Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: O ano novo trouxo sorpresas

Liga FS Carballo: O ano novo trouxo sorpresas

Reanudouse a competición ligueira de futsal de Carballo e fíxoo con algunha sorpresa que outra.

No Grupo Vermello houbo cambio de líder logo de que o Tasca A Cunca vencese ao Dolce&Café (6-3) e aproveitase a derrota do Cervecería Troula, que contaba todos os seus partidos coma victorias, ante un gran Bodegón Trincado. O Talleres Sousa ascende á terceira praza logo de vencer ao Cervecería Ágora por 3 a 5 e que empatasen o Peluquería Este-Oeste e o Alicatados Señarís, co Cafetería Habanos 79 (1-1) e o Dluxe Carballo (6-6), respectivamente.

Mentras tanto, no Grupo Azul o Carnicería Eusebio sigue no máis alto tras vencer ao Mesón do Pulpo (8-5), seguido moi de preto polo Asesoría Suárez que gañou ao Construccións Maracaná por un claro 7 a 3. O terceiro clasificado, o Cervecería O Pazo, queda xa a catro puntos do líder logo de caer ante o Construccións Brandón por un axustado 1-0. O Asesoría Cervantes subiu a quinta posición logo de vencer ao Deportes San Remo por 3 a 1. Mentras que o colista, Mar de Menta, caíu ante o Brasería Caracola (6-3).

Crónicas da semana

Peluquería Este-Oeste - Cafetería Habanos 79 (1-1)

Imaxe do Peluqueria Este-Oeste - Cafeteria Habanos 79-Foto-DAvid Castro
  • Peluquería Este-Oeste: Juan, Miguel, Michael, Gustavo e Gonzalo.
  • Cafetería Habanos 79: Martín, Héctor, Fede, David e Marcos. Tamén xogaron: Lorenzo, Alberto, Sergio e Iván.
  • Goles: 0-1, min.5: Xogada combinativa do Habanos 79 que finaliza David a pase de Marcos. 1-1, min.7: Tiro de Gustavo que rexeita o pau, Gonzalo non atina de cara a gol e Miguel remacha en liña de gol.

Partido pouco vistoso o que se viu no pavillón Carballo Calero entre o Peluquería Este-Oeste e o Habanos 79.
A primeira parte comezaría sendo un ida e volta continuo e pronto chegarían as ocasións de gol para ambos conxuntos. Avisarían os visitantes, en primeira instancia, logo dunha perda de Michael na frontal da área que aproveita Héctor para sacar un bo lanzamento pero Juan salva cunha mellor intervención. Respostarían os vermellos tras unha transición rápida que finaliza Gustavo cun lanzamento que rexeita o pau da porta defendida por Martín. Dous minutos despois, poñeríase por diante no marcador o Cafetería Habanos logo dunha xogada combinativa que finaliza David a pase de Marcos.
Pouco duraría a alegría para os visitantes, xa que no minuto 7 empataría o Peluquería Este-Oeste por medio de Miguel. A partir desto o partido estivo dominado polos locais, en canto a posesión se refire, mentras que o Habanos 79 esperaba replegado intentando saír a contra pero xa non se movería o marcador ata o final do encontro debido as escasas ocasións creadas por ambos bandos.

Brasería Caracola - Mar de Menta (6-3)

Imaxe do Braseria Caracola - Mar de Menta-Foto-David Castro
  • Brasería Caracola: Santi, Iván Rojo, Damián, Míchel e Adrián. Tamén xogaron: Lagoa, Javi, Omar e Marcos.
  • Mar de Menta: Germán, Mallón, Salva, Eloy e Óscar.
  • Goles: 1-0, min.6: Iván Rojo cun gran lanzamento dende a frontal bate a Germán. 2-0, min.11: Roubo de Lagoa en medio campo e o propio xogador zasense resolve no man a man. 3-0, min.13 Xogada combinativa do Caracola, Omar fai o pase da morte e Eloy introduce o balón na súa propia portería. 4-0, min.17: Xogada combinativa dos locais que finaliza Javi. 5-0, min.22: Transición rápida que finaliza Adrián a pase de Damián. 5-1, min.23: Lanzamento dende tres cuartos de campo de Germán que sorprende a Santi. 5-2, min.33: Transición rápida dos visitantes que materializa Eloy no man a man ante o porteiro local. 6-2, min.34: Falta que saca Míchel para que Adrián bata a Salva. 6-3, min.38: Apertura á banda para Germán que bate a Santi cun lanzamento cruzado.

Vitoria fácil dun Brasería Caracola ao que lle costou abrir o marcador pese ao seu dominio do partido, pero unha vez feito o primeiro gol comezaron a chegar o resto.
No minuto 5, avisaría Damián cun lanzamento que se vai fóra por pouco. Un minuto despois, Iván Rojo non perdoaría e faría o primeiro da noite cun golazo dende a frontal da área. Respostaría Eloy cun gran disparo dende a banda que se vai a rentes do pau. Logo desto, os locais pasarían por riba do Mar de Menta coma un vendaval e faría tres goles máis para chegar cun claro 4 a 0 no marcador ao tempo de lecer.
Á volta do descanso, Adrián faría o quinto a pase de Damián, gol que fixo que a relaxación se apoderara dos xogadores do Caracola. Un minuto despois, Germán cun gran lanzamento desde tres cuartos de pista sorprende a Santi para facer o 5-1. Aos dez minutos desta segunda metade, os visitantes contarían con dúas ocasións case consecutivas que non foron que de materializar, pero Eloy si sería quen de bater a Santi logo dunha transición rápida para poñer o 5 a 2 no instantáneo. Pero logo do saque de centro Adrián sentenciaría a pase de Míchel. Antes do remate do partido, Germán faría o terceiro para o seu equipo pero xa era demasiado tarde.

Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Crónicas da Liga FS Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios