Luns. 06.05.2024
El tiempo

Os equipos da Liga de FS piden máis seriedade na organización

Os equipos da Liga de FS piden máis seriedade na organización
Partido da Liga de FS de Cee no pavillón municipal

Cada semana facemos o seguemento das Ligas Fútbol Sala de Cee. Esta semana, recibimos unha queixa dun significativo grupo de participantes na mesma. Unha reclamación pedindo ao Concello de Cee, “como colaborador na organización da mesma, que se solucionen deficiencias que se están a dar nesta tempada”.

Para iso, presentaron hoxe no rexistro do concello, unha boa batería de firmas recollidas entre os diferentes equipos participantes (ata 113 firmas), o que dá conta da unanimidade nas demandas.

Entende que tendo en conta que cada equipo paga 250 euros de inscripción, son inadmisibles os seguintes problemas: “a falta de balóns en condicións, de botellas de agua, a falta de atención da mesa nos partidos, a pouca seriedade con que a veces os árbitros se toman os partidos”. E mesmo personifican no colexiado Manín certas mostras de “falta de respecto”.

Piden “tamén que se estude en seriedade a posibilidade de contratar un seguro que cubra unha posible incidencia nun partido, xa que na actualidade non é así”.

E rematan reiterando que “respetamos a boa intención dos organizadores, do concello ou dos árbitros, pero pedimos seriedade, atención e colaboración por parte dos mesmos”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios