Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Castriz aproveita os líos dos rivais

2ª Autonómica: O Castriz aproveita os líos dos rivais
Zas-Cabana-Foto-Alejandro Mel

Segue o Castriz coma un tiro e esta semana aproveitouse da febleza dun Camelle moi tocado polas baixas. E queda só no liderato da 2ª Autonómica - ES Bazarra aproveitando o lío do Zas ante o Cabana nun partido convulso.

Quedan agora na 2ª praza, a só 2 do líder, Outes e San Lorenzo, confirmando así o gran comezo de campaña. E se mete aí, pouco a pouco, o Cee, tras unha nova sufrida vitoria ante o Seaia.

Por abaixo, Camelle e Montelou seguen afundindo, pero os Ponteceso, Carbota ou Fisterra parece que non arrancan. O que sumou unha vitoria importantísima, foi o Camariñas, precisamente ante o Fisterra.

Carnota - San Lorenzo (1-4)

Carnota-San Lorenzo
  • CARNOTA: De la Peña, Nico, Tono da Caixa, Ferreiro, Pedro Pichín, Iván Maceiras (Pablo Beiro, min.46), Raúl (Pumuky, min.46), Míchel, Manolo Chouza (Berni, min.75), Nakata (Andrés, min.68) e Manuel Luís (Pablo Pichín, min.70).
  • SAN LORENZO: Diego, David Álvarez, Pablo Novo, Adrián, Rubén, Álex Figueiras, Schuster (Cachizo. min.60), Carlitos (Javi Pensado, min.65), Parafita, Fuentefría (Dani, min.75) e Juni (Joaquín, min.60).
  • Goles: 0-1, min.6: David Álvarez; 0-2, min.8: Parafita; 1-2, min.11: Míchel; 1-3, min.32: Juni; 1-4, min.85: Joaquín.
  • Expulsión: o meta De la Peña no min.60.
Gol do San Lorenzo en Lombans

Está xogando moi ben este San Lorenzo de Pedro Gómez, e onte sacou unha clara vitoria en Lombáns ante un mermado Carnota. Os visitantes prantexaron un ritmo moi alto dende o comezo, e o partido se lle puxo de cara moi pronto cos acertos cara gol nas primeiras chegadas, por medio de David Álvarez e Parafita. Recurtaba Míchel cando aínda non pasaran 15 minutos, pero o balón era dos visitantes, que ampliaban a renda por medio de Juni á media hora.

Chegaban máis ocasións, sobre todo trala expulsión de Luís de la Peña, polo que o Carnota tiña que situar a Pablo Beiro baixo paus. 3 paus, un man a man que puideron ampliar a renda ante un rendido Carnota.

Quedo bo partido para a semana cun San Lorenzo-Castriz por todo o alto, con só dous puntos de diferencia entre ambos.

Pablo Beiro baixo paus no Carnota-San Lorenzo

Cee - Seaia (1-0)

Cee-Seaia
  • CEE: Parroto, Fiuza, Jorge (Aitor, min.15), Jacobo, Tebo, Josiño (Uri, min.60), Penedo (Piquero, min.38), Hidalgo, Leo, Bruno e Chiru.
  • SEAIA: Jesús, Lesi, Adrián, Vistas, Alberto, Eme (Ángel, min.70), Miguel, Dimaga (Damián, min.60), Camilo (Richard, min.70), Nando e Felipe.
  • Gol: 1-0, min.85: Leo.
  • Lesións: os ceenses Penedo e Jorge na primeira.

Non foi bo partido do Cee de Rafa Suárez, pero quedou con 3 puntos importantes para meter a cabeza por arriba. Os de Taibo quedaron sen premio tras un bo partido, prantexado dende atrás, pero que consideran que un puntiño podería ter viaxado ata Malpica.

Dúas lesións tempraneiras marcaron ao Cee, que se despistou lixeiramente. Empezou o partido co Seaia moi intenso e gañando as disputas e segundos balóns no primeiro cuarto de hora. Pouco a pouco fomos foi o Cee facéndose co control do balón e tivo dúas ocasións moi claras na primeira parte, unha de Penedo nun man a man co porteiro e outra de Bruno e boa xogada persoal que remata fóra por pouco.

Na segunda parte empezou o Cee un pouco dubitativos e cada vez con máis imprecisións no pase o que facilitou que o rival non pasara apuros. Así e todo, nos últimos 20' o Cee meteuse arriba e conseguiu o gol a falta de 5nunha xogada que iniciamos tocando ben, chega o balón a Bruno que regatea ó seu marcador, pasa a Uri e este envía un gran balón a Leo que encara ó porteiro e marca con moita tranquilidad, anotando o gol da vitoria, co seu 3º gol esta campaña.

Cee-Seaia

Montelouro - Porteño (1-2)

Montelouro-Porteno-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, César, Pablo (Abel, min.85), Isma Cosme, Pedro, Geico, David (Pesi, min.65), Edu, Riki, Dani Deza e Raúl (Pepe, min.50).
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Gabi, Manu, Caamaño, Doyle, Meu Lar, Cachi, Marcos (Borja, min.56), Cristian (Oli, min.65), e Wii (Óscar, min.46).
  • Goles: 1-0, min.17: Pedro; 1-1, min.44: Wii; 1-2, min.80: Meu Lar.
Faltoulle sorte ao Montelouro de Jurjo, que levou o peso do partido, pero en días contras mataron o choque os da Ponte, marcando ademais nos momentos claves, ao fío do descanso e cando só faltaban 10 minutos para o final do partido.

Antes, adiantárase o cadro local por medio de Pedro, e despois de moitos paróns, de moitas xogadas a balón parado, Wii e Meu Lar danlle 3 puntazos a un Porteño que queda na zona media, quedando os loureáns cun só punto.


Mazaricos - Volantes (3-3)

  • MAZARICOS: Pejo, Tuco (Joser, min.25), Matías, Martín, Ricardo, José Ángel, Pereiro, David, Estéfano, Sandelo e Molinos.
  • VOLANTES: Rubén, Juan, Maikel, Mayuyo, Javi (Brea), Espi, Picho, Miguel, Mingos, Suso (Gran) e Piti.
  • Goles: 1-0, min.10: Molinos; 2-0, min.20: Molinos; 3-0, min.35: Molinos; 3-1, min.40: Espi; 3-2, min.70: Espi; 3-3, min.92: Piti.

Partidazo, moi intenso o protagonizado entre os equipos amarelo e laranxa do Fútbol da Costa. Un empate que sabe mellor aos visitantes, pois foi o cadro local o que se adiantou e veu como se lle escapaban 2 puntos no desconto.
Estivo mellor na primeira metade o cadro local, cun VOlantes moi lento e faltos de intensidade. Á media hora o marcador sinalaba un claro 3-0 para os locais, dando conta da superioridade amarela.

Pero reaccionou a tempo, e o gol de Espi a 5 para o descanso. Na segunda estivo máis metido no partido o Volantes, que facía perigo na meta mazaricá. Espi metía o medo no corpo con 3-2 e aínda 20 minutos por diante. Foi, quen se non, Piti, o que convertía o seu 8º gol en 7 partidos, xa no desconto, deixando un empate que sabe a vitoria para os muradáns.


Ponteceso - Outes (0-2)

Ponteceso-Outes-Foto-Ponteceso
  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo, Valle, Fabián (Manuel, min.80), Javi Peón, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Mendieta, Juanma (Ismail. min.55), Youssef (Eloy, min.50) e Christian Martinez (Pablo Marquez, min.75).
  • OUTES: Gato, Borja (Rafa), Saúl (Martín), Roberto, Chúa, Chía, Martín, Babu (Fabio), Yago, Manu (Oki) e Piki (Poke).
  • Goles: 0-1, min.20: Roberto de tiro cruzado; 0-2, min.89: Fabio.
  • Expulsión: Dani Cotelo (Dobre cartón marelo).

Merecida vitoria do Outes no Pinguel ante un Ponteceso que non acaba de atopar o seu xogo, a pesar de que a entrega e o compromiso do grupo seguen sendo totais. Comezaba dominando o cadro da Serra con boas cambiso de xogo. Así e todo, Brais puido adiantar aos locais, pero era Roberto o que anotaba no ecuador da primeira metade.

Pouco despois chegaría unha xogada clave do partido na que o colexiado expulsa a Dani Cotelo por dobre amarela por unhas pequenas protestas.

Comezaba máis metido o Ponteceso na segunda, ante un Outes algo máis frouxo. Chegaba cun fútbol combinativo o cadro local, a pesar de estar cun home menos, pero os de Marco non estaban acertados. Si estivo o cadro de Manu Roque, que tras varias chegadas, sentenciaba xa case que no desconto, co tanto de Fabio.


Castriz - Camelle (7-1)

  • CASTRIZ: Diego, Juan (Jose, min.46), Cili, Martín Uru, Víctor, Martín (Gerpe, min.46), Bruno, Luís, Chinda (Santi, min.70), Agra e Bolón (Balsa, min.65).
  • CAMELLE: Jimmy, Peseta, Sicario (Ángel de Muxía, min.70), Valiña, Macho, Mario, Iván, Gemelo (Feliciano, min.35), Adrián, Felipe e Tonsón.
  • Goles: 1-0, min.15: Agra; 2-0, min.27: Bruno; 3-0, min.42: Agra; 3-1, min.41: Mario de penalti; 4-1, min.60: Luís; 5-1, min.68: Luís; 6-1, min.75: Luís; 7-1, min.78: Agra de penalti.
  • Expulsión: O míster visitante Varu por non sentarse no banco; e o tamén camellán Iván (min.75).
  • Lesión: Valiña.

Segue a marea de baixas condicionando a este Camelle, e de feito, o meta Ángel de Muxía acabou xogando de interior dereito, acabando con dous homes menos pola lesión de Valiña e a expulsión de Iván.

Non desaproveitou estas vicisitudes este Castriz de Esteban, que vai como unha moto. Gran partido do líder que con 3 goles de Agra (xa leva 6) e outros tantos de Luís (xa leva 5), sentenciou pronto.


Camariñas - Fisterra (2-0)

  • CAMARIÑAS: Jose Luís (Pablo, min.87), Nico (Denís, min.80), Piti, Sergio, Martín, Moriño, Mario Toja (Saviola, min.70), Pereira, Javi (Iago Carril, min.65) , Yuyo e Ismael (David Muxía, min.75).
  • FISTERRA: Norberto, Robertín, Piti, Julito, Munitis, Roco, Santi (Noé, min.65), Aitor, Yeray (Roa, min.60), Pablo Lestón e Manuel Cartamil (Guardiola, min.46).
  • Goles: 1-0, min.30: Mario Toja; 2-0, min.65: Ismael.
  • Lesión: O meta local José Luís tivo que ser trasladado ao Hospital de Cee cun pómulo fracturado tras un choque nun córner. Hoxe será operado. Ademais, os locais Nico e Ismael, tiveron que ser cambiados con sendas lesións no nocello.

Vitoria moi traballada e necesaria para este Camariñas de Gerpe e Javi Baña ante un gran Fisterra. Un choque no que hai que destacar o partidazo de Moriño, que ante os malos resultados exerce como gran capitán poñéndose o equipo ás costas e currando coma se fose un rapaz.

Mal partido deste Fisterra de Nacho que non atopa o seu xogo a pesar de estar traballando moi ben pola semana. O partido foi moi igualado, no que a fortuna, de cara gol, que non en canto ás lesións, estivo do lado local, e os tantos de Mario Toja e Ismael serviron para sumar 3 puntos, sendo xa 7 e saíndo dos postos de abaixo.

Enviamos un saúdo ao meta José Luís, que hoxe será operado da súa fractura no pómulo, e será baixa para bastante tempo.


Buño - Baíñas (3-1)

  • BUÑO: Jose A., Casais, Fran Borrazás (Víctor, min.9), Matías, Ángel, Jorge Calvete, Uruguayo (Emilio, min.85), David Dourado (Jorge, min.70), Gurita (Antelo, min-85), Charro e Miguel Dourado (Dani Calvete, min.60).
  • BAÍÑAS: David, Rodri, Héctor (Martín, min.46), Braulio, Mario, Vilas, Luís (Iván, min.60), Marcos, Tasky, Javi Suárez e Eloy.
  • Goles: 1-0, min.55: Charro; 2-0, min.68: Matías de penalti; 3-0, min.80: Charro; 3-1, min.90: Javi Suárez.
  • Expulsión: o delegado visitante José Manuel e o xogador Braulio.

Recuperou a senda da vitoria o Buño na visita do Baíñas. Foi unha primeira metade moi igualada, sen dominador claro e con poucas ocasións. Así e todo o Baíñas estivo algo máis entonado e se puido adiantar por medio de Javi Suárez e Tasky en dúas ocasións e outra de Luís.

Cambiaron as tornas na segunda, cun Buño máis encima, que se adiantaba pronto cun incisivo Charro. Pronto Matía facía o segundo dende os 11 metros, nun penalti discutido polos vimianceses. Ese 2-0 foi clave matando as aspiracións do cadro de Mario de Jose. Charro sentenciaba a 10 para o final, noutro gol protestado por posible fóra de xogo polos visitantes, só con tempo para que Javi Suárez maquillase o mmarcador e anotase o seu 3º gol en 5 partidos.


Zas - Cabana (1-2)

Zas-Cabana-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Anxo, Oli, Pereiro, Martín (Fabián, min.65), Vecino, Canedo, Peke, Abel (Álex, min.60), Isma (Samuel, min.68), Rubio e Dani (Pablo, min.78).
  • CABANA: Añón, Ismael, Iván de Tros, Pepe, Dani Mato (Eloy), Laik (Berti), Josiño, Miki Pose, Fernando (Charly), Iván Mato (Manolo do Cruceiro) e Manu Guillamet.
  • Goles: 1-0, min.15: Abel; 1-1, min.34: Fernando de falta directa; 1-2, min.75: Miki Pose de córner directo.
  • Expulsións: os zaenses Pereiro aos 12 minutos, o míster Iván Cancela no min.41, e Canedo no 88; Por bando cabanés, Manu Guillamet no min.80.
Ocasion do Zas ante o Cabana-Foto-Alejandro Mel

Partido moi bronco en San Andrés cunha arbitraxe que non gustou nada na parroquia local, pero que consideraron de 10 os visitantes. Comezaba o colexiado co listón alto cunha expulsión aos 10 minutos. Así e todo o Zas, cun home menos, colocábase por diante co tanto de Abel. Empatou Fernando e aínda tivo o Zas algunha para poñerse por diante antes do descanso, pero Abel marrou dous claros mans a man.

Na segunda parouse o partido e apenas se xogou.Moitas interrupcións, xogadas a balón parado e poucas chegadas claras. Miki Pose facía o segundo para os cabaneses cun fermoso gol olímpico.

Tivo que arriscar, a base de xogo directo, o cadro local, e aípuido sentenciar o Cabana, pero Iván Mato marrou un par de contras. A defensa dos de Periscal mantíñase forte por arriba, facendo o seu partido e sabendo nadar e gardala roupa, acadando unha sufrida vitoria.
Un remate de Canedo ao longueiro goi a máis clara que tivo o Zas para empatar pero o marcador non se movería, chegando así a segunda derrota dos de Iván Cancela.

A actitude abritral provocou algún altercado ao final do partido. Se na primeira metade o colexiado expulsou a Iván Cancela por uns insultos que chegaban dende a bancadano descanso aseguran en Zas que o colexiado lles dixo “Os tengo cruzados y me las vais a pagar”, ao remate do choque os afeccionados zaenses protestáronlle a actitude chulesca despois de non sinalar un posible penalti de Añón.

Zas-Cabana-Foto-Paula

Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios