Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O filial do Fisober esperta e vence na ponte

O filial do Fisober esperta e vence na ponte
As mozas do Fisober B disfrutando dun tanto

Adiantaba a tarde do venres o filial do Fisober o seu partido da novena xornada fronte o Troula de Betanzos que debía disputarse o vindeiro día 21 de decembro cunha moi boa presenza de público no Municipal de Betanzos.
Para o Fisober B o mellor foi o resultado xa que fixo un mal partido, sobre todo na primeira metade. As baixas no filial propiciaron que a porteira Anabel participara como xogadora de campo.

Así, os choques entre o F.S.F. Villa de Cee e a S.D. A Baña; e mais o C.D. Estradense-Concello de Ponteceso F.S.F. quedan para o 21 de decembro, este último ás 17:00h.

Liga Provincial, xornada 9

O filial do Fisober sumou 3 puntos
  • Resultado: TROULA – FISOBER F.S.F. “B” (2-9).
  • FISOBER B: Martina, Andrea, Paula Fandiño, Tamara e Laura; tamén xogaron: Inés e Anabel.
  • Goles: 1-0 Olaya, 2-0 Silvia, 2-1 Laura, 2-2 Inés, (descanso), 2-3 Anabel, 2-4 Inés, 2-5 Anabel, 2-6 Laura, 2-7 Paula Fandiño, 2-8 Paula Fandiño, 2-9 Inés.

As da Costa comezaron durmidas, imprecisas, erráticas no pase, parecía que aínda non chegaran o partido. As locais aproveitárono e en tres minutos o resultado xa era de dous a cero gracias os goles primeiro de Olaya e pouco despois de Silvia. O partido era un ida e volta cheo de imprecisións, o filial seguía sen atoparse, pero o Troula levaba xa dous goles de vantaxe. Ata que mediada esta primeira metade Laura reducía diferenzas e voltaba a poñer no partido o filial do Fisober.
A oito para chegar o tempo de lecer a visitante Inés igualaba o partido e dáballe outra perspectiva.
Nestes últimos minutos da primeira metade os dous equipos tiveron opcións de desnivelar a balanza pero o resultado non se moveu. A máis clara para as da Costa era para Inés que enviaba un tiro a trabe.

A saída do tempo de lecer do filial xa foi diferente, saíron con outra intensidade e en dous minutos devolveulle a moeda o Troula da primeira metade con goles de Anabel para o dous a tres e Inés para o dous a catro.
O partido cambiaba totalmente de guión , o Fisober B gañou en tranquilidade e mellorou algo con respecto a primeira metade , deixando de pasar as penurias defensivas da primeira. Aos seis minutos Anabel facía o quinto e un minuto despois Laura o sexto o que aclaraba o partido para as visitantes.
Mediada esta segunda metade un saque de esquina de Paula Fandiño topou nunha xogadora local e foi o sétimo gol do filial e pouco despois a propia Paula facía o oitavo.

Máis información

Máis novas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios