Mércores. 01.05.2024
El tiempo

FSF: O Ponteceso amosou o seu potencial en Carnota

FSF: O Ponteceso amosou o seu potencial en Carnota
Fisober B e Grupo Work

Nova xornada de Fútbol Sala Feminino, na que lle tocaba descansa ás mozas do Fisober da 2ª Estatal. Mentres, na Liga Provincial, descansaba o Vila de Cee, e o foco estaba posto no derbi celebrado en Carnota, onde o Concello de Ponteceso demostrou a súa veteranía e sacou unha clara vitoria que o deixa na 3ª praza, a 3 do BeArt5, pero cun partido menos. Ademais, o filial do Fisober caía ante o Grupo Work con rotunidade.

As que tampouco sacaban nada positivo foron as Eva e Patri na máxima categoría co Viaxes Amarelle. As herculinas seguen sen coñecer a vitoria como visitantes, este fin de semana caeron co líder, Futsi Atlético Féminas (6-1).

Liga Provincial, xornada 17

  • Resultado: Lira Concello Carnota - Concello de Ponteceso FSF (1-4)

Superioridade manifesta das pontecesáns que demostraron en Carnota porque están nos postos altos da táboa. Unhas pontecesás que estaban ademais de estrea, pois era o primeiro choque cas novas equipacións patrocinadas por Eroski Citi e Pizzería Reggio.

A primeira parte foi máis igualada e con bo xogo polos e ocasións para ambos equipos. Empezaron adiantándose as visitantes no minuto 15, pero un minuto despois empataron as lirachas cun gol de Alba no saque dunha falta. Un minuto antes de chegar ao descanso, as de Ponteceso marcaron o 1-2.
o comezo da segunda parte as locais apretaron, pero faltando dez minutos as de Ponteceso marcaron o 1-3. Cando parecía todo decidido e a falta de cinco minutos a xogadora do Lira, Alba, tirou un penalti que consigue parar a porteira. Por último, a dous minutos para o final, as de Ponteceso marcan o definitivo 1-4, facendo patente a súa superioridade, a pesar do gran traballo das lirachas.


Liga Provincial, xornada 17

Fisober B e Grupo Work en Vimianzo
  • Resultado: Fisober B - Grupo Work (0-7)
  • FISOBER B: Alejandra, Tamara, Nuriña, Laura e Andrea Piroja; tamén xogou: Antía.
  • Goles: 0-1 Sandra, 0-2 Sandra, (descanso), 0-3 Ainhoa, 0-4 Alba, 0-5 Ainhoa, 0-6 Cris, 0-7 Laura.

O filial do Fisober está nese momento da tempada que como di o refrán: “se monta un circo, crécenlle os ananos“. Esta semana que comezaba a recuperar algunhas das ausentes nos derradeiros partidos, unha epidemia de gripe asolou o vestiario tanto do filial coma das infantís , as que sempre botan unha man nestes casos. Co panorama de só seis xogadoras e cunha Tamara con problemas musculares , que non foi quen de rematar o partido, tocoulle lidiar o filial. Por ser baixa tamén o foi o seu adestrador Javi “Jemisa”.

Pero non todo entre tanta baixa é malo, as dificultades tamén son boas para fortalecer a un equipo e máis aínda a un filial, acostumarse a este tipo de situacións curte sendo parte da formación. Ademais xogadoras menos habituais gozan de minutos e Alejandra que vai polo seu cuarto partido na portería, comeza a collerlle o gusto.
No deportivo, o equipo aguantou o que lle durou o osixeno. Dende o arranque dominio visitante e as locais esperando atrás e buscando unha contra. E pareceu funcionar o principio, xa que na primeira metade non pasaron moitos agobios as costeiras, aínda así recibiron dous goles.
Aos catro minutos, Sandra xa adiantaba as coruñesas. Sen moitas ocasións pasaron os minutos seguintes e se chegaban aparecía unha Alejandra moi atenta. A sete para o fin da primeira metade de novo Sandra aproveitaba para facer o cero a dous co que se chegou o tempo de lecer.

Un gol xusto o arranque da segunda metade por mediación de Ainhoa, parecía que afundiría as costeiras, pero foi todo o contrario. Deulles un pulo e fixeron os seus mellores minutos, con ocasións a contra. Pero a porteira visitante Bea mostrouse infranqueable. Primeiro Nuriña non foi quen de superala, despois un lanzamento de Tamara foise o trabe e despois de novo Nuriña topouse con Bea.
As coruñesas tamén chegaban e a sete para o fin Alba facía o cuarto. Para daquela o filial xa non contaba con cambios polos problemas musculares de Tamara o que fixo os últimos minutos moi compricados. Gozaron dunha última oportunidade as locais pero de novo Bea gañou no man a man a Nuriña. Nos últimos dous minutos chegaron tres novos goles visitantes para pechar o electrónico. Ainhoa, Cris e Laura foron as autoras dos goles.

En definitiva cómoda e merecida vitoria para un Grupo Work fronte o que sempre é un pracer xogar, cun filial que loitou ata o fin e o deixou todo a pesar de tódalas dificultades polas que está a pasar nas últimas xornadas das que tamén debe aprender .

Alejandra asentase na porteria do Fisober B

1ª División estatal, xornada 19

  • Resultado: Futsi Atlético Féminas - Viaxes Amarelle (6-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Lidia Mesias, Tati, Lago (cinco inicial), Yaiza, Cris, Patri, Noe.
  • Goles: 1-0 Ro (min. 1); 2-0 Ari (min. 7); 3-0 Fabi (min. 9); 4-0 Nata (min. 16); 4-1 Lidia Mesías (min. 18); 5-1 Leti (min. 22); 6-1 Ari (min. 23).
Banco do Viaxes Amarelle con Eva e Patri

O Viaxes Amarelle FSF cede unha derrota en casa do líder, por un resultado contundente de 6-1 a favor do Futsi Atlético Féminas. Os erros individuais e a calidade do rival condenaron ao Viaxes Amarelle FSF a un severo correctivo no luminoso. Aínda que as herculinas intentárono, non foron capaces de ver gol en toda a segunda parte e seguen sen sumar ningunha vitoria como visitantes.

En conclusión, partido complicado contra un Futsi Atlético Féminas que necesitaba unha vitoria para reforzarse despois do empate do pasado fin de semana e saíu enchufado desde o primeiro segundo de partido e non deu opcións ás xogadoras herculinas de José Carlos Martín, Chipi.

O Viaxes Amarelle FSF tras esta dura derrota, terá que seguir preparándose durante a semana para recibir o vindeiro sábado a outro rival complicado, o Burela Peixes Rubén FSF. O partido terá lugar o sábado 28 de febreiro de 2015 a partir das 18:00 horas no Pabellón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña).


Máis información

Novas relacionadas

Crónicas anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios