Máis alegacións contra os Eólicos que ameazan os Penedos
Ante o desamparo da Xunta, a veciñanza continúa informando e alegando para protexer o patrimonio natural da nosa comarca. Neste caso é a entidade Contramínate a que presenta un novo modelos de alegacións ao Parque Eólico de Soesto para ver se a veciñanza se anima a manifestar o seu rexeitamento por escrito.
A realidade é que a administración está a facer caso omiso das reiteradas alegacións e chamadas de atención que desde diferentes colectivos pola salvagarda do territorio (Contramínate, Petón do Lobo, Plataforma pola Defensa da Terra Bergantiñá, Salvemos Cabana, Adecom, entre outros moitos) están a facer desde 2017, pero cómpre seguir loitando polo mantemento dun espazo natural tan singular.
”A ampliación a outros dous aeroxeradores o de Soesto parécenos un auténtico antentado contra a paisaxe, o entorno e mesmo o modelo turístico natural do noso Concello”, explican dende a Plataforma. “Ademais, está situado nun enclave protexido e moi perto da contorna dos Penedos de Traba e Pasarela: o grao de saturación de viraventos previstos nesta zona vai estragar para sempre a nosa fachada litoral de xeito irreversible. Isto parécenos especialmente grave”.
Outra das eivas do proxecto e que tamén denuncian “non se teña en conta a participación da veciñanza na determinación dos obxectivos de calidade paisaxística dun territorio, pois as nosas solicitudes nunca son recollidas nestes proxectos, que por outra banda tampouco están destinados á comunidade que os vai sufrir nos seus montes”.
”En conclusión: coa aprobación deste proxecto estase a sacrificar a biodiversidade, a saúde medioambiental e o futuro socioeconómico da contorna de Laxe en aras do lobby enerxético e da implantación masiva de estacións eólicas coa conivencia do órgano substantivo da Xunta de Galicia”.
Por todo isto, queren solicitar á veciñanza de Laxe, Vimianzo e outros concellos veciños da Costa, a que se sumen a un envío masivo de alegacións que deixen patente o firme rexeitamento da veciñanza a estes proxectos de macroparques eólicos tramitados de forma segmentada e ilegal, na nosa provincia.
Máis Novas sobre os eólicos
NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
- Setembro 22: Laxe e Vimianzo piden unha reunión con Patrimonio para saber o estado do Plan dos Penedos.
- Setembro 21: Patrimonio comprométese a rexeitar calquera proxecto eólico que afecte aos Penedos de Traba e Pasarela:
- Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos.
- 14-06-21: A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos.
- 28-05.21: O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela.
- 23-05-21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Maio 21: Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica.
- Abril 21: "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- 30-04-2021: Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela .
- 27-03-2021: O pleno de Laxe esquece os Penedos de Traba e Pasarela.
- "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- Febreiro 21: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote