, o Lacturale Orvina FSF púxose a xogar de cinco e conseguiu o segundo gol co partido finalizado xa cun gol “pantasma”. Malia este postrero tanto, vitoria herculina e suma xa 19 puntos no seu casillero. Eva foi titular, e clave na vitoria coa súa gran actuación, e Patri xogou bos minutos.

2ª Estatal

Partido do Fisober en Bainas
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – HUMANES C.B (2-6).
  • FISOBER: Leti, Noelia, Tamara, Myrella e Inés; tamén xogaron: Laura, Raquel e Mai.
  • Goles: 0-1 Verónica , (descanso), 0-2 Yobanca, 0-3 Sandra, 0-4 Cristina, 1-4 Raquel, 1-5 Alexandra, 2-5 Noelia, 2-6 Sandra.
O FIsober en Bainas

Arrancaban moi fortes as visitantes que xa dispuxeron dun lanzamento o pau no segundo minuto. Dominio do xogo das madrileñas cunhas locais que se defendían na media pista. A pesares do dominio visitante, non acadaban ocasións claras e de facelo sempre aparecía Leti moi segura. Con ese guión foron pasando os minutos , sen que nada cambiara e cunhas locais que apenas asustaban a gardameta madrileña.
Foi no minuto trece cando por fin as visitantes atoparon un oco que aproveitou Verónica para poñer o cero a un no electrónico. Tralo gol non cambiou moito a película do partido desenrolándose de maneira parecida a anteriormente.
A pouco máis dun minuto para o fin desta primeira metade apareceu a mellor ocasión para as da Costa cando un lanzamento de Noelia quedou perdido na área e Inés viu como a porteira visitante lle enviaba a saque de esquina a posibilidade da igualada, chegándose co cero a un o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios apareceu a outra gran ocasión local para trocar o partido, cando Noelia tivo a oportunidade de poñer de novo táboas no electrónico, pero non foi así.
Quen si aproveitou foi Yobanca os tres minutos desta segunda metade para poñer un cero a dous que foi un duro golpe a frouxa moral local. Co gol a ansiedade apoderouse das costeiras algo que aproveitaron as visitantes. Xa que primeiro Sandra e despois Cristina puxeron un cero a catro case insalvable os cinco da segunda metade.
Curiosamente co partido perdido chegaron os mellores minutos locais, cun chisco de tolemia e descontrol e con moito corazón apareceron ocasións para as costeiras. Das cales solo foi quen de acertar Raquel a trece para o fin.
Buscaron un segundo gol que as puxera no partido, pero o que si chegou a oito para o fin o quinto visitante obra de Alexandra e o punto final para o partido.
Dende aquí ata o final un gol local obra de Noelia a dous para o fin e o definitivo de Sandra nos últimos segundos de partido.

A vindeira semana tócalles descansar as costeiras que volveran a competición o día 28 en Segovia fronte o Unami.


1ª División estatal, xornada 18

Patri no Viaxes Amarelle
  • Resultado: Viaxes Amarelle - Lacturale Orvina (3-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Lidia Mesías, Cris, Espi, Dolo (cinco inicial), Tati, Patri, Yaiza, Lago, Laura Tesouro.
  • Goles: 1-0 Lidia Mesías (min. 20); 2-0 Espi (min. 27); 3-0 Lidia Mesías (min. 30); 3-1 Laura Jiménez (min. 36); 3-2 Laura Jiménez (min. 40).

Partido disputado onde o primeiro gol a falta de 30 segundos do descanso para as herculinas serviu para que as visitantes arriscasen máis e facer valer a súa velocidade para conseguir unha renda cómoda no luminoso por 3-0, e onde o marcador final do 3-2, non demostra o que foi o partido en si. Un rival que loito e arrisco desde o 3-0 co xogo de cinco, pero faltoulle gol nun bo partido da defensa herculina e de Eva baixo paus. O importante é a brecha aberta de 8 puntos cos postos descenso que conceden esta vitoria contra un rival directo, mentres que Ordizia KE e Tecuni Bilbo FSF empataron no seu derbi vasco e o FSF Gironella caeu en casa contra Universidade de Alacante. O Viaxes Amarelle FSF segue forte en casa, aínda sen ceder ningún punto como locatario durante este ano 2015, o que lle vale para saír dos postos de descenso.

O próximo partido terá lugar o próximo fin de semana contra o líder da categoría, o Futsi Atlético Féminas.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios